martes, 24 de abril de 2018

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

   Este luns, foi un luns cheo de emocións! Ao pouco de entrar na clase, chegou Cristina cun montón de agasallos para nós con motivo do día do libro! Nós, xa lle dixemos que cada libro é un TESOURO e unha AVENTURA!!! 



Graciñas dende aquí ao Concello por este agasallo!

   A 3ª hora, viñeron por nós os nosos padriños, os nenos e nenas de 3º de Primaria. 

  
E A LER!!!

Aquí estamos cos nosos padriños...ben atentos ao que len!


     Despois quixemos deixar retratado todo o que lemos a diario no cole. Cada Pimpín colleu o libro que máis lle gusta e buscou un sitio cómodo para ler da aula.


   Dani, botámoste de menos neste día! Temos un agasallo para ti, un libro! Lembrámonos de ti tod@s, e dixémoslle a Cristina que nos deixara un para ti!

No hay comentarios:

Publicar un comentario