Cada día algo novo! Así é como estamos vivindo estes primeiros días de proxecto. Cada día, un Pimpín trae algo novo, o que nos leva a falar dunha cousa nova, unha nova historia, unha nova aventura. Aquí tedes, os materiais que xa presentamos aos nos@s amig@s.
O venres tocoulles o turno a Hugo Paz, Brais e Daniela.
Hugo Paz falounos das súas 2 fotos, a Esfinxe e un templo dun faraón chamado Ramsés II. Xa temos para investigar.
Brais tróuxonos un papiro con Nefertiti debuxada nel. Contounos que ven do mesmo Exipto! Un amigo do seu pai regaloullo. Vaia regalazo dixo algún Pimpín! E tamén nos falou dos papiros e de que Nefertiti era a novia de Akenatón.
Daniela buscou unhas páxinas dentro do seu libro, e falounos de como se momificaban os exipcios e tamén nos debuxos vimos como se contruían as pirámides, eran os exclavos que senón traballaban eras castigados polos vixiantes. Puuuuf! Isto pareceunos tremendo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario