lunes, 30 de abril de 2018

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS

    Xa levamos tempo poñendo en práctica isto da resolución de problemas. Cando pasa algo na clase, tratamos de parar, analizar, pensar solucións, ou estratexias que minimicen o problema. Co tema do roubo do cadro, puxemos en práctica todo o que aprendemos e ademais sumamos moitas tácticas, técnicas, estratexias novas aprendidas froito da convivencia e do estar xunt@s día tras día, hora tras hora. Así é, que o outro día vimos este vídeo que nos conta que os problemas teñen 2 solucións, a mala e a boa. Que pasará con cada unha delas???




   E tamén moi relacionado coa resolución de problemas está o seguinte vídeo...aínda que nós falamos da importancia de non rirse de ninguén sexa como sexa o seu aspecto! Cada un é como é! Único e especial!

viernes, 27 de abril de 2018

RECIBIMOS UNHA MENSAXE!!!

   O luns pasou algo novidoso! Estabamos na clase dos nos@s compis de 4 anos e oímos un ruído tremendo, como se alguén estivera remexendo na nosa ventá 😱😱😱. Fomos correndo e atopamos...
   Se queredes sabelo, aínda que de seguro @s Pimpíns xa vos contaron todiño todo, 😊aquí tedes todo o que ese día aconteceu.





* Daniel botámoste moito de menos. Xa podes ver que firmamos por ti, vale? Nós, que xa te coñecemos un pouquiño, sabemos que queres formar parte desta tripulación como o que máis.

jueves, 26 de abril de 2018

DONAMOS LIBROS PARA O MERCADILLO

   Actualizamos esta entrada (26/04), coas novas donacións. Graciñas a tod@s por participar! Lembrade, que mañá é o día de:


       24/04/18
   Aquí tedes @s Pimpíns donando libros para o MERCADILLO SOLIDARIO do venres. Estamos donando moitos! Xeniaaal!!! 



    Lembrade, este venres podedes traer alimentos para intercambiar por un libro!!! Animádevos!!!

martes, 24 de abril de 2018

NOVO PROXECTO

   Supoño que xa saberedes, o que sucedeu onte na clase!!! E que non ganamos para sustos e para aventuras!!!😆😆😆 Xa vos contaremos máis detidamente o ocorrido e enviarémosvos unha notiña informándovos do que imos facer! Unhas pistas...






23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

   Este luns, foi un luns cheo de emocións! Ao pouco de entrar na clase, chegou Cristina cun montón de agasallos para nós con motivo do día do libro! Nós, xa lle dixemos que cada libro é un TESOURO e unha AVENTURA!!! 



Graciñas dende aquí ao Concello por este agasallo!

   A 3ª hora, viñeron por nós os nosos padriños, os nenos e nenas de 3º de Primaria. 

  
E A LER!!!

Aquí estamos cos nosos padriños...ben atentos ao que len!


     Despois quixemos deixar retratado todo o que lemos a diario no cole. Cada Pimpín colleu o libro que máis lle gusta e buscou un sitio cómodo para ler da aula.


   Dani, botámoste de menos neste día! Temos un agasallo para ti, un libro! Lembrámonos de ti tod@s, e dixémoslle a Cristina que nos deixara un para ti!

jueves, 19 de abril de 2018

CONCERTO NO PALACIO DA ÓPERA

   Encántanos saír do cole e ir de excursión! Sempre con ganas, sempre cun sorriso e sempre con toda a ilusión do mundo! Onte foi un día especial, tod@s @s compis xunt@s, por riba, tamén o cumple de Andrea! Vaia, canta festa xunta! Os Pimpíns pasámolo xenial e polo que lle dixo un paxariño á profe que non puido ir...Portámonos xenial, desfrutamos moitísimo e gustounos moito o concerto! Aquí tedes unhas fotos.




   Graciñas á profe Olga e á profe Estévez, por estar pendentes de sacar fotos no cumple de Andrea e na excursión, e á profe Estévez por coidar e acompañar aos Pimpíns na viaxe! Eles e elas encantad@s!  

5 ANOS

   Felicidades Andrea! Xa van 5 aniños...como pasa o tempo!!! Trouxo unha tarta súper-bonita e rica que comemos antes de marchar de excursion porque algo hai que levar no bandullo para o camiño en bus, jijiji! Uns días antes xa falamos do cumple de Andrea e xa pensamos...pois xenial! Comemos un pouco antes de ir para o concerto e á volta, de postre, outro poquiño! Aquí non se tira nada de nada! Graciñas Pimpina polo biscoito!

Parabéns Andrea!!!

Andrea, tamén nos trouxo uns regaliños para tod@s nós! Graciñas Pimpina!!!

jueves, 12 de abril de 2018

CONSEGUÍMOLO!

   Por fin!!! Despois de tanta e tanta búsqueda...

ATOPAMOS O CADRO!!!

    O do martes foi incríble! Cantas emocións xuntas!
    Contámosvos:
   
   Como sabedes, os villanos deixáronnos en Youtube un vídeo no cal nos avisaban do envío dun mapa con intrucións a seguir. 

   1-Petaron á porta e era Antonio (conserxe) que nos viña traer unha carta para nós. Buenoooooooo...a emoción foi máxima!!! Xa tiñamos o MAAAPAAA!!! 

   2-Analizamos o cadro. Que significaban as letras X, unha verde e unha vermella😲, uns números e unhas liñas en zig-zag! Como facía Kandinsky...uuuui uuui...isto é moita coincidencia...subir as escaleiras??? Algúns Pimpíns...dixemos: TRAMPAAAAAA! Algúns pensamos que os villanos nos estaban facendo unhas trampas pero ao final, decidimos seguir as pistas.


  3-Buscamos as pistas e fomos léndoas e seguindo o camiño. Chegamos ata a BIBLIOTECAAA!!!😱😱😱E tachán!!! Alí estaba o cadro, detrás dunhas cortinas, detrás dun mural vello, enriba dunha silla e dentro dunha bolsa de basura!!! Aínda así, atopámolo!🙌🙌🙌

   *A foto é sacada dun vídeo, de aí, a mala calidade, non había maneira de facer fotos, vídeos con algo de xeito😆porque iamos tod@s revolucionad@s, a mil por hora.

  4-De volta para as aulas, Aleixo reparou en algo negro que estaba posto nunha ventana...Que será? Aaa, é a braga coa que tapaba a cara o Villano chico! 


    Pensamos o porqué o villano deixaría alí a súa máscara. 
Dúas opcións dixemos: 
1- Andaba por alí vixiándonos e olvidouna.
2- Arrepentiuse de ser villano, e non o querer ser máis polo que deixou alí abandonada a súa braga de ladrón.
 Decidimos quedarnos con esta última porque seguro que os villanos agora son boa xente!!!
   
   5- Fomos polas aulas informando de que a búsqueda xa se cancelaba debido a que xa temos o cadro nas nosas mans. En todas as clases nos preguntaron que como o fixemos, e explicámoslle todos os pasos que tivemos que seguir. (Nunca tanta atención recibimos😆😆😆) 

   Como non, non quixemos perder a oportunidade de retratarnos co cadro de VERDE SÓLIDO.


lunes, 9 de abril de 2018

VÍDEO EN YOUTUBE

  Mirade este vídeo, por favor, Os Villanos 😎😎 pedíndonos perdón!!! Estamos moi sorprendid@s!!! A búsqueda continúa!

domingo, 8 de abril de 2018

SEGUIMOS COA BÚSQUEDA

    Seguimos buscando todos os días. Cada vez que saímos ao patio, ou se estamos na clase e oímos un ruído estraño (algo que sucede moi a miúdo 😛) pois imos á ventana, ou abrimos a porta, por se atopamos algunha pista que nos leve ao villanos. Incluso, algunha vez estando no ximnasio, vímolos subir polas escaleiras, ou vímolos agocharse detrás das árbores do cole...isto é un senvivir!😩😩😩


        Buscamos en canto sitio hai pero nada...non hai sorte! Moitas pistas falsas. O outro día, subiamos do patio e vimos unha furgoneta. A mesma que trouxo o cadro dende o aeroporto. Rapidamente, comezamos a correr para meternos na clase e ocultarnos. Viñan polo cadro!!! E nós, pensamos senón o temos...como llo imos dar? Miramos para a profe, e preguntámoslle: Chamaches a Howard, non? Eu, nooon, nooon, xa vos dixen que me mandou un Whatssap pero non lle respondín, como vos me dixestes. 
        Para que non abriran a porta, decidimos poñernos facendo forza para que non a abrisen. A profe dixo: Esa non é a solución, Pimpíns. E nós, que a list@s non nos gana ninguén 😅😅😅 Dixemos, pecha a porta coas chaves!!!✌
     

*A profe quedou pampa 👀 porque o que pretendía era que os Pimpíns, se deran conta de que escapar, ou agocharse, non é a solución aos problemas co cadro, pero non!!! Pecha a porta dixeron!!! jajajaja! Son moitoooo!!!😂😂😂
     
      E así foi, pechamos a porta e seguimos traballando. Ás veces, parece ser que as chaves se movían, o cal indicaba que estaban intentando abrila pero tivemos sorte, e marcharon. Cando tivemos que marchar para o comedor, a profe abriu a porta, miramos para un lado, para o outro, e nunca se viu a 15 nen@s correr tan rápido para ir a un comedor!😅

viernes, 6 de abril de 2018

FICHA DO INTERROGATORIO

    Antes de coller vacacións, falamos dun tema que nos traía preocupad@s, o tema de Juanma, pero xa o temos solucionado!
      Pola mañá, na asemblea, entre tod@s, redactamos unha serie de preguntas para facerlle e saber a verdade. Despois convertémola nunha ficha para poder cubrila coas súas respostas. A profe díxolle que precisabamos falar con el e antes do noso recreo, veu á nosa clase (estaba aínda no país, non fuxiu). Este foi o interrogatorio.



   Sentámolo nunha silla e puxémoslle unha luz ben cerca da cara para ver mellor a súa expresión, e poder saber polos xestos se mentía ou non.

     Tod@s atent@s a Juanma apuntando na nosa ficha o que nos ía dicindo.


  Esta ficha levámola para a casa, polo que puidestes ver cal foi  a nosa conclusión:
INOCENTE!!!

VISITA Á RADIO DE CERCEDA

  O martes 20 de Marzo, co motivo do roubo do cadro de Kandinsky, fomos á Radio de Cerceda para dar a coñecer o caso a canta máis xente mellor.
  Aquí tedes o informativo dese día no que nos podedes ver e escoitar contando o suceso. Nós estivemos alí 1hora falando pero aquí veredes o resumo.
(No minuto 8 aprox., aparecemos nós!)