viernes, 6 de abril de 2018

FICHA DO INTERROGATORIO

    Antes de coller vacacións, falamos dun tema que nos traía preocupad@s, o tema de Juanma, pero xa o temos solucionado!
      Pola mañá, na asemblea, entre tod@s, redactamos unha serie de preguntas para facerlle e saber a verdade. Despois convertémola nunha ficha para poder cubrila coas súas respostas. A profe díxolle que precisabamos falar con el e antes do noso recreo, veu á nosa clase (estaba aínda no país, non fuxiu). Este foi o interrogatorio.



   Sentámolo nunha silla e puxémoslle unha luz ben cerca da cara para ver mellor a súa expresión, e poder saber polos xestos se mentía ou non.

     Tod@s atent@s a Juanma apuntando na nosa ficha o que nos ía dicindo.


  Esta ficha levámola para a casa, polo que puidestes ver cal foi  a nosa conclusión:
INOCENTE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario