miércoles, 15 de marzo de 2017

CADRO DO MAR

   Seguimos facendo actividades do proxecto. Polas mañás, adicámonos máis ao traballo que require calma e concentración, escribir palabriñas, unir, picar, un sinfín delas, pero polas tardes, apetécennos máis traballos de plástica, máis dinámicos e onde a creatividade ten o seu máximo esplendor, jiji!
      Hoxe, cartolina e pegamento en man, enriba das mesas anacos de papel celofán verde e azul e a construír un MAR!!! Única consigna, que o papel non saia demasiado da cartolina.
                                     A construiiiiiiiiiiiir!!!


  Non pensedes que foi doado! O papel pegábase aos dedos...os anacos eran máis grandes que o tamaño da cartolina (a profe quería saber como nós resolviamos ese problemiña, juju)...se boto pegamento por toda a cartolina, cando chego ao final xa se secou e teño que botar de novo...se quero ir tapando os ocos brancos teño que buscar un papel pequeno...non podo pegalos no extremo porque senón sae todo por fóra...Aaaaaaaaah! A buscar solucións!!!
   Mentres as buscamos, tamén hai tempo para rir e buscarlle novas utilidades a eses papeis! Dende antifaces de diversos Superheroes, un bañador, unha cinta do pelo, unha barba, un bigote, unha medusa...


   Ao final, sí rematamos o traballo, claro que sí! Mirade que obras de arte fixemos, como os artistas!!! Igualiño!




No hay comentarios:

Publicar un comentario