Iván trouxonos un mini-libro contándonos moitas cousiñas de Wassily. Na portada sae Kandinsky pintando e xa saiu o tema de que fai bastantes anos as fotos non eran en cor, nin a tele tampouco!!! Pregunta dos Pimpíns: E como vían (vían de ver)??? 😂😂😂 Explicamos que os nosos ollos sempre viron a cor pero as cámaras de fotos e a tele non! Aparece tamén o cadro dos círculos concéntricos, pero hoxe fixámonos neste cadro abstracto. Xa levamos días falando da diferencia entre o REALISMO e a ARTE ABSTRACTA, pero hoxe chegou o momento de deixar voar a nosa imaxinación para ver o que se esconde nese tipo de cadros. Xogamos? Parece divertido non sí?
Así, estivemos pensando que significaba para nós este cadro AMARILLO, ROJO, AZUL.
Empezamos falando do que viamos. Na primeira ollada: puntos, liñas, cadrados, círculos, triángulos, ... Indo un pouco máis aló, deixándonos levar pola nosa imaxinación, rematamos con:
- Eu vexo unha porta.
- Eu vexo un día estupendo de sol.
- Eu vexo unha serpe grande.
- Eu vexo un spinner (boísimo).
- Eu vexo o mar.
- Eu vexo un axedrez de cores.
- Eu vexo a lúa.
É dicir, xa conseguimos moit@s de nós, deixarnos levar pola ARTE ABSTRACTA e darlle forma no cadro aos nosos pensamentos. XENIAL!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario