O último día de clase, o 18 de decembro, faremos unha festa conxunta, como facemos sempre, c@s nos@s compis de 3 e 4 anos. Ademais de celebrar o fin de ano cos gusanitos tamén lles cantaremos unha canción. Hai un vídeo que en 3 anos encantábanos, quedabamos abraiad@s cada vez que o viamos na PDI. Este ano volvemos a velo, e fixámonos na canción, ...está chulaaa!! Bastante letra, diferentes estrofas, pero...os Pimpíns como sempre intentarémolo!!! Cada vez que temos un oquiño cantámola, entradas e saídas da aula, merenda, ...
Unha vez seleccionada a canción, pedímoslle á nosa profe Patri que nos botara unha man para aprender a canción. Quen mellor que a profe de Música para axudarnos co seu ukelele! Aquí tedes un pequeno adianto de como imos avanzando coa memorización da letra.
Ademais esta semana estará chea de sorpresas! Quizais, Papa Noel, quizais os Reis Magos, quizais...non damos feito con tanta festa! jajajaja!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario