martes, 29 de marzo de 2016

XOVES EXCURSIÓN

Este xoves imos de excursión!!!
    Iremos ao Aquarium Finisterrae, que está na beira do océano Atlántico, e xustiño ao carón da Torre de Hércules (xa coñecida, que fomos un día comer alí). 
    Aínda que moit@s Pimpíns, xa o coñecemos, sempre é unha experiencia ir ata alí porque sempre se ve algo novo e se aprende unha cousa máis. Ademais de poder compartir a visita cos compañeir@s, que sempre se vive doutra maneira.
     Alí espéranos Gastón, un tiburón toro enorme, que é o que de seguro, máis nos impresiona.
   Xa sabedes, ese día temos que traer roupa e calzado cómodo. Unha mochila cunha botella de auga e unhas galletiñas (mellor nun tupper, porque senón as comemos todas, podemos meter as que sobran no tupper, e así non manchamos a mochila). 
   * Chegaremos ao cole, sobre das 14h. para comer. Unha vez que rematemos iremos para a nosa clase ata as 16h.

sábado, 19 de marzo de 2016

VÉMONOS O DÍA 29!

   Pimpíns, a desfrutar moito destes días de descanso!!! 
Pasade unha moi boa Semana Santa!!!
   Onte, desexámonos unhas boas vacacións, démonos uns bicos e unhas apertas e xa nos vemos prontiño, nuns días.
  Pimpíns, xogade moito, pasádeo ben, lede todos os días un chisquiño e descansade moito, que como xa falamos o venres, á volta temos que facer moitas cousas! Lembrade, o 31 imos de excursión!
    As notas e os traballos entregaranse o luns, día 4 de Abril.


lunes, 14 de marzo de 2016

Preparando as nosas bolsas

     Xa está rematando o trimestre (como xa comentei, fai unhas semanas, este trimestre rematará despois de semana santa) polo que xa empezamos a traballar nas nosas bolsas, onde levaremos os nosos traballos.
    Por un lado faremos unha árbore de corazóns, e para iso, en vez de troquelalos corazóns en cartolinas de cores, pintamos as brancas con rodillo porque así as cores quedan moito máis vistosas e bonitas. Unha tarde puxémonos mans á obra, cada equipo cun rodillo e cunha témpera e veña...cartolinas listas para facer corazóns. Tamén nos puxemos cos nosos pinceis a pintar as árbores.
   Polo outro lado da bolsa, faremos unha xoaniña paseando por un campo de herba...para iso estamos pegando tiras e tiras de cartolina verde para que pareza o campo onde despois imos poñer á xoaniña.





domingo, 13 de marzo de 2016

A NOSA PORTA PIMPICHEFS

    Como estamos dentro do edificio principal, moit@s de vós, non podedes ver a porta tan chula que temos, por iso vola ensinamos por aquí. E tamén vos ensinamos algunha receita máis...
    Cada Pimpín eliximos o gorro de cociña que máis nos gustaba e dende aí debuxámonos con lápiz, despois repasamos con rotu especial (edding negro 1200) e soamente nos quedou colorear e poñer os noso nome de Chef.


 






miércoles, 9 de marzo de 2016

AMIG@S DE ESCALQUENS

   Como xa vos informamos nunha nota, temos uns amig@s nun cole de Escalquens, Francia, que nos enviaron uns debuxos súperchulos, e fotos do cole, entón nós tamén, quixemos mandarlles algo. As profes de 4 e 5 anos, fixeron un dossier con moitas fotos dos nosos traballos, debuxos, portadas, bolsas de traballos, das nosas festas, e enviámosllo para que saiban todo o que facemos en Cerceda.
  Tocounos a algúns Pimpíns, facer a portada, en castelán e en francés para que os nosos compis o poidan entender e despois firmamos tod@s (algúns Pimpíns estaban enfermiñ@s entón puxemos o nome por el@s).




lunes, 7 de marzo de 2016

COCIÑANDO

   Os Pimpíns, co noso gorro e listos para cociñar. Precisamos, un prato, cores moitas cores, e unha gran dose de creatividade.
    Os chefs temos que ir engadindo ao prato diferentes ingredientes, para iso, hai que escoitar o que di a Chef. Hai que facelo rápido, pois cada receita ten moitos ingredientes e teño que ir variando de cor. 
(As receitas estamos a facelas en castelán, por iso, o vídeo é bilingüe, jajaja!) 
    Ao rematar a receita, cada Chef dálle o seu toque de sabor, como máis lle guste. Logo toca "emplatar" nunha cartolina, poñer a mesa (recortar tenedor, ou coitelo, ou culler, vaso a elixir, ...) e como non escribir o título da RECEITA, para que o cliente saiba o que vai comer.
   Ás veces, temos que meter o prato no forno-archivador para que se coza ben cocidiño ou na nevera-archivador, por se ten que enfriarse!












jueves, 3 de marzo de 2016

XOGANDO COAS LETRAS

 Aquí tedes unhas fichas que estamos a facer. Esta semana empezamos cos crucigramas, a ver que tal se nos dan, e se nos gustan, faremos máis. Así, de primeiras, parecen sinxelos pero coidaaaaaado!!! Se fallo nunha letra o cruci sáenos mal, co que temos que escribir as palabras tal cual...cousa difícil ás veces, pero nós intentarémolo! Claro que sí! O primeiro, foi así:


   A segunda ficha, fixémola coa profe Eugenia. A pensaaaaaaaaaar:
- Buscar palabras que rimen coas escritas, cometa tableta, balón tablón, illa tortilla, etc. 
- Buscar as palabras escondidas que teñen algunhas palabras dentro delas.

   As dúas fichas, traballan a lectoescritura, para saber rimar, primeiro teño que ler, e despois pensar a palabra, para facer o cruci teño que escribir, e ir poñendo as letras unha a unha, de xeito correcto, ...

miércoles, 2 de marzo de 2016

1ª RECEITA: ENSALADA RÁPIDA DE CÍRCULOS

 Tod@s @s Chefs list@s! Remangámonos, poñémonos en posición, todos os ingredientes a man para cociñar. e concentrad@s @s Chefs, porque a receita vai comezar...en 3, 2, 1!!!




   O libro no que nos estamos inspirando é este: LA COCINA DE DIBUJOS de Hervé Tullet. Unha marabilla, inspirador, motivador, cheo de diversión e cheo de ideas preciosas para facer cos nen@s.
Nós, estamos adaptando un chisquiño as receitas e tamén teremos que pensar algunhas novas, tirando de imaxinación e creatividade, que os Pimpíns temos moitísima!!!

martes, 1 de marzo de 2016

PIMPICHEFS

    Como xa vos contamos o outro día, agora somos Chefs. Fixemos un manteliño para decorar a porta e co título PimpiChefs, aínda nos faltan máis detalliños pero queremos ensinarvos o que xa está feito.   Ademais como bos Chefs, necesitamos un gorro, pois mans á obra. Xa vos ensinaremos o gorro que fixemos, decorado seguindo as instruccións da Chef Iglesias. As nosas normas:

- Cada vez que meto un ingrediente, teño que cambiar de cor.
- Non usamos nin o gris, nin o marrón, nin o negro, porque son algo máis sosos e nós soamente cociñamos receitas divertidas.
- Respondemos ás ordes ao grito de: Sí, Chef.


IRMÁ MAIOR

   Hoxe Daniela trouxo unha moi boa noticia ao cole! Teño un hermanitooooooo! Contounos que Bruno, o seu irmán xa naceu. Todos a felicitamos e lle demos moitos bicos.
  A familia dos Pimpíns cada vez é máis grande!!! Daniela, escribiunos o nome e apelidos do seu irmán e debuxou un corazón porque o quere moitísimo!
Noraboa familia Fuentes Barreiro!!!

PREGUNTA BOMBILLA

    Esta semana estivemos falando dos días que teñen que cada mes. Febreiro, é un día especial, ás veces, ten 28, e ás veces, 29. Xa sabemos que cada 4 anos, Febreiro ten 29 días. Todos os demais, teñen 30 ou 31. Por iso, asaltounos unha dúbida...Cantos días ten un ano??? A preguntar na casa, ou a buscar no google!

 Cantos días ten un ano?