viernes, 23 de diciembre de 2016

REIS MAGOS E FIN DE ANO 2016

   Con este vídeo dos Reis Magos e do festexo do Fin de Ano 2016 querémosvos desexar unhas BOAS FESTAS a tod@s!!!
   Pimpíns, a descansar moito, desfrutade das vacacións que o tedes moi merecido! Vémonos no 2017 coa enerxía renovada, moitas cousas que facer e aprender e con moitos momentos  xeniais por vivir!









ÚLTIMO DÍA DO TRIMESTRE

         Este último día antes das vacacións deu para moito! Así de estupend@s viñemos ao cole! (O vídeo-resumo estará dispoñible en breve).

  
  Primeiro, fomos ver aos Reis Magos! Estaban no hall esperándonos, que sorpresa cando os vimos!
    
   Despois fixemos algunha fotiño para o recordo, merendamos, fomos ao recreo, xogamos un anaco no ximnasio e tocou ir ao comedor.
    
    Pola tarde, fomos para a aula de 4 anos a celebrar o FIN DE ANO 2016! Alí, xunto con todos os nosos compis, comemos os 12 gusanitos, ao ritmo das badaladas ou non, dá igual, a cuestión era comer os 12! jajajaja! E feito isto, FESTA RACHADAAA!!! Bailar, bailar e bailar. 

       
   Tamén fixemos unha foto con CRIS, que tanto nos quere e nos coida no comedor!!! Graciñas Cris, vémonos para o ano, que teñas boas festas!!!

miércoles, 21 de diciembre de 2016

PAPÁ NOEL NA NOSA AULA

     Aquí tedes as nosas caras cando vimos a Papá Noel entrar na nosa clase. Que ilusión!!! 

martes, 20 de diciembre de 2016

VISITA PAPÁ NOEL

  A que non sabedes quen veu hoxe á nosa clase!!! Síiiiiiiiiiiiiii, PAPÁ NOEL!!! 
  Estabamos sentadiñ@s esperándoo, xa remataramos a merenda e tiñamos feitas as nosas tarefas, polo que soamente faltaba esperar. Que longo se nos fixo ese tempo! Dounos un regaliño a cada un de nós e nós a el, unha apertiña ben grande!!!


OS NOSOS TRABALLOS

   Que contentos e contentas fomos hoxe para casa cos nosos traballiños! Merecemos UN ENORME APLAUSO!!!

   Foi un trimestre duro, de moita adaptación... coñecer un sitio novo, unha aula nova, compis e profe novos. Por isto, o feito durante estes meses merece unha aperta forte e moitos bicos. 
   

POSTAL DE NADAL

Con moitas ganas fixemos esta postal para desexarvos un
 BO NADAL!!!



lunes, 19 de diciembre de 2016

FESTA DO MÉRCORES

 Como xa vos dixemos nunha notiña, o mércores imos facer unha festa todos os nenos e nenas de Infantil. Imos celebrar xa o noso mítico FIN DE ANO, faremos a conta atrás, comeremos os 12 gusanitos e a bailar!!! Por isto, se queredes, os nenos e nenas poden traer algún complemento navideño. Non é obrigatorio, pero se vos animades, será xenial!

* Unha cousiña sobre os boletíns das notas: 
- As faltas son por sesión, é dicir, se o neno/a faltou un día, serán 5 faltas. Se faltou 5 días, aparecerán 25 faltas.
- Tedes que firmar o boletín e entregalo (podedes facelo á volta das vacacións, non é preciso, que o traiades o mércores). O boletín consta de dúas páxinas, pero serve con que recortedes a parte a entregar e firmedes soamente unha delas.

domingo, 18 de diciembre de 2016

REMATANDO O TRIMESTRE

    Estes días estamos traballando moitísimo para rematar todo o feito neste trimestre. 
  Estamos facendo unhas portadas ben chulis e tamén unha postaliña para desexarvos un BO NADAL. 
   O outro día estreamos os nosos pinceis finos, que teñen unha maior precisión de pintado, e encantounos, iso de ir pintando despaciño despaciño...



   Aínda nos faltan algúns detalliños, pero entre o luns e o martes rematarémolos porque a nosa idea é levar os traballos e as notas para a casa o martes. Así o mércores, terémolo totalmente libre para ir á festa cos nosos compis de infantil e tamén para algunha sorpresiña que seguro imos ter!

martes, 13 de diciembre de 2016

Vídeos Nadal

    Estes son os vídeos que máis nos gustan do Nadal. 
- Rodolfo El Reno. Esta é a canción que estamos aprendendo estes días, e tamén tedes a película, por se vos apetece vela.

- Vídeos de Disney, Peppa Pig e Little Einstein.

- SANTATELEVISION. Papá Noel falándonos dos seus renos!!! Sí, sí, o mesmo Papá Noel, que ten un propio canal de televisión, chamado SantaTelevisión (está en inglés, pero normalmente o google tradúcea ao español, pero senón poñede: papanoel.fi e xa aparece). Ten moitos vídeos pero nós vimos o vídeo no que nos fala dos seus renos. 

 Deixovos aquí o enlace ao vídeo do canal de televisión de Papá Noel:  RENOS PAPÁ NOEL 






lunes, 12 de diciembre de 2016

DECORACIÓN NADAL

   Para decorar un chisquiño o patio de fóra, as profe de Infantil fixeron un mural e tocounos a nós, os nen@s de 3, 4 e 5 anos, decoralo. 
   Os de 3 anos, decoramos a árbore, fixemos unhas boliñas ben xeitosas, primeiro pintámolas e despois a profe doulle un pequeno toque coa purpurina! 


   Aquí vos deixamos tamén, as fotos da decoración da entrada do cole, (feita coa colaboración de todos os nen@s do cole) na que hai un RODOLFO XIGANTE! Perdón, queremos dicir RENO xigante, é que estamos encantados co súper reno favorito de Papá Noel, que xa sabemos que se chama RODOLFO. 



CUMPLE PROFE

    Como non hai 2 sen 3... hoxe tocou festexar o cumple da profe! A profe díxonos que o seu cumple era o domingo pero que o luns nos ía traer algunha sorpresiña ao cole, e algún Pimpín xa lle dixo á profe: eu domingo non podo vir que vou ver a Mamá Cabra!jajajajaja!
  Hoxe, de novo, tupper cheo para casa, porque comemos un biscoito cheo de pepitas de chocolate que nos trouxo a profe! Non quedou nin unha fungalla! Despois, pola tarde, de postre, esnaquizamos un Papá Noel e comémolo enteiriño! Estábache ben rico, mmm...

    Aquí vos deixamos unha foto formal e outras fotos que fixemos de troula, saltando e a risas! Graciñas á profe Bea, de 4 anos, por facer de fotógrafa!



 Graciñas Pimpíns! Por todo, polos bicos, as apertas, os tiróns de orellas, as felicitacións antes de ir ao recreo, ao volver do recreo, despois do comedor, antes de marchar para casa! Vou felicitada para todo o ano! 

domingo, 11 de diciembre de 2016

PARTES DA CARA

    Este trimestre estamos traballando as partes da nosa cara...Mellor dito, da nosa cabeza.
 Empezamos cos ollos, co nariz e a boca. Despois orellas, pelo, cellas, pestanas, e xa estamos coas pupilas e o iris!
 Descubrimos que a pupila vese moi ben nos ollos que teñen o iris de cor azul ou verde, pola contra, en ollos máis escuros é máis complicado! 
 Estivemos varias semanas, aínda o facemos ás veces, mirándonos a pupila os uns aos outros. Oíase pola clase: déixame ver a túa pupila ou...profe, vou ao espello a ver o meu iris! Xeniaaaaaal!!! 


sábado, 10 de diciembre de 2016

UN CADRO CON CANICAS

  A semana pasada fixemos un CADRO DO OUTONO con CANICAS!!! Sí, sí, con canicas.
  Para isto precisamos, cores do outono, decidimos que serían: laranxa, vermello, amarelo e verde. Unha cartolina branca dentro dunha gabeta, unhas cantas pingas de cor e unhas canicas e veñaaaaaaa, a moveeerse!!!




viernes, 9 de diciembre de 2016

QUE É UN PIMPÍN???

   Os Pimpins, xa preguntamos varias veces, que é un Pimpín? Pois un paxaro, é un paxaro, pero a verdade e que nunca vimos un!!! Aleixo, hoxe, ensinounos un Pimpín!!!
 Aleixo, explicounos que no seu libro de paxaros, había un Pimpín. Dixémoslle: como pode ser? un pimpín? no libro? Siiiiiiiii, mirade!!! Graciñas Aleixo!!! Que ben que atopaches este paxariño bonito, xeitosiño, pícaro e gracioso que nos deixa o seu nome!


3 anos

    Hoxe tivemos non un cumple, noooooon! 2 cumples!!! Lucas e Iván xa cumpliron 3 aniños!
  Despois de traballar un chisquiño, xa nos puxemos coa festa. Cantar o cumpleanos feliz, tirarlle das orelliñas 3 veces, (aínda que a profe sempre aproveita para tirar 2 veces máis, unha de regalo e unha de sorpresa!😏), e a... ZAMPAR TODOOO!!! Graciñas pola merenda!

Felicidades Pimpíns!!!




jueves, 8 de diciembre de 2016

3 anos

   O sábado foi o cumple do noso amigo Daniel. 3 aniños! Como esta semana foi un pouquiño rara, con tanto festivo, e tan pouca clase, celebrámolo este mércores. Dani tróuxonos un biscoito rico rico, do que non quedou absolutamente nada de nada, papámolo enteiriño! Tiña un froito do outono, noces!!! De todos os froitos que probamos, as noces son as que máis nos gustan.
    Graciñas polo biscoito e moitos moitos bicooooooooooooos!!!
Felicidades Dani!!!


jueves, 1 de diciembre de 2016

XOGANDO COAS MATES

  Queremos contarvos un pouquiño o que estamos a traballar (relacionado coas mates). Non é cousa desta semana, senón que levamos xa dous meses iniciándonos no mundo das matemáticas e a verdade, non nos vai nada mal!!!
  Empezamos traballando cos dedos (sacamos 1 dedo, 2 dedos, agora ningún! agora 3, ...) Primeiro, copiamos á profe (tantos dedos como a profe ten levantados), despois tantos dedos como na foto, e finalmente xa, poñemos 1 dedo, poñemos 3 dedos, poñemos 5 dedos, ...e así, pasamos ratiños xogando á vez que aprendemos as cantidades.

   Así comezamos, traballando cos dedos da man e poñendo TANTOS COMO...
  Despois xa pasamos a usar os paus, TANTOS PAUS COMO...Usamos uns vasiños que tiñamos pola clase, collimos uns depresores de cores e veña, a contar e meter en cada vaso tantos paus como dedos estean levantados na foto.


  IMPORTANTE! Algúns Pimpíns, visualmente vemos os dedos e xa sen pensar dicimos...2! 3! ou 4! e os que aínda non os recoñecemos dun vistazo, é fundamental CONTAR, por exemplo, se son 4 dedos, pois 1...2...3...4! 4 dedos! Contar despaciño, poñendo o noso dedo enriba da foto, e ir pouquiño a pouco contando todos os dedos ata dar co número correcto.

   
   Do conteo cos dedos, pasamos xa aos puntiños. Temos unhas camisetas ben molonas ás que lle temos que poñer TANTAS pinzas COMO puntos teña a camiseta. 


   
 * Sempre dicimos, TANTOS COMO porque isto implica contar os puntiños e despois as pinzas, implica saber que ten que haber o mesmo número de puntos que de pinzas. Se dicimos, pon 3 pinzas aí, o neno/a colle as 3 pinzas, colócaas e nada máis, non ten porque haber razoamento detrás desa acción. Pola contra, se dicimos TANTOS COMO, sí implica razoar. Teño que razoar cantas teño que poñer e para iso teño que contar previamente, razoo tamén que hai a mesma cantidade (tantos como...), é dicir, deste xeito estamos traballando máis procesos básicos relacionados coa comprensión das matemáticas, que serán os que nos axudarán nas nosas futuras aprendizaxes.