viernes, 25 de noviembre de 2016

LAND ART

 Estivemos clasificando todo o que nos enviastes ao cole. Unha vez que estivo todo colocado e organizado, sentámonos todos xuntos e fomos compoñendo algún cadriño. IMPORTANTE! Cada vez, que colliamos algo, había que dicir o seu nome. Así saíron diferentes cousiñas...



 Despois, xa por grupos, puxemos unha base, neste caso unha cartolina. A idea era facelo con terra, así sería máis un auténtico LAND ART, pero xusto empezou estes días a chover e está todiño mollado, 😩. Entón, usamos a cartolina de base para os nosos cadros. Consignas, coller cada material de un en un, e falar cos nosos compañeir@s, para xuntos ir compoñendo o cadro. 


   Unha vez rematamos, tardamos bastante tempo porque fomos amodiño, camiñando pola clase, e collendo o que a nós nos parecía que quedaba mellor no noso cadro, falando cos compis da mesa...todo leva o seu tempo! Despois, tivemos un ratiño para compoñer libremente e saíron estas cariñas! Son simpáticas, non sí??? 🙆 Pelo, ollos, nariz, boca, algunha cara con cellas, e algún de nós, quería poñer o iris e a pupila, pero iso sí que foi moi difícil conseguilo!!! 😉





jueves, 24 de noviembre de 2016

INGLÉS

   O mércores, tivemos clase de Inglés, e o profe Martín despois de traballar moitísimo dounos uns globiños, que puidemos levar para casa! Algún parece ser que estoupou pero DON´T WORRY, Martín, trouxonos máis.

Graciñas profe Martín!


PRAXIAS

   Dende fai uns días estamos facendo XIMNASIA coa BOCA! Sí, sí, tamén se pode facer. Son as chamadas PRAXIAS, que son os movementos organizados, con maior ou menos dificultade, para alcanzar un obxectivo, no noso caso, para mellorar a nosa pronunciación. 
   Cando facemos esta XIMNASIA, rímonos e pasámolo xenial, non pasa nada se non somos capaces de facelo, o importante é intentalo e practicar. Cada nen@, temos un ritmo e non todos podemos pronunciar os sons á mesma idade.
   Nós, o que facemos é adicar cada día un chisquiño, non máis de 3 min. a facer a nosa XIMNASIA, botamos unhas risas e tamén, de paso, traballamos os movementos da nosa lingua e as distintas posicións da nosa boca.
   Estas son as que estamos traballando, se queredes podedes axudarnos na casa e facelas tamén con nós. É moi divertido!






domingo, 20 de noviembre de 2016

PROFE IRIA

    O venres foi o último día da Profe Iria no noso cole. 
  Todos os nenos e nenas de Infantil, fixémoslle un regaliño en forma de debuxo para que se acorde sempre de nós! 
  Graciñas por coidarnos tanto, levarnos ao Ximnasio onde o pasamos tan ben e por ensinarnos tantas cousas estes meses!!!



Que teñas moita moita sorte! 
E recorda que tes que facernos unha visita en canto poidas!!!
Imoste botar de menos!
MIL BICOS PROFE IRIA!

jueves, 17 de noviembre de 2016

NATUREZA

   Graciñas por todas as cousas que trouxestes ao cole!!! Temos un montón de follas, pedras, paus, noces, castañas, ... temos que ir pensando en como organizar todo mellor, porque acumúlasenos todo o traballo!


    Cada Pimpín, o día que traia a súa bolsa, sacaba todo para fóra, ía colocando cada cousa dentro dunha cubeta e explicando que era. 

GUAUUUUUUUUUUUUUUUUUUU!!! 
    Mateo traballou moitísimo na casa e tróuxonos un mural cheo de follas de árbores e o seu froito! E un MOUCHO, un OURIZO e un BARCO moi orixinais! Que marabilla! E que emoción a de Mateo explicándonos como fixo todo!


ÑAM, ÑAM, ÑAM!!!
    Daniel, trouxo unhas bolsiñas con diferentes froitos secos, noces, améndoas e abelás. Estes días, se vai de volta para casa algo da merenda, é porque estamos picoteando seguido das bolsas de Dani! jijijiji! Gracias Dani!!!


   Como estamos traballando as partes da cara, aproveitamos todo o material para poñer, os ollos, o nariz, a boca, as orellas, o pelo, e tamén as cellas!!! Así nos quedou!


     Ah, tamén lle tivemos que poñer unha lingua! Listo, cunha folliña vermella apañámolo nun momentiño!😂

miércoles, 16 de noviembre de 2016

TARDE DE MAGOSTO

   Aquí tedes un vídeo coas fotos que fixemos o venres no Magosto. Tamén podedes escoitar, que ben cantan os Pimpíns acompañándose das claves musicais (non reparedes na voz da profe Silvia, que o seu non é cantar...😉).  
   Dende aquí, dar as gracias á profe Iria, que estivo con nós toda a tarde. Estivo con nós nos xogos, espelicounos as castañas e coidounos moitísimo. Tamén, ás demais profes de Infantil, por vir botarnos unha man aos de 3 anos, sempre se agradece.
   Ao profe Martín e ao profe Emilio, que xogaron con nós, e tamén botaron unha man á hora de pelar as castañas.


martes, 15 de noviembre de 2016

LÚA

   Hoxe adicamos o día á SUPERLÚA. Nada máis entrar, xa tiñamos ganas de falar da lúa...Eu vina! Eu tamén! Que grande era! Era de cor laranxa! 
  Aproveitando estas ganas de lúa, fixemos uns debuxiños. Puxemos o ceo negro, porque é de noite cando sae a lúa (neste caso cartolina negra) e a lúa branquiña e enooooooorme (cera branca).
  Aquí tedes as nosas SUPERLÚAS!!! Todas preciosas!


   Tamén lemos un conto que nos falaba da lúa. Uns animais querían saber a que sabía a lúa, así que xuntos, axudándose, lograron chegar ata ela e probala. Mmmm...a cada un sóubolle á súa comida favorita, ao rato sóubolle a queixo, ao mono a plátano, ...
   Nós pensamos... e a que saberá a lúa? As respostas foron ben variadas, jajajaja!
   Empanada, pizza, arroz, leituga e tomate, chocolate e nata, fresa, iogur! Xeniais estes Pimpíns!


   Ademais, aprendemos o que lle cantaban os animais á lúa...

Lúa, lúa, quero saber, 
a que sabes, xa dunha vez.
Dáme un cacho para probar,
non te afastes, quero xantar!!!

lunes, 14 de noviembre de 2016

SUPERLÚA

   Hoxe estivemos falando da SuperLúa que ía haber hoxe pola noite.
  Pimpíns, acordástesvos de mirar ao ceo? Espero que sí, porque está ben fermosa e grande!!!


domingo, 13 de noviembre de 2016

   Estes últimos días estivemos escoitando algunhas cancións relacionadas coa festa que tiñamos o venres, a 1ª que vedes, cortámola un pouquiño porque facíasenos moi longa. Témola gravada cantando nós e ademais acompañándoa dun instrumento musical que nos chifla! As chaves musicais! Xa veredes, xa...O vídeo estase cociñando!


                         



   E tamén estamos vendo cousiñas relacionadas co Outono. Esta canción sabémola de memoria e Peppa Pig tamén está no Outono, coma nós!!!

MAGOSTO 2016

   O venres celebramos o Magosto no cole. Fomos para o patio a xogar un pouquiño. Despois de ir de xogo en xogo, por fin, collemos as nosas cestas, sentámonos ao redor da caixa chea de castañas e a...zampaaaar!!! Algúns probámolas, outros non quixemos pero metemos unhas poucas na cesta para levar a casa para que as probara a nosa familia. 




   As boas costumes non se poden perder! Fotooo!!!
   Os Pimpíns, que xa van en 1º compartiron patio con nós, á hora de comer as castañas. Miraba para un lado, e os novos Pimpíns e miraba para o outro, e alí estaban os antigos Pimpíns... 
Aaaaaiii! Como pasa o tempo!

   Rebuscando, rebuscando, atopei o noso primeiro Magosto xuntos, no 2013! Aquí tedes o cambio! Que grandes estades agora Pimpíns! 

jueves, 10 de noviembre de 2016

MAGOSTO

   Mañán imos celebrar o MAGOSTO no cole. Pola tarde, faremos distintos xogos e despois de tanto esforzo, xa pasaremos a comer CASTAÑAS! Xa temos as nosas cestiñas listas, as nosas cancións preparadas, a ver se as gravamos para ensinárvolas e soamente queeedaaa...
PAPAR!!!


martes, 8 de noviembre de 2016

CADROS DE OUTONO

   Hoxe levamos unha notiña na mochila para pedir a axuda das nosas familias, para recolectar materiais da natureza, pedriñas, paus, follas, tamén froitos secos, porque todo isto axudaranos a traballar as características principais do Outono pero tamén nos servirá para iniciarnos no LAND ART!

  Aquí podedes ver os cadros que fixemos con follas de distintas cores e tamaños. Cada grupo, ía collendo as follas e dispoñéndoas sobre un plástico, do xeito que máis nos gustara. Iso sí, había que poñer as follas dentro do plástico, que non sairan para fóra, que quedara o máis bonito posible e aínda que había que tapar os ocos, non poñer moitas follas unhas enriba das outras, porque senón ao plastificar o cadro ía quedar regulín. Este foi o resultado!



   Aproveitamos tamén para ensinarvos con esta foto, os grupiños que fixemos no comezo de Outubro para organizarnos nas actividades que non podemos facer todos á vez. Cada grupo elixiu un animal, CARACOL, VERMIÑO, COCODRILO e LEÓN. Son os animais que máis aparecían nos contos que usamos no Periodo de Adaptación, entón, estes foron os que quixemos usar.
Caracois: Xoel, Iván e Sabela.
Vermiños: Andrea, Nicolás e Daniel.
Cocodrilos: Carlos, Uxía, Ariana e Mateo.
Leóns: Aleixo, Lucas, Xiana e Iago.

Así temos as nosas ventanas!


miércoles, 2 de noviembre de 2016

TRAZOS VERTICAIS NO OUTONO

   Xa rematado o Samaín, entramos de cheo no traballo do OUTONO, estamos a observar os cambios que se están producindo. Follas no chan, árbores que cambian de cor, xa non quenta tanto o sol, ...
   Fai varias semanas, Ariana, Uxía, Sabela e Xiana, trouxemos ao cole un montón de folliñas que atopamos no chan dando un paseo.

   













Graciñas Ariana, Uxía, Sabela e Xiana!

   Hoxe démoslle un bo uso, iniciámonos nos trazos verticais, pero para que facer raias de arriba cara abaixo sen xeito...Noooon, todo ten unha lóxica, como caen as follas? dende arriba cara...abaixo!, imitámolas coa man, co brazo, co dedo máxico (o noso índice), tirámolas ao aire para ver como facían as folliñas, ...



   Despois chegou o momento de facer trazos verticais no encerado coas tizas de cores.

  E para seguir practicando fomos para fóra onde había un gran papel esperándonos para traballar!


Quedounos así!


   E xa para finalizar a tarde de hoxe, collimos un folio e coas ceras brandas tratamos de facer máis trazos verticais imitando a caída das follas das árbores, de arriba a abaixo. Non é sinxelo, non pensedes! Aínda así, mirade, unha mostra das CORTINAS DE CORES, así lles chamamos, que fixemos hoxe!