viernes, 29 de abril de 2016

Os nosos Pensadores de Rodin

     Despois do traballo coa escultura de Rodin, fixemos este debuxo do noso propio Pensador. Ahhhhh, está de lado, está de perfil!!! Coidado! Aos Pimpíns, pareceunos un pouco difícil xa que estamos acostumados a debuxar as persoas véndoas de frente. Aínda, así, intentámolo porque xa sabemos que os artistas antes de conseguir unha obra de arte espectacular traballan, e fan bocetos, e rompen as súas obras, e volven comezar. Nós, tamén, tivemos que tirar varios bocetos á papeleira antes de conseguir isto!!!
   Instrucións:
- Debuxo ao Pensador nun folio en branco.
- Repaso o seu contorno e pintoo. (Na pantalla víase un pouco verde e un pouco negro entón decidimos darlle esa cor. Unha base de negro, para logo enfatizar máis o verde).
- Recorto o meu propio debuxo.
- Debuxo as casas que aparecen na imaxe, noutro folio en branco.
- Repaso o contorno, píntoas e recorto.
- Fago a montaxe enriba da cartolina e se colle todo na cartolina, pego e escribo título e nome.
(*Importante, tivemos que calcular o espazo, os debuxos do pensador e da casa tiñan que coller na cartolina, se fago un Pensador enorme, ou unha casa grandísima despois non me colle...)


   Anxo, eses días estaba enfermo e non coñecía a Rodin, claro...Entón, a profe chamou a Anxo e díxolle que lle ía explicar quen era o Pensador. Resposta de Anxo: Profe, non fai falta que mo contes que xa o sei, contoumo Lucas mentres estabamos na fila! Ahhhhh, pois entón nada, veña máns á obra!jajaja! Que fenómenos estes Pimpíns!

martes, 26 de abril de 2016

XOGAR A PENSAR

   Deixámosvos un vídeo coas impresións dos Pimpíns sobre El pensador de Rodin.



   Hoxe, seguimos coa actividade de Xogar a Pensar que comezamos onte. Hoxe...
    Imitamos ao PENSADOR de Rodin. Tivemos uns minutos para ensaiar a posición e despois sacamos unhas fotos. 


   Tamén, como o Pensador está pensando pois collimos uns globos e escribimos neles o que cremos que está pensando o home da escultura. 


   Así, quedou o noso traballo. Aínda lle falta algo de decoración, pero é preciso sempre recoller nun mural o feito, para que se poida visualizar e nós, os Pimpíns, poidamos ver que o noso traballo ten un valor, unha importancia.


   Importante tamén, a avaliación, gustounos o traballo ou non. Pulgares arriba Sí, pulgares abaixo Non. Ao final, o resultado foi 19 pulgares cara arriba!!!



lunes, 25 de abril de 2016

XOGAR A PENSAR

    Hoxe comezamos unha actividade enmarcada dentro da FILOSOFÍA PARA NEN@S (creado a finais do sesenta en Estados Unidos polo profesor Matthew Lipman). Esta corrente ideolóxica, materializouse no chamado PROYECTO NORIA. O seu obxectivo é que os nen@s aprendan a pensar e a actuar considerando diferentes perspectivas, de xeito, creativo e que isto lles provoque ilusión, motivación, pracer.
    Existe un inmenso traballo relacionado coa filosofía para nen@s. A profe está tratando de formarse neste ámbito e hoxe comezamos facendo a seguinte actividade relacionada coa ARTE.

- Soa a música de MOZART (Réquiem de Mozart) (recurso potentísimo para estimular aos nenos/as e que nos vai perfecto neste caso, para crear un ambiente de intriga, para crear un ambiente distinto ao habitual, para dar entrada a unha actividade diferente)

- Levantámonos das sillas e sentámonos na alfombra e miramos para a PDI porque vai aparecer unha sorpresa. A ver...........que será???

- A profe, tapa unha imaxe na pantalla e vai destapándoa pouco a pouco, tapa e destapa anaquiños dela. Cando remata a música, aparece de súpeto a imaxe!!!

TACHAAAAAAAAAAAAAAAAAAN!!!



1º OBSERVAMOS
2º DIALOGAMOS:




Unha experiencia é unha situación na que alguén aprende algo. Calquera
acto educativo é unha experiencia pero, para que sexa significativa debe incorporar o razonamento e a reflexión consciente.

domingo, 24 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

   Esta semana preparamos uns marcapáxinas de Tutankamón para festexar o día do libro. Ademais, agora que tod@s sabemos ler, ímolos precisar moi a miúdo! Por certo, que ben recortamos os Pimpíns non??? Xeniaaaaaaal!!!



Por certo, xa dominamos a data curta. Na 1ª ficha do día, poñemos a longa pero despois, a profe déixanos poñer a curta.

6 ANOS

 O venres cumpliu anos a nosa amiga Alexandra!!! Tróuxonos varias lambetadas! Unha tarta enorme e ademais unhas chocolatinas ben simpáticas!!! Cantámoslle, como xa é habitual, o cumpleanos feliz en varios idiomas, logo foto conxunta coa cumpleañera e a papaaaaar!!!
Parabéns Alexandra!


jueves, 21 de abril de 2016

TRABALLO COOPERATIVO

   Esta semana tocou facer un traballo en pequeno grupo. Esta semana estamos a falar dos deuses exipcios, entón a profe fixo 5 debuxos.
   Organizámonos en grupo, e eliximos un dos 5 debuxos que nos gustaría pintar e despois un do noso equipo foi escribilo á pizarra.
   Analizamos a pizarra...Hai 2 equipos que xa teñen debuxo, os que elixiron a Set e os que elixiron a Horus.

   
   Toca desempatar! Volta a reunirse os 3 equipos que elixiron a Anubis. Ao final, 2 cambiaron de idea e elixiron a Osiris e Isis, co cal ao outro equipo quedoulle Anubis. A traballar!!!


      De momento, a cousa está así. Xa vos ensinaremos o final!!!

miércoles, 20 de abril de 2016

1º MERCALIBRO

   Mañán tocaranos aos Pimpíns ir ao 1º Mercalibro que facemos no cole. Xa sabedes, se queredes colaborar, podedes traer alimentos non perecedeiros e/ou produtos de hixiene, a cambio os Pimpíns poderán levar un libro para casa. 
  Graciñas por colaborar.

  Xa está todo listo!!!


MATERIAIS V

           Seguimos enchendo a nosa aula de materiais de Exipto.

      Hugo Basadre, tróuxonos un montón de figuriñas de exipto. Díxonos que traía o sarcófago de Anubis, algúns amuletos e incluso  a pranta do papiro.
    Mélani, ensinounos un colgante co nome da súa nai Vanesa escrito en xeroglífico!
     Adriana, falounos do seu debuxo das pirámides de Guiza e tamén da bandeira de Exipto.

   Alexandra fixo un gran traballo e debuxou os amuletos que usaban os exipcios, xa fora para protexerse do mal ou para lograr a vida eterna. Coñecémolos todos e sabemos o que significa cada un. Ademais, a pé da cartolina ensinounos o seu nome en Xeroglífico.
      Martín, na caixa que trouxo para construír as pirámides, díxonos que traía unha sorpresa!!! Vaia se foi sorpresa! Empezou a sacar figuriñas exipcias e quedamos coa boca aberta. Que chuliiiiiis! Anubis, Hathor (que non a coñecíamos, deusa con cornos de vaca, jijiji), un gato que era un animal sagrado que representaba a deusa Bastet...e ademais un dossier con fotos para poñer na biblio!


martes, 19 de abril de 2016

A NOSA PORTA EXIPCIA

   Así temos decorada a nosa porta. Debuxamos os símbolos da escritura exipcia, chamados xeroglíficos e  formamos o alfabeto exipcio.





MATERIAIS IV

    Imos pouco a pouco publicando todos os materiais que trouxemos ao cole. Cada día tócalle explicar a algúns Pimpíns o que trouxeron pero acumúlase o traballo!
   Lucas, trouxo un libro estupendo con debuxos moi bonitos onde nos explica moi ben todo o que pasou en Exipto. Trae aos deuses, a Set, Osiris, Isis e Horus. Encántanos a lenda destes deuses, profe cóntaa outra vez, veñaaaaa por faaaa!!!
   Coincidencia!!! Laura e Mélani, deixáronnos na biblioteca da aula o seu libro de Exipto que é igual, ten moitísimas páxinas e alí pódense ver as pirámides por dentro! 
   Mario, ensinounos o seu libro de Exipto e díxonos que era fascinante, como o seu título indica. Nel aparecen os faraóns e as súas xoias! Estupendo!!!
   Anxo, dounos un susto!!! Puuuuuuf! Unha cobraaaaaa! É espectacular! Non puidemos aguantar e fixémonos unha foto con ela na cabeza como se fósemos uns auténticos faraóns, xa que a cobra era o símbolo do poder.


lunes, 18 de abril de 2016

AQUARIUM FINISTERRAE

   Aquí un breve resumo do día da excursión ao Aquarium Finisterrae! Encantounos, e pasámolo xenial. Ademais compartimos a visita cos nen@s de 4 anos da clase do Rato Pepe.

jueves, 14 de abril de 2016

EXIPTO E MÁIS EXIPTO

 Da igual que nos toque o recuncho dos puzzles, das pezas ou calqueira outro, como os libros do proxecto pódense coller sempre que se queira, nós collemos os libros de Exipto! Todo momento é bo, para descubrir cousas novas, que se Napoleón invadiu Exipto, que se algún faraón tiña ata 3 sarcófagos, todo é alucinante!

 Os nen@s que imos a alternativa tamén, aproveitamos para relacionar todo, estamos a traballar cun programa de montaxe no Ipad e ata aí, buscamos unha música de ambiente exipcia e insertamos a imaxe da Esfinxe de Guiza! Tremendo, Exipcito atrapounos totalmente!


  




   E no recreo??? Pois tamén, que se facemos laberintos como no interior dunha pirámide, que se xogamos a ser faraóns. Aínda segue pendente, que cada Pimpín, busque o seu propio nome exipcio, tal e como nos dixo Hugo Paz: Profe, olvidácheste de que temos que buscar un nome? Que nome Hugo? Pois o nome que sempre buscamos, o de dinosaurio, o de chefs, ...Aaaaaaah, vale, pois con este proxecto buscamos tamén un nome!!! (Pensan que xa é unha rutina o de cambiar de nome! que simpátic@s!). Algúns xa o buscamos, temos un Ramsés I, un Ramsés II, Cleopatras, Nefertitis, Horus e varios Tutankamóns! jajajaaaaaaaaaa!!!




miércoles, 13 de abril de 2016

SYMBALOO EXIPTO

   Despois dunha búsqueda exhaustiva de cousas de Exipto, aquí está un novo programa que serve para organizar todos os xogos, vídeos, poesías, puzzles, sobre calquera tema, neste caso, é de Exipto. Así, os Pimpíns, nun so clic teñen á súa disposición moitas cousas sobre o proxecto que estamos a traballar. Algunhas xa as vimos na clase, outras serán novidade. Deixareivos na barra da dereita o symbaloo para que o teñades a man para poder clicar nel cando queirades.
A divertiiiiiirse!!!

martes, 12 de abril de 2016

MATERIAIS EXIPTO III

    Hoxe tocoulles o turno de presentación do seu material a Marcos, Mario, Iker e Daniela, que nos trouxo outra cousiña de Exipto. Unhas pirámides, perfectamente debuxadas, e tamén a Cleopatra! Ademais aparece coa posición do baile exipcio. Xa vos ensinaremos un rap exipcio que bailamos sempre! jajaja! Para a posición dos brazos, 1 truco, para a man de arriba (facemos a cobra) e para a man de abaixo (pedimos unha gominola). Con estes trucos sáenos fenomenal!jijiji!
   Marcos ensinounos o seu traballo. As pirámides de Guiza, cos seus nomes, explicounos que eran de 3 faraóns, Keops, Kefrén e Micerino.   
   Mario presentounos o seu debuxo, unha momia saíndo dunha pirámide e pola parte de atrás, o mapa de África, a bandeira de Exipto e o Ollo de Horus (estamos fascinad@s coa historia de Horus).
   Iker, tróuxonos unha cartolina chea de fotos cos seus nomes, Tutankamón, un sarcófago, as pirámides, ...Subido á silla da profe, coa regla porque non chegaba (a profe pegou o traballo na parede antes de tempo) foinos explicando o que era cada cousa.



   Hoxe tamén lles tocou explicarnos o seu traballo a Martín e Giovanna.
   Martín mostrounos o debuxo que nos fixo na casa. Por un lado, unha pirámide e as tumbas de varios faraóns, Ramsés, Keops, Cleopatra e Nefertiti. Polo outro lado, os amuletos (estamos investigando cales son os amuletos que usaban os exipcios) o ollo de Horus e o Ankh, que xa sabemos que tamén se chamaba chave da vida. Os exipcios pensaban que era a chave para a vida eterna, a inmortalidade. Estivemos falando destas novas palabras, eterna e inmortalidade, novas para case tod@s os Pimpíns.
   Giovanna, ao igual que Iker, tivo que subirse á silla da profe e dirixir a súa explicación coa regra! Ensinounos as pirámides, cal era de Keops, cal a de Kefrén e cal a de Micerinos, o neto. Dentro da cartolina, varios nomes de faraóns, Tutankamón, Nefertiti, etc.


MATERIAIS EXIPTO II

        Onte tocoulles o turno a Anxo, Mateo e Teo.
    Anxo, veu todo contento coa súa máscara de Tutankamón.  Contounos que foi un faraón moi poderoso.
       Mateo, ensinounos uns xeroglíficos debuxados en papiro. Nun papiro de verdade! De Exipto sí, sí! Díxonos que o seu pai viaxou a Exipto fai uns anos e o comprou! Que bonito é!!! Mateo deixounos tocalo para ver que é máis rugoso e duro que o noso papel.
      Teo, tróuxonos 2 cousas, un libro estupendo, cunhas fotos enormes que nos fascinan, e un XOGO EXIPCIO! Guauuuu, hoxe estivo ensinando a profe a xogar, a idea é que nos ensine a tod@s e logo poder xogar ao SENET como facían os exipcios!!!


lunes, 11 de abril de 2016

MATERIAIS EXIPTO

   Cada día algo novo! Así é como estamos vivindo estes primeiros días de proxecto. Cada día, un Pimpín trae algo novo, o que nos leva a falar dunha cousa nova, unha nova historia, unha nova aventura. Aquí tedes, os materiais que xa presentamos aos nos@s amig@s.


      O venres tocoulles o turno a Hugo Paz, Brais e Daniela. 
   Hugo Paz falounos das súas 2 fotos, a Esfinxe e un templo dun faraón chamado Ramsés II. Xa temos para investigar.
   Brais tróuxonos un papiro con Nefertiti debuxada nel. Contounos que ven do mesmo Exipto! Un amigo do seu pai regaloullo. Vaia regalazo dixo algún Pimpín! E tamén nos falou dos papiros e de que Nefertiti era a novia de Akenatón.
   Daniela buscou unhas páxinas dentro do seu libro, e falounos de como se momificaban os exipcios e tamén nos debuxos vimos  como se contruían as pirámides, eran os exclavos que senón traballaban eras castigados polos vixiantes. Puuuuf! Isto pareceunos tremendo.

sábado, 9 de abril de 2016

DANZA DA CHOIVA

    Este martes fomos ao Auditorio a ver unha obra de teatro titulada "Danza da choiva" da Compañía Elefante Elegante. Estivemos soamente nós, os Pimpíns. Foi sobre dunha hora e media e pasámolo xenial. Ao finalizar, María e Gonzalo falaron connosco, preguntáronnos se nos gustara, que foi o que pasaba na obra, fixéronnos reflexionar sobre o feito da falta de auga e as súas consecuencias. 

miércoles, 6 de abril de 2016

XEROGLÍFICOS

    Onte descubrimos como se escribe en xeroglífico: PIMPINS!!!
   Ademais, tedes no panel da dereita do blog, un xerador de nomes en xeroglífico! 
  Encántanos!


martes, 5 de abril de 2016

ONDE ESTÁ EXIPTO?

   Por un lado, un mapa do mundo na PDI e por outro, un mapa do mundo pegado na nosa pizarra. Veña, a buscaaaaaaar! (a profe non dixo nadaaa, bueno soamente, unha pistiña pequena, Exipto está en África) Ao final, atopámolo! Aínda, temos un pouco de lío co de África, Exipto, país, cidade, continente, ...E que é complicado, moi complicado.


    Xa situamos Exipto, agora imos analizar a súa bandeira! Hugo Basadre, explicounos como era, xa que, cando fixemos as bandeiras na casa, a el tocoulle Exipto. Ten unha aguia, é de cor vermella e negra. 



lunes, 4 de abril de 2016

OS NOSOS TRABALLOS

     Hoxe marchamos para casa cargadiñ@s de traballos! Bo traballo Pimpíns! Ánimo, que quedan 3 meses!!!

   Ademais, cambiamos de mesa e de compis. Agora os grupos son:



Secadero de Pulpos de Seoane:
Laura, Martín, Anxo, Omar.

Bailarina de Miró:
Hugo Basadre, Daniela, Marcos, Alexandra, Hugo Candal.

Los Girasoles de Van Gogh:
Hugo Paz, Brais, Noemí,Teo.

Relojes Blandos de Dalí:
Giovanna, Iker, Lucas, Mario, Borja.

Las Meninas de Velázquez:
Javier, Mélani, Mateo, Adriana.


ULTIMO PROXECTO DE INFANTIL


   Este último curso estase acabando! Que tristeza! Faltaríannos moitos máis anos xuntos para investigar mil cousas que nos pasan pola cabeza...pero non pode ser así que imos tratar de facer un bo proxecto para finalizar a etapa de Infantil!!!

   Un día, antes das vacacións, saiu o tema das momias (falaban entre el@s e a profe escoitou). Así que buscamos unha canción de momias que nos gustou moito.


    Así comezou todo...As momias existen? Noooooon. Sí, si que existen!!! AAAAAAAiii, exclamaron os Pimpíns!!!Alguén por alí dixo: Si, sí, están en Egipto. Así sairon máis cousas no diálogo: pirámides, faraóns, un río grande que hai, papiros...uuuuuui que interesanteeeee!!!

   Fixemos a votación, coma sempre...e agás 4 ou 5 votos, (a profe quería investigar o corpo humano ou o espacio, pero non houbo maneira, jajaja!) que saiu???
  EXIPTO!
    Xa estivemos falando do que sabemos de Exipto, e saiu unha conversa ben interesante. A ver se a profe a transcribe (falamos tod@s amodiño, respectando os turnos de palabra, para que ela puidese escribir o que diciamos) porque está moi ben.