Hoxe levamos unha notiña na mochila para pedir a axuda das nosas familias, para recolectar materiais da natureza, pedriñas, paus, follas, tamén froitos secos, porque todo isto axudaranos a traballar as características principais do Outono pero tamén nos servirá para iniciarnos no LAND ART!
Aquí podedes ver os cadros que fixemos con follas de distintas cores e tamaños. Cada grupo, ía collendo as follas e dispoñéndoas sobre un plástico, do xeito que máis nos gustara. Iso sí, había que poñer as follas dentro do plástico, que non sairan para fóra, que quedara o máis bonito posible e aínda que había que tapar os ocos, non poñer moitas follas unhas enriba das outras, porque senón ao plastificar o cadro ía quedar regulín. Este foi o resultado!
Aproveitamos tamén para ensinarvos con esta foto, os grupiños que fixemos no comezo de Outubro para organizarnos nas actividades que non podemos facer todos á vez. Cada grupo elixiu un animal, CARACOL, VERMIÑO, COCODRILO e LEÓN. Son os animais que máis aparecían nos contos que usamos no Periodo de Adaptación, entón, estes foron os que quixemos usar.
Caracois: Xoel, Iván e Sabela.
Vermiños: Andrea, Nicolás e Daniel.
Cocodrilos: Carlos, Uxía, Ariana e Mateo.
Leóns: Aleixo, Lucas, Xiana e Iago.
Así temos as nosas ventanas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario