domingo, 30 de octubre de 2016

CORRE CORRE CABACIÑA

   O venres fomos ver 2 contos ao auditorio. Un representado polos alumnos e alumnas de 6º de Primaria e outro por algúns profes. 
  A profe tivo que marchar para preparse, jijiji! e os Pimpíns quedamos coa profe María. Merendamos con ela, e despois levounos ao auditorio. Coidounos un montón e ademáis portámonos fenomenal!
   Sentados na 1ª fila, cos ollos ben abertos, estivemos moi atentos ao que alí ía acontecer! 



   A profe avisounos de que iamos ver CORRE, CORRE, CABACIÑA, que ían saír 3 feras, o lobo, o oso e o león, que non tiveramos medo...Aínda, así, algún cando viu ao lobo botouse a chorar...a verdade, é que daban moito medo! Ademáis, nós estabamos en primeira fila...aaaaai!


   Un pracer actuar para os nenos e nenas do CPI O CRUCE. Xa sabedes, que os espectadores máis difíciles de convencer son os peques! Se virades a cara, dos Pimpíns, cando me viron disfrazada de velliña e despois convertida en cabaza! jajajaja! Non puiden gravalos porque estaba en escea, foi unha mágoa! Encantoume velos, en 1ª fila, cunha cara de asombro total!
   E aos meus alumnos e alumnas que están agora en 1º tamén, que ilusión! É a profe Silvia, é a profe Silvia! Son, son...jajaja! Profe, coñecémoste pola voz! Que fenómenos!

* Se consigo permiso para subir o vídeo da actuación, colgareino no blog. Eu, aínda cas pintas que me traio, non teño vergonza ningunha (algunha sí, pero pouca), pero...preguntarei ao resto de compis!

4 comentarios:

  1. Queremos ver o video!!! Aleixo leva desde venres pedindo para ver a profe Silvia de velliña!!! Jajajajaja!!! Veu encantado, nn lle daba a lingua para contarnos todo!!! Sodes xeniais!!!

    ResponderEliminar
  2. Chulísimos todos vosotros, Saludos desde Argentina.

    ResponderEliminar
  3. Esti, a ver ese vídeo se pode ser subido! Non o teño moi claro, jajaja! Que simpático Aleixo, xa mo imaxino! Graciñas polas túas palabras!

    ResponderEliminar
  4. Gracias Mariano Aranda! Por seguirnos desde tan lejos!!! Un saludo.

    ResponderEliminar