Hoxe, pola tarde, tocou sesión de pintura e de moluscos!!! Estivemos tocando os mexillóns, lembrando que o molusco de dentro pode ser laranxa, se é chica, e branco, cando é chico. Cousiñas, que aprendemos no Aquarium. Así, foi a sesión de hoxe. Cando sequen usarémolos para montar un cadriño ben chulo!!!
lunes, 27 de marzo de 2017
sábado, 18 de marzo de 2017
AVISO
Moi boas a tod@s os que seguides este blog!
Quería comunicarvos que esta semana non estarei polo cole. A profe Silvia vaise de viaxe, de traballo, por suposto.
Os Pimpíns xa o saben. Mantivemos unha conversa tod@s, sobre o que ía pasar esta semana que ven. Pasarán moitos profes pola clase e eles e elas son os encargados de dicir que hai que facer. Aínda, así, Os Pimpíns, xa saben que enriba da mesa da profe están as carpetiñas organizadas co traballo para cada día da semana. Son os Pimpíns, os que teñen que avisar aos profes, de que teñen que ler na carpeta do día que sexa, e facer o que alí pon. De todos xeitos, estivemos a ver todas as carpetas, xa están as fichas explicadas, e as demais cousiñas, que son de rutina diaria, tamén as saben facer!!!
Así que, Pimpíns, xa sabedes, a portarse xenial, sede moi bos cos profes que vaian á nosa aula. Facede as cousiñas como as facedes coa profe Silvia, e todo irá súper súper ben!!! Desfrutade moito, xogade moito pero...como dicimos sempre, 1º traballamos e despois xogamos, vale???
Botareimos moito de menos, e xa vos escribirei no blog, vale? Vós tamén, acordádevos! Escribídeme de vez en cando, para contarme como vai a semana, ok? Faríame moita ilusión!!!
jueves, 16 de marzo de 2017
TODO COMEZOU ASÍ. ENTROIDO 2017
Se vos gustou o vídeo dos cavernícolas anterior, este...este...puuuuf! Creo que vos vai encantar! Risas aseguradas.
Mil vídeos temos, moitos gigas e gigas bailando, saltando, traballando, falando, por iso, non podían quedar gardados. Tiñan que saír á luz. Aquí podedes ver como foron os ensaios previos ao desfile, o ben que o pasamos, e ademais como fomos facendo os ósos e os garrotes.
E xa de traca final!!! Máis vídeos do GRAN DÍA. Podedes ver, dende outra perspectiva, o noso baile gracias á FAMILIA DE DANI.
MOITAS GRACIAS A BEA E A JAVIER POLOS VÍDEOS.
miércoles, 15 de marzo de 2017
CADRO DO MAR
Seguimos facendo actividades do proxecto. Polas mañás, adicámonos máis ao traballo que require calma e concentración, escribir palabriñas, unir, picar, un sinfín delas, pero polas tardes, apetécennos máis traballos de plástica, máis dinámicos e onde a creatividade ten o seu máximo esplendor, jiji!
Hoxe, cartolina e pegamento en man, enriba das mesas anacos de papel celofán verde e azul e a construír un MAR!!! Única consigna, que o papel non saia demasiado da cartolina.
A construiiiiiiiiiiiir!!!
Non pensedes que foi doado! O papel pegábase aos dedos...os anacos eran máis grandes que o tamaño da cartolina (a profe quería saber como nós resolviamos ese problemiña, juju)...se boto pegamento por toda a cartolina, cando chego ao final xa se secou e teño que botar de novo...se quero ir tapando os ocos brancos teño que buscar un papel pequeno...non podo pegalos no extremo porque senón sae todo por fóra...Aaaaaaaaah! A buscar solucións!!!
Mentres as buscamos, tamén hai tempo para rir e buscarlle novas utilidades a eses papeis! Dende antifaces de diversos Superheroes, un bañador, unha cinta do pelo, unha barba, un bigote, unha medusa...
Ao final, sí rematamos o traballo, claro que sí! Mirade que obras de arte fixemos, como os artistas!!! Igualiño!
CONCERTO
Este venres imos de concerto! Xa sabemos que imos á Coruña, ao Palacio da Ópera, a desfrutar dun concerto do grupo EL EFECTO ARCOS IRIS. Aquí tedes o link por se queredes ler máis información sobre o espectáculo.
Aí podedes ver a axenda oficial do Palacio da Ópera. O precio para nós é outro, xa que tamén ofertan para os colexios, sendo así o prezo máis baixo. O profe Emilio pediu este concerto, e como llo concederon, aló imos!!! Que guai!
* Recordade, que xa está todo pagado, xa entregastes o diñeiro xunto coa excursión pasada ao Aquarium.
A hora de entrada é a mesma de sempre, ás 9.30h. Os nen@s deben traer unha mochila coma sempre, cunha botella de auga e un pequeno bocadillo (é a merenda do venres). Merendaremos antes de marchar para Coruña, que será máis ou menos sobre das 10.45h. Farémolo na clase, é bastante cedo, polo que ese bocata que sexa mini-bocata, porque despois tócanos subir ao autobús e mellor non ir coa barriga moi chea.
Voltaremos ao cole sobre das 13.30h. Os nen@s comerán no comedor, como todos os días. Pola tarde, terán o horario de clases normal.
martes, 14 de marzo de 2017
XOGO DE PESCA
Hoxe Nico trouxo un xogo de pesca. Nada máis entrar pola porta, QUE É? QUE É? QUE É? Nico tivo que abrilo e ensinárnolo e zaaaaas! Avalanzámonos! Nin sacar a chaqueta, direct@s a xogar!jajaja! Graciñas Pimpín!!!
DELETREAMOS
Como xa coñecemos case todos os sons das letras (o máis importante é saber como soan para a futura aprendizaxe da lectura e escritura), e a súa grafía (sabelas escribir), este é o noso obxectivo deste ano, por isto, empezamos a deletrear! Xa sabemos o que significa, deletrear é dicir as letras dunha palabra.
Deletrear axúdanos a seguir a secuencia das letras, sen saltar ningunha (moi importante), a recoñecelas, a asociar o son coa súa grafía e a saber que a palabra ten que lerse de esquerda a dereita.
Hoxe, a axudante foi Sabela e tocoulle a ela a tarefa de deletrearlle o día da semana á profe. Tamén o facemos ao revés, é a profe a que nos deletrea unha palabra e nós temos que ir escribíndoa. As palabras que máis eliximos para escribir son: MEDUSA, TIBURÓN (que sabemos xa de memoria que ten unha vitamina na O, jajaja), CABALIÑO, PEZ ARCOIRIS.
domingo, 12 de marzo de 2017
DESFILE DE ENTROIDO 2017
Por fin, aquí podedes ver o desfile dos Pimpíns Cavernícolas. Non saimos soamente nós no vídeo, por iso, quedou un chisquiño longo pero bueno...por aí sí que se nos pode ver de vez en cando.
Se algún ou algunha de vós, ten algún vídeo exclusivamente, dos nenos e nenas de 3 anos, que non dubide en mandarmo a: silvia.iglesias@edu.xunta.es ou tamén podedes traermo ao cole nun USB.
Se algún ou algunha de vós, ten algún vídeo exclusivamente, dos nenos e nenas de 3 anos, que non dubide en mandarmo a: silvia.iglesias@edu.xunta.es ou tamén podedes traermo ao cole nun USB.
* Graciñas ao profe de Educación Física, Javier, por gravarnos durante toda a actuación. A Emilio, o profe de Música, por darnos esa sorpresa tan grande disfrazándose de Dino!!!
viernes, 10 de marzo de 2017
CONTO: AQUILES
Esta semana estivemos lendo un contiño que se titula AQUILES, o puntiño. Aquiles, era un puntiño pero decidiu explorar o mundo. Para iso, con moitas ganas e esforzo fixo que lle naceran uns ollos para poder ver o mundo, unha cabeza para pensar, un nariz para ulir, unha boca para falar, e así...ata que construiu o seu propio corpo!!!
Gustounos moito este conto, pero como nós xa sabemos facer todas as partes do corpo, fixámonos en que a Aquiles fáltanlle:
- Pupilas, cellas e pestanas.
- Pelo.
- Pescozo.
Aínda, así, quixemos debuxalo e escribir o seu nome. Tamén, tratamos de reconstruilo tal e como aparece no conto con anaquiños de cartolina. A única referencia que había na cartolina, era un círculo que marcaba a súa cabeza. Todo o demais, fómolo colocando e pegando nós mesm@s.
miércoles, 8 de marzo de 2017
MEDUSAS
Despois do entroido, volvemos ao proxecto do Mar. Hoxe falamos de medusas, escribimos o seu nome e con "papel que explota" fixemos unha e para os tentáculos, anaquiños de goma eva con purpurina. Aquí nos tedes concentrad@s explotando a nosa medusa, jajaja! Con tanto entusiasmo, houbo que pregar silencio para escoitar o ruído das medusas, ssshhhh. A que pegamos na ficha, tamén quedou toda explotada!😅
CAVERNÍCOLAS
Foi un día cheo de emocións. Un día de moito traballo e moito axetreo! Entramos bailando xa a golpe do que sería a nosa coreografía, FLINTSTONES. Merendola, un chisco de recreo e volta a prepararse! Pintarse, vestirse e poñer os complementos. E como non...sacar fotos para o recordo!!! Aquí vedes tamén o noso súper tronco-móbil!
En breves, teredes o vídeo da nosa actuación. Os que estivestes connosco, puidestes vela en directo, e os que non, supoño que vos fixestes con algunha foto dese día, de igual xeito, subirei un vídeo da actuación. Coas vacacións de por medio, e soamente 2 días lectivos a semana pasada...
Foime imposible recompilar as fotos que fixemos ese día no pavillón, máis o vídeo da nosa coreografía para ensinárvolo antes...Espero nos próximos días, telo listo e subido ao blog.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)