viernes, 11 de abril de 2014

PROXECTO MIRÓ

  Estes últimos días tocoulle aos seguintes Pimpíns explicar o material de Miró que trouxeron. Pouco a pouco, xa temos case cheo o mural que lle estamos adicando.

Pequena historia de Miró. Martín explicounos a vida de Miró cun conto moi chulo que nos encantou porque puidemos ver a Miró cando era un neno pequeniño que ía ao colexio. Martín díxonos que o pai de Miró se chamaba Miguel e a súa nai Dolores, e que tiña unha irmá pequena chamada Dolores. Moi interesante xa que nós, todas as mañáns cando estamos traballando na alfombra, estamos compartindo o nome dos membros da nosa familia. A través de Martín, coñecemos a familia de Joan.






Mironins. Mateo presentounos a uns pequenos personaxes que saíron dun cadro de Miró, os Mironins! Canto nos entretivemos buscándoos por todas as páxinas. Mateo explicounos que moitos dos cadros que Miró pintaba eran de animais porque lle gustaban moito igual que a el mesmo. Cando vimos a portada do libro gustounos moito, eses puntiños negros e raia vermella...isto motivounos a investigar que era aquelo...Xa está!!! un cadro de Miró chamado SERIE AZUL. Hai varios I, II, III, e decidimos facer o I, xa que o II xa o temos na portada de Mateo. Seguro que xurdirán moitas cousas máis. XA SOMOS FANS DOS MIRONINS!!!


Pez cantando. Este cadro de Miró que trouxo Marcos encantounos. Marcos tapouno e non nos deixaba velo...oooooh...e dixo tapade os ollos. TACHÁN!!! Xirou o papel e...un peixeeeee! Que chulo! Marcos díxonos que Miró debuxou un peixe cantando e logo púxolle boliñas de cores, as súas favoritas, verde, azul, vermello, amarelo, negra e branca. Os Pimpíns dixeron que querían pintar un igual...entón a ver que argallamos!jajaja!


Bailarina de Miró. Borja, ou mellor dito, o artista Borja, xa que ata nos firmou o cadro! Díxonos que traballou moitísimo ata que o rematou e nótase ben porque quedou chulísimo. Que ilusión cando abrimos a cartolina e vimos o cadro! Guauuuuuu! Borja explicounos que era unha bailarina moi bonita cunha perna levantada e que tiña unha araña pequena colgando. Este detalle pareceunos moi curioso. Miró tiña cada cousa...jejeje.




Collage. Resume de Miró. Isto foi o que nos fixo Mélani. Que chulo e que bonito! Moito traballo dentro dunha cartolina. Mélani explicounos que Miró naceu en Barcelona, que lle encantaba pintar xa dende pequeniño, que o que máis lle gustaba debuxar eran as formas que nós xa sabemos facer, círculo, cadrado, triángulo, rectángulo, debuxar lúas e soles, os planetas, ollos e tamén facer esculturas. Xa o temos colgado no mural para repasalo a modo de resume!






Miró e La Masía. Javier repite porque xa nos trouxo máis cousiñas e sigue explicándonos máis. Esta vez unha foto de Miró e unha foto de LA MASÍA. Javier explicounos que Miró era xa velliño e fixéronlle esta foto e que a casa grande da foto era a súa casa. Temos xa varias fotos deste cadro de Miró, cando as colgamos todas no mural, pensamos: pufff....cantas casas tiña Miró, 1, 2, 3, ...que suerte tiña Miró!!! jejejejeje.

No hay comentarios:

Publicar un comentario