miércoles, 23 de abril de 2014

Día do Libro 2014

    Hoxe celebramos o Día do Libro no colexio. Os Pimpíns trouxemos o noso libro favorito da casa, ensinámosllo aos compañeir@s, dixémoslle o título e fixemos un breve resume. Despois, deixamos os libros na biblioteca da aula para poder intercambialos cos nosos amig@s, que divertido é compartir! Así cada un de nós, tiña...22 libros! Guau! Que divertido! Gustounos moito poder traer libros ao cole polo que lle pedimos á profe que nos deixara facelo máis veces...así que claro que sí!!! Faremos máis veces o de traer libros da casa! Boa idea!
 Aquí tedes unhas fotos da asamblea onde cada Pimpín ensinou o seu libro favorito. E ademáis...SORPREEEESAAAAAAAA!!! UN REGALO! O mellor do mundo! UN LIBRO!!!




    Moitas grazas ao Concello de Cerceda polo AGASALLO!

   Este é o mural que temos na entrada ao edificio central. Fixérono os nen@s de Primaria e a verdade é que lles quedou ben bonito.


   E xa sabedes...



viernes, 11 de abril de 2014

VÉMONOS O 22 DE ABRIL!!!

   Chegaron as vacacións! Os Pimpíns imos descansar un chisquiño estes días de Semana Santa, xa que temos que recobrar forzas para a volta porque nos esperan uns meses de moito traballo. Aínda temos por diante 2 excursións!!! A primeira xa o 25 de Abril. Canta ilusión temos! 
   Os Pimpíns queremos desexarvos unhas felices vacacións e tamén recordarvos que imos de excursión! (por se algún despistado aínda non se decatou, jijiji).


   O martes 22, enviarémosvos unha nota co prezo final da excursión (entrada+autobús). Ademáis, recordar que a próxima excursión será o 30 de Maio, ao Museo de Belas Artes, e para a que non precisaredes traer ao colexio nada máis posto que xa está entregado tanto o diñeiro como as autorizacións.

PROXECTO MIRÓ

  Estes últimos días tocoulle aos seguintes Pimpíns explicar o material de Miró que trouxeron. Pouco a pouco, xa temos case cheo o mural que lle estamos adicando.

Pequena historia de Miró. Martín explicounos a vida de Miró cun conto moi chulo que nos encantou porque puidemos ver a Miró cando era un neno pequeniño que ía ao colexio. Martín díxonos que o pai de Miró se chamaba Miguel e a súa nai Dolores, e que tiña unha irmá pequena chamada Dolores. Moi interesante xa que nós, todas as mañáns cando estamos traballando na alfombra, estamos compartindo o nome dos membros da nosa familia. A través de Martín, coñecemos a familia de Joan.






Mironins. Mateo presentounos a uns pequenos personaxes que saíron dun cadro de Miró, os Mironins! Canto nos entretivemos buscándoos por todas as páxinas. Mateo explicounos que moitos dos cadros que Miró pintaba eran de animais porque lle gustaban moito igual que a el mesmo. Cando vimos a portada do libro gustounos moito, eses puntiños negros e raia vermella...isto motivounos a investigar que era aquelo...Xa está!!! un cadro de Miró chamado SERIE AZUL. Hai varios I, II, III, e decidimos facer o I, xa que o II xa o temos na portada de Mateo. Seguro que xurdirán moitas cousas máis. XA SOMOS FANS DOS MIRONINS!!!


Pez cantando. Este cadro de Miró que trouxo Marcos encantounos. Marcos tapouno e non nos deixaba velo...oooooh...e dixo tapade os ollos. TACHÁN!!! Xirou o papel e...un peixeeeee! Que chulo! Marcos díxonos que Miró debuxou un peixe cantando e logo púxolle boliñas de cores, as súas favoritas, verde, azul, vermello, amarelo, negra e branca. Os Pimpíns dixeron que querían pintar un igual...entón a ver que argallamos!jajaja!


Bailarina de Miró. Borja, ou mellor dito, o artista Borja, xa que ata nos firmou o cadro! Díxonos que traballou moitísimo ata que o rematou e nótase ben porque quedou chulísimo. Que ilusión cando abrimos a cartolina e vimos o cadro! Guauuuuuu! Borja explicounos que era unha bailarina moi bonita cunha perna levantada e que tiña unha araña pequena colgando. Este detalle pareceunos moi curioso. Miró tiña cada cousa...jejeje.




Collage. Resume de Miró. Isto foi o que nos fixo Mélani. Que chulo e que bonito! Moito traballo dentro dunha cartolina. Mélani explicounos que Miró naceu en Barcelona, que lle encantaba pintar xa dende pequeniño, que o que máis lle gustaba debuxar eran as formas que nós xa sabemos facer, círculo, cadrado, triángulo, rectángulo, debuxar lúas e soles, os planetas, ollos e tamén facer esculturas. Xa o temos colgado no mural para repasalo a modo de resume!






Miró e La Masía. Javier repite porque xa nos trouxo máis cousiñas e sigue explicándonos máis. Esta vez unha foto de Miró e unha foto de LA MASÍA. Javier explicounos que Miró era xa velliño e fixéronlle esta foto e que a casa grande da foto era a súa casa. Temos xa varias fotos deste cadro de Miró, cando as colgamos todas no mural, pensamos: pufff....cantas casas tiña Miró, 1, 2, 3, ...que suerte tiña Miró!!! jejejejeje.

martes, 8 de abril de 2014

NOVAS

   O 25 de Abril os Pimpíns faremos UNHA GRAN EXCURSIÓN!!! Iremos á Casa do Queixo que está en Sobrado dos Monxes. Unha viaxe un pouquiño longa pero que merecerá a pena porque o imos pasar moi ben! Esta Granxa-escola presenta distintas actividades con fines ludo-recreativos, educativos, deportivos e culturais adaptados a escolares. Sairemos xa pola mañá e voltaremos pola tarde, con tempo para coller o autobús de volta para as nosas casas. 
   Lembrade:
   Roupa: roupa cómoda e calzado SEN CORDÓNS, se o día está soleado tamén sería conveniente que os nen@s viñeran con protección solar en cara e brazos. Non fai falta que traian gorra ese día posto que levaremos a que temos na clase. 
   Mochila: unha mochila cunha botella de auga e unha bolsiña de galletas para merendar.
   Comida: Para a comida, hai dúas opcións, traer o bocadillo feito da vosa casa ese día dentro da mochila, ou que o preparen no comedor do colexio. 
   Prezo: O importe aínda non está fixado xa que depende do número de nen@s que vaiamos á excursión. O que sí é fixo son os 15.50euros da entrada á granxa-escola. Por favor, Non traiades o diñeiro ata que vos indiquemos o prezo total da excursión.O que sí precisamos é ter a autorización o antes posible.












  Estes días estamos comezando novas actividades polo que precisamos da vosa axuda. Precisamos que os Pimpíns traian ao colexio:
- Un cartón de 42x30cm. que sexa o máis duro posible xa que o pintaremos e precisamos que resista.
- Unha oveira ( a de 6 ovos serviría).
- Fotocopia do DNI do nen@, de non telo, traede unha notiña coa dirección e o nome do nen@. 
   Enviádeo en canto o teñades todo( cartón, oveira, dni) ao colexio nunha bolsa.

  Grazas pola vosa colaboración FAMILIAS.

sábado, 5 de abril de 2014

NOVA SECCIÓN: OLLOS DE AULA


   Hoxe, quero compartir con vós FAMILIAS, unha revista que naceu no 2012. Esta publicación está realizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (colectivo formado por mestres do ensino público, privado e concertado que traballan a prol de ofrecer unha perspectiva aberta, moderna e plural da normalizacion lingüística). O obxectivo da revista é achegarvos información variada ao redor da educación e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que vos poden preocupar como nais e pais e acompañarvos na difícil tarefa de educar aos vosos fillos/as.
   Haberá un enlace permanente para que poidades ver todas as publicacións na columna da dereita do noso blog. A publicación é mensual, agás algúns meses no que non se edita, na maioría dos meses teredes Ollos de aula neste enlace.

jueves, 3 de abril de 2014

PROXECTO MIRÓ

   Son moitas as cousas que nos traedes ao cole...imos un chisco lentos vendo todo o material porque é tarefa dos Pimpíns explicar o que trae e ensinárnolo polo que nos leva tempo. Esta semana tocoulle a Daniela a Iker e a Giovanna falarnos de Miró. ( Xa temos 2 libros esperándonos...o de Martín e o de Mateo, xeniais).


 Biografía. Anxo contounos onde naceu e onde morreu Miró. Naceu en Barcelona e morreu en Palma. Algún Pimpín estivo en Palma de vacacións e díxonos que era moi bonita. Ademáis Anxo contounos que Miró facía os seus cadros nun taller moi grande onde tiña moitos pinceis e paletas de cores.

 Cerámica. Daniela tróuxonos un cinceiro de Miró. Alucinados quedamos tod@s! Incrible o bonito que é! Témolo nunha estantería porque non pode romper. Xa nos dixo Daniela que hai que ter coidado. Collímolo na man e pesaba bastante. O que máis nos gustou foi a cor que ten...amarela, azul, vermella, verde, branca...AS CORES DE MIRÓ!!! Agora xa sabemos que Miró, ademáis de pintor e escultor, era tamén CERAMISTA. Cantas cousas!




Perro enfrente del sol. Iker explicounos que era o sol o que estaba alí abaixo de cor vermella. Os Pimpíns dixémoslle que o sol está arriba, quentándonos dende o ceo, pero el dixo que NON! QUE ERA O SOL! Buscamos en internet, coa axuda do señor Google, e efectivamente, é o SOL xa que é o título que Miró lle puxo ao cadro. Iker tiña razón! Na segunda foto, Iker díxonos que era unha escultura. Que é? Non sabemos moi ben...pensamos que pode ser un BICHO, un ROBOT, un PEIXE, un NENO, un                                                      EXTRATERRESTRE...


Pájaro lunar. Giovanna falounos dunha escultura de Miró. Díxonos que a fixo el coas súas mans, unha escultura dun paxaro de lúa. Gustounos moito o nome. Ensiounos un montón de fotos que trouxo tamén de obras de Miró. Tamén nos explicou que A MASÍA era a casa onde viviu Miró e ademáis, Giovanna, tiña escritas en todas as fotos o nome dos cadros coa súa propia letra. Moi ben Giovanna!

PRACTICANDO INGLÉS

   Onte os Pimpíns tiveron o privilexio de escoitar a Ángela, autora de libros de Inglés para diversas editoriais. Veu á nosa aula, invitada pola profe Loli e foi todo un pracer escoitala. Contounos a historia do tigre Tommy e a súa familia, da tartaruga Tina e do loro Polly. Despois tivemos que dar un bico, unha aperta ou facer cóxegas a Tommy segundo a consigna que nos dera Ángela, kiss, hug or tickle. Había que estar moooooooi atentos! Foi moi divertido!!! Podedes ver un chisquiño do que pasou no pimpicole...


Click to play this Smilebox slideshow

Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free picture slideshow