O venres foi un día especial! Fomos vendimar! Botamos as nosas uvas no cesto, lavamos os pés, pisamos as uvas, volvemos lavar os pés e a calzarse! Soamente, quedaba embotellar e levar a proba para a nosa casa! Aquí podedes ver, como foi o proceso!
*Grazas a TODAS as familias pimpinas por colaborar traendo as uvas.
*Grazas á profe Olga (3 anos), á profe Bea (4 anos), á profe Iria (profe de apoio) e á profe María (Relixión) por botarnos unha man!
* Unha cousiña que vos quería dicir...Gracias polos vosos comentarios, pero é mellor que cando queirades facer un comentario sobre calquera entrada do blog, o fagades no cadro que hai á dereita do blog (moitos xa o facedes así), porque os que se fan na propia publicación, van baixando a medida que se vai publicando, e hai que clicar para poder lelos, é algo incómodo. O máis sinxelo, é que todos o fagamos no cadro da dereita, así está todo visible dun vistazo! Graciñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario