Hoxe tocoulles o turno de presentación do seu material a Marcos, Mario, Iker e Daniela, que nos trouxo outra cousiña de Exipto. Unhas pirámides, perfectamente debuxadas, e tamén a Cleopatra! Ademais aparece coa posición do baile exipcio. Xa vos ensinaremos un rap exipcio que bailamos sempre! jajaja! Para a posición dos brazos, 1 truco, para a man de arriba (facemos a cobra) e para a man de abaixo (pedimos unha gominola). Con estes trucos sáenos fenomenal!jijiji!
Marcos ensinounos o seu traballo. As pirámides de Guiza, cos seus nomes, explicounos que eran de 3 faraóns, Keops, Kefrén e Micerino.
Mario presentounos o seu debuxo, unha momia saíndo dunha pirámide e pola parte de atrás, o mapa de África, a bandeira de Exipto e o Ollo de Horus (estamos fascinad@s coa historia de Horus).
Iker, tróuxonos unha cartolina chea de fotos cos seus nomes, Tutankamón, un sarcófago, as pirámides, ...Subido á silla da profe, coa regla porque non chegaba (a profe pegou o traballo na parede antes de tempo) foinos explicando o que era cada cousa.
Hoxe tamén lles tocou explicarnos o seu traballo a Martín e Giovanna.
Martín mostrounos o debuxo que nos fixo na casa. Por un lado, unha pirámide e as tumbas de varios faraóns, Ramsés, Keops, Cleopatra e Nefertiti. Polo outro lado, os amuletos (estamos investigando cales son os amuletos que usaban os exipcios) o ollo de Horus e o Ankh, que xa sabemos que tamén se chamaba chave da vida. Os exipcios pensaban que era a chave para a vida eterna, a inmortalidade. Estivemos falando destas novas palabras, eterna e inmortalidade, novas para case tod@s os Pimpíns.
Giovanna, ao igual que Iker, tivo que subirse á silla da profe e dirixir a súa explicación coa regra! Ensinounos as pirámides, cal era de Keops, cal a de Kefrén e cal a de Micerinos, o neto. Dentro da cartolina, varios nomes de faraóns, Tutankamón, Nefertiti, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario