Os Pimpíns temos unha serie de dúbidas. Despois de mirar en internet, nos libros, de preguntar na casa, seguimos con elas. Por iso, pensamos que o máis sinxelo sería preguntarlle a un paleontólogo ou paleontóloga. Como non coñecemos ningún, pensamos que quizáis nun museo...e que museo coñecemos? Pois o MUJA, xa que Martín- Rex falounos deste museo, visitouno e contounos todo o que alí había, ademais de ensinarnos unhas fotos impresionantes. Entón, decidimos escribila. Escribiuna a profe porque as ideas eran tantas, os Pimpíns falabamos tan tan rápido que ela foi recollendo todo o que dicíamos pero agora, tocaranos a nós escribila a cachiños pequenos e logo enviala. No dossier de Martín-Rex xa temos a dirección polo que en canto estea escrita temos que enviala.
Aquí tedes un vídeo, dalgúns Pimpíns que nos animamos a escribir unha pequena carta na nosa carta e que quixemos compartir c@s nosos amig@s.
Ademais séguennos chegando cousas de dinosaurios. Teo, na casa, animouse a facer un conto dun Estegosaurio. Precioso Teo!!!
E seguimos encantados coa tablet dos dinosaurios. Javi, que gran acerto! Eso sí, imos gastarche todas as pilas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario