Como non hai 2 sen 3... hoxe tocou festexar o cumple da profe! A profe díxonos que o seu cumple era o domingo pero que o luns nos ía traer algunha sorpresiña ao cole, e algún Pimpín xa lle dixo á profe: eu domingo non podo vir que vou ver a Mamá Cabra!jajajajaja!
Hoxe, de novo, tupper cheo para casa, porque comemos un biscoito cheo de pepitas de chocolate que nos trouxo a profe! Non quedou nin unha fungalla! Despois, pola tarde, de postre, esnaquizamos un Papá Noel e comémolo enteiriño! Estábache ben rico, mmm...
Aquí vos deixamos unha foto formal e outras fotos que fixemos de troula, saltando e a risas! Graciñas á profe Bea, de 4 anos, por facer de fotógrafa!
Graciñas Pimpíns! Por todo, polos bicos, as apertas, os tiróns de orellas, as felicitacións antes de ir ao recreo, ao volver do recreo, despois do comedor, antes de marchar para casa! Vou felicitada para todo o ano!
No hay comentarios:
Publicar un comentario