martes, 27 de febrero de 2018

KANDINSKY PINTANDO!!!😲😲😲

   Alucinad@s quedamos vendo este vídeo de Wassily pintando!!!
   Incríble!!! Expresións Pimpinas:

- Aaaaaah! Vaia círculo perfecto!
- Unha línea recta!!!
- Non aplastaba o pincel!
- Que ben pintaba!
- Vaia artista! 
- Mira, mira, unha línea curva!
- Un triángulo ao revés! - E sen punta!
- Unha liña ondulada!
- El si que fai ben as formas xeométricas!!!

EXCURSIÓN AO MUSEO

   O vindeiro martes, iremos de excursión a ver un MUSEO DE ARTE! Esta vez, non será a nosa aula, que xa a temos moi vista, senón que será un de verdade, sí, sí!

     Imos ir á Coruña, ao Museo de Belas Artes, un museo no que veremos un montón de cadros de artistas da nosa terra e así, poderemos comparalos cos de Kandinsky e tamén cos de Van Gogh (aínda nos lembramos de Vicent). 

     Sairemos ás 9.40h. e voltamos para comer. Xa sabedes, na mochila, unha botella de auga e o tupper da merenda. Ímolo pasar xeniaaal!!!


jueves, 22 de febrero de 2018

ASEMBLEA KANDINSKIANA

      Levamos...puuuuuuuuf...canto tempo!!! Levamos, dende antes do Entroido, pintando estas figuras xeométricas. Enterámonos de que a Wassily lle gustaban moito as formas xeométricas polo que decidimos pintar, as básicas, que xa dominamos dende 3 anos (saberedes que estamos co pentágono e o hexágono ⬠⬡⬢⬟🔷⭕⭖◣◆) E os Pimpíns xa preguntamos polas formas de 7, 8 e 9 ángulos 😎🙏😅. 

     Un día pintabamos un lado, deixabamos secar, e outro día, por outro...así as catro formas. Sempre esperamos a estar tod@s @s Pimpíns, polo que houbo días que non o fixemos, e demais cousiñas que pasaron entre medias. A cousa é que rematamos onte! A profe fíxolles un buratiño e uniunas cun fío. Así agora temos unha cortina KANDINSKIANA!!!
     

       Hoxe ao entrar na clase, foi o primeiro que miramos, profe profe, mira! profe, as nosas formas, profe, están colgadas do teito, ...e Iago exclama: ISTO SÍ QUE É UN MUSEO DE VERDADE!!!

martes, 20 de febrero de 2018

REALISMO FRONTE ABSTRACCIÓN

      Xa falamos da diferencia entre REALISMO E ABSTRACCIÓN.
 Estamos a revisar distintos cadros de Kandinsky e diferenciámolos en Cadros Realistas e Cadros Abstractos. 


Para nós, o realismo é pintar cousas da realidade, paisaxes, animais, xente, montañas, nubes, cousas que hai no noso mundo. 





O abstracto, para nós, son os cadros que teñen formas que non atopamos na realidade, é que poden ser aquelo que nós imaxinemos. 

CORAZÓNS DE ARTE

   O 14 de Febreiro non tivemos clase, pero algúns Pimpíns, na asemblea falamos de San Valentín, que será iso? que se celebrará?...o AMOR!!! Que ao revés, dándolle a volta ás letras, xa sabemos que é unha cidade de Italia, ROMA! 😍😍😍 Como estamos a tope coa lectura, pois isto non ten fin!😎
   A idea era, en principio, non facer nada relacionado con este día, pero fomos entrando en debate, en debate, e ao final, buscando en internet, vimos estes corazóns pintados coa técnica de Mondrian...
    Mondrian??? E quen será este señor??? Pois un PINTOR! Outro pintor? Sí, e usaba as cores puras (como o noso amigo Kandinsky), azul, amarela e vermella, máis a negra para as líneas.


     A profe soamente sacou fotos co pincel pero houbo moitos máis pasos a realizar. Explicámosvos:
1- A base era soamente un corazón debuxado. Co lapis, fixemos líneas verticais e líneas horizontais. Kandinsky era un namorado das líneas, polo que nós tamén dominamos xa as verticais, horizontais, diagonais, curvas, entre outras.
2- Repasámolas co rotulador especial (rotulador fino edding negro).
3- Pintamos as líneas e contorneamos co pincel usando a cor negra.
4- Pintamos os cadrados e/ou rectángulos que nos saíron coas distintas cores de Mondrian.


* Tiñamos que ter feito antes o paso 4 que o 3, polo que ao final, unha vez rematado a profe pasou rapidamente a todos os corazóns unha man de negro de novo. De todo se aprende!!!

viernes, 16 de febrero de 2018

5 ANOS

   Felicidades amigo Mateo!!! Parécenos incríble poñer na nosa coroa o número 5! O número 5??? Sí, sí, cumplo 5 anos dicía Mateinsky, perdón, Mateo😍.
  Mateo cumpliu o sábado pasado, pero como coincidiu co Entroido, esperou ata hoxe para convidarnos a unha pequena festa con biscoito de chocolate, gominolas, e uns agasallos ben simpáticos! O que rimos co muñeco saltarín, sabémolo soamente os Pimpíns!!! 😜😜😜

Parabéns Mateo!!!

 
    A sorpresa que nos tiña gardada o noso amigo! Moitas gracias Pimpín!


lunes, 12 de febrero de 2018

CERCEDA GOSPEL CHOIR

   Con tod@s vós! A actuación estelar do gran Coro Góspel de Cerceda!!! Sen máis que engadir...pasade a desfrutar da súa posta en escea!!!


sábado, 10 de febrero de 2018

CORO GÓSPEL

   Que vos pareceu a actuación??? Gustouvos??? Desexamos que sexa un Sí ben grande!!! 
    Aquí o PIMPI-CORO listo para a acción!!!


   En breves, poderedes ver o vídeo do Cerceda Gospel Choir!!! Estase ultimando!!!

jueves, 8 de febrero de 2018

TODO LISTO!!! MAÑÁ DESFILAMOS

   MAÑÁ AS 12 ESPERÁMOSVOS 
A TODAS E A TODOS!

   Todo listo e preparado para mañá!!! Aiiiiii, que nervios temos no corpiño. Mañá bailaremos a nosa coreografía. Facémolo xenial. Os ensaios saíron todos de marabilla. Mañá, cos nervios e con toda a xente mirándonos, xa sabemos que pode saír algo como non esperamos, pero...e que pasa? Nadaaa! Hai distintas fases na coreo, e hai que estar rápid@s e atent@s, e se pasa algo que non está previsto, xa estivemos falando que o importante é solucionalo e seguir! E pasalo ben por enriba de todo!
    Que vos parece esta foto? Pelos de punta!!!


VAMOOOS

QUE NOS

VAAAMOS!!!

Xoves de Entroido

    Os Pimpi-disfraces aquí están!!! O que nos gusta un disfrace a nós!!! Xa podía durar o entroido todo o mes! Ímolo pensar, 😉ok?

    Carlos, botámoste de menos!!!

* A profe xa podía poñerse a un lado, é que pensou que ocupaba menos do que en realidade ocupa🙈. A profe vai de "gato" aínda que as opcións foron moitas, o disfrace é de gato salvaxe 😅😅😅

   Fomos para a clase de 3 anos, e levamos todo iso que vedes na mesa! Xa avisamos previamente, imos cargad@s! jijiji! Alí bailoteamos cos tod@s @s demais nenos e nenas e despois do bailoteo, xa nos puxemos a papar!!!


  Familias, graciñas por traer comida para a merendola!!! O que non se devolveu é porque se papou, algunhas cousiñas volveron no tupper porque xa non puidemos máis! De todos xeitos, todo riquísimo e moitas gracias!

CARLOS E KANDINSKY

     Onte, Carlos ensinounos o traballo que fixo na casa. Un mural do pintor Kandinsky. Encantáronnos as palabras pintadas da cor que xustamente indican! Un mural con moita cor e formas xeométricas. O que lle gustaba máis a Wassily!!! Tamén poidemos ver a Carlos pintando na casa, coa súa paleta, co seu pincel sobre un cabalete! Un artista total!!!   

martes, 6 de febrero de 2018

ALEIXO E KANDINSKY

   Aleixo xa nos avisou fai uns días de que estaba a facer o cadro BLANDO DURO de Kandinsky e que estaba a usar cousas duras e cousas brandas. Nós, apampad@s pensando...e como será ese cadro? Que secreto! Vai ser impresionante! E tal cual! Hoxe chegou co cadro e pesaba bastante!
   Aleixo explicounos que usou para a parte DURA-MADEIRA e para a parte branda-GOMA EVA. Coas pezas duras pódese xogar porque pegan con IMÁN. E como é iso?  Aleixo explicounos que no cadro hai metal, e nas pezas, un imán, e ao tocarse, queda pegado!!! Wuaaaaaala!


XOEL E KANDINSKY

   Xoel fíxonos a súa propia versión do estilo Kandinsky. Formas xeométricas colocadas estratéxicamente formando un cadro fermoso. Xoel explicounos que cortou el coa tesoira todas as formas, agás algunhas que eran moi complicadas e para que quedara xenial, botáronlle unha man, pero moito pouco dixo ✌ Tamén nos trouxo un mapa onde situou a España e a Rusia.


lunes, 5 de febrero de 2018

IAGO E KANDINSKY

   Iago tamén nos trouxo un xogo!!! Son diferentes  cadros de Wassily con cadanseu título. Temos que xogar, primeiro a adiviñar como se chama ese cadro e unha vez que o saibamos, ler e buscar o título con velcro e pegalo! Xeniaaal!!! Que idea máis divertida! Ah, e díxonos que Composición X quere dicir Composición 10!


ESTA SEMANIÑA...

 XOVES

DISFRACE LIBRE:
Os nenos e nenas poderán vir disfrazad@s do que queiran. A temática é libre.
Lembrade, disfraces que eles/elas poidan quitar sós, que non precisen axuda. Evitade monos, cintos e cremalleiras. Teñen que vir disfrazad@s do cole, co disfrace xa posto. 


VENRES


Desfile ás 12.00h
   Esperámosvos ás 12h. no pavillón para que vexades a actuación d@s vos@s fill@s. Neste caso a temática será "ESTILOS MUSICAIS". Nós, infantil, 2 estilos: GÓSPEL E RAP. 
    Lembrade, ese día teñen que vir vestidos de raper@s. Non vos compliquedes, un pantalón vaquero, uns tenis e unha sudadera, se queda algo grande mellor, senón tanto ten. Sen gorra pois na clase, xa imos poñer a nosa perruca de Góspel. 


jueves, 1 de febrero de 2018

IVÁN E KANDINSKY

   Iván trouxonos un mini-libro contándonos moitas cousiñas de Wassily. Na portada sae Kandinsky pintando e xa saiu o tema de que fai bastantes anos as fotos non eran en cor, nin a tele tampouco!!! Pregunta dos Pimpíns: E como vían (vían de ver)??? 😂😂😂 Explicamos que os nosos ollos sempre viron a cor pero as cámaras de fotos e a tele non! Aparece tamén o cadro dos círculos concéntricos, pero hoxe fixámonos neste cadro abstracto. Xa levamos días falando da diferencia entre o REALISMO e a ARTE ABSTRACTA, pero hoxe chegou o momento de deixar voar a nosa imaxinación para ver o que se esconde nese tipo de cadros. Xogamos? Parece divertido non sí? 



   Así, estivemos pensando que significaba para nós este cadro AMARILLO, ROJO, AZUL. 
   Empezamos falando do que viamos. Na primeira ollada: puntos, liñas, cadrados, círculos, triángulos, ... Indo un pouco máis aló, deixándonos levar pola nosa imaxinación, rematamos con:
- Eu vexo unha porta.
- Eu vexo un día estupendo de sol.
- Eu vexo unha serpe grande.
- Eu vexo un spinner (boísimo).
- Eu vexo o mar.
- Eu vexo un axedrez de cores.
- Eu vexo a lúa.

    É dicir, xa conseguimos moit@s de nós, deixarnos levar pola ARTE ABSTRACTA e darlle forma no cadro aos nosos pensamentos. XENIAL!!!