Hoxe, quero compartir con vós FAMILIAS, unha revista que naceu no 2012. Esta publicación está realizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (colectivo formado por mestres do ensino público, privado e concertado que traballan a prol de ofrecer unha perspectiva aberta, moderna e plural da normalizacion lingüística). O obxectivo da revista é achegarvos información variada ao redor da educación e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que vos poden preocupar como nais e pais e acompañarvos na difícil tarefa de educar aos vosos fillos/as.
Haberá un enlace permanente para que poidades ver todas as publicacións na columna da dereita do noso blog. A publicación é mensual, agás algúns meses no que non se edita, na maioría dos meses teredes Ollos de aula neste enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario