viernes, 10 de marzo de 2017

CONTO: AQUILES

   Esta semana estivemos lendo un contiño que se titula AQUILES, o puntiño. Aquiles, era un puntiño pero decidiu explorar o mundo. Para iso, con moitas ganas e esforzo fixo que lle naceran uns ollos para poder ver o mundo, unha cabeza para pensar, un nariz para ulir, unha boca para falar, e así...ata que construiu o seu propio corpo!!!
   Gustounos moito este conto, pero como nós xa sabemos facer todas as partes do corpo, fixámonos en que a Aquiles fáltanlle:
- Pupilas, cellas e pestanas.
- Pelo.
- Pescozo.
   Aínda, así, quixemos debuxalo e escribir o seu nome. Tamén, tratamos de reconstruilo tal e como aparece no conto con anaquiños de cartolina. A única referencia que había na cartolina, era un círculo que marcaba a súa cabeza. Todo o demais, fómolo colocando e pegando nós mesm@s.





No hay comentarios:

Publicar un comentario