Hoxe comezamos unha actividade enmarcada dentro da FILOSOFÍA PARA NEN@S (creado a finais do sesenta en Estados Unidos polo profesor Matthew Lipman). Esta corrente ideolóxica, materializouse no chamado PROYECTO NORIA. O seu obxectivo é que os nen@s aprendan a pensar e a actuar considerando diferentes perspectivas, de xeito, creativo e que isto lles provoque ilusión, motivación, pracer.
Existe un inmenso traballo relacionado coa filosofía para nen@s. A profe está tratando de formarse neste ámbito e hoxe comezamos facendo a seguinte actividade relacionada coa ARTE.
- Levantámonos das sillas e sentámonos na alfombra e miramos para a PDI porque vai aparecer unha sorpresa. A ver...........que será???
- A profe, tapa unha imaxe na pantalla e vai destapándoa pouco a pouco, tapa e destapa anaquiños dela. Cando remata a música, aparece de súpeto a imaxe!!!
TACHAAAAAAAAAAAAAAAAAAN!!!
1º OBSERVAMOS
2º DIALOGAMOS:
Unha experiencia é unha situación na que alguén aprende algo. Calquera
acto educativo é unha experiencia pero, para que sexa significativa debe incorporar o razonamento e a reflexión consciente.
acto educativo é unha experiencia pero, para que sexa significativa debe incorporar o razonamento e a reflexión consciente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario