lunes, 14 de marzo de 2016

Preparando as nosas bolsas

     Xa está rematando o trimestre (como xa comentei, fai unhas semanas, este trimestre rematará despois de semana santa) polo que xa empezamos a traballar nas nosas bolsas, onde levaremos os nosos traballos.
    Por un lado faremos unha árbore de corazóns, e para iso, en vez de troquelalos corazóns en cartolinas de cores, pintamos as brancas con rodillo porque así as cores quedan moito máis vistosas e bonitas. Unha tarde puxémonos mans á obra, cada equipo cun rodillo e cunha témpera e veña...cartolinas listas para facer corazóns. Tamén nos puxemos cos nosos pinceis a pintar as árbores.
   Polo outro lado da bolsa, faremos unha xoaniña paseando por un campo de herba...para iso estamos pegando tiras e tiras de cartolina verde para que pareza o campo onde despois imos poñer á xoaniña.





No hay comentarios:

Publicar un comentario