Aleixo xa nos avisou fai uns días de que estaba a facer o cadro BLANDO DURO de Kandinsky e que estaba a usar cousas duras e cousas brandas. Nós, apampad@s pensando...e como será ese cadro? Que secreto! Vai ser impresionante! E tal cual! Hoxe chegou co cadro e pesaba bastante!
Aleixo explicounos que usou para a parte DURA-MADEIRA e para a parte branda-GOMA EVA. Coas pezas duras pódese xogar porque pegan con IMÁN. E como é iso? Aleixo explicounos que no cadro hai metal, e nas pezas, un imán, e ao tocarse, queda pegado!!! Wuaaaaaala!
No hay comentarios:
Publicar un comentario