Son moitas as cousas que nos traedes ao cole...imos un chisco lentos vendo todo o material porque é tarefa dos Pimpíns explicar o que trae e ensinárnolo polo que nos leva tempo. Esta semana tocoulle a Daniela a Iker e a Giovanna falarnos de Miró. ( Xa temos 2 libros esperándonos...o de Martín e o de Mateo, xeniais).
Biografía. Anxo contounos onde naceu e onde morreu Miró. Naceu en Barcelona e morreu en Palma. Algún Pimpín estivo en Palma de vacacións e díxonos que era moi bonita. Ademáis Anxo contounos que Miró facía os seus cadros nun taller moi grande onde tiña moitos pinceis e paletas de cores.
Cerámica. Daniela tróuxonos un cinceiro de Miró. Alucinados quedamos tod@s! Incrible o bonito que é! Témolo nunha estantería porque non pode romper. Xa nos dixo Daniela que hai que ter coidado. Collímolo na man e pesaba bastante. O que máis nos gustou foi a cor que ten...amarela, azul, vermella, verde, branca...AS CORES DE MIRÓ!!! Agora xa sabemos que Miró, ademáis de pintor e escultor, era tamén CERAMISTA. Cantas cousas!
Perro enfrente del sol. Iker explicounos que era o sol o que estaba alí abaixo de cor vermella. Os Pimpíns dixémoslle que o sol está arriba, quentándonos dende o ceo, pero el dixo que NON! QUE ERA O SOL! Buscamos en internet, coa axuda do señor Google, e efectivamente, é o SOL xa que é o título que Miró lle puxo ao cadro. Iker tiña razón! Na segunda foto, Iker díxonos que era unha escultura. Que é? Non sabemos moi ben...pensamos que pode ser un BICHO, un ROBOT, un PEIXE, un NENO, un EXTRATERRESTRE...
Pájaro lunar. Giovanna falounos dunha escultura de Miró. Díxonos que a fixo el coas súas mans, unha escultura dun paxaro de lúa. Gustounos moito o nome. Ensiounos un montón de fotos que trouxo tamén de obras de Miró. Tamén nos explicou que A MASÍA era a casa onde viviu Miró e ademáis, Giovanna, tiña escritas en todas as fotos o nome dos cadros coa súa propia letra. Moi ben Giovanna!

No hay comentarios:
Publicar un comentario