Hoxe adicamos o día á SUPERLÚA. Nada máis entrar, xa tiñamos ganas de falar da lúa...Eu vina! Eu tamén! Que grande era! Era de cor laranxa!
Aproveitando estas ganas de lúa, fixemos uns debuxiños. Puxemos o ceo negro, porque é de noite cando sae a lúa (neste caso cartolina negra) e a lúa branquiña e enooooooorme (cera branca).
Aquí tedes as nosas SUPERLÚAS!!! Todas preciosas!
Tamén lemos un conto que nos falaba da lúa. Uns animais querían saber a que sabía a lúa, así que xuntos, axudándose, lograron chegar ata ela e probala. Mmmm...a cada un sóubolle á súa comida favorita, ao rato sóubolle a queixo, ao mono a plátano, ...
Nós pensamos... e a que saberá a lúa? As respostas foron ben variadas, jajajaja!
Empanada, pizza, arroz, leituga e tomate, chocolate e nata, fresa, iogur! Xeniais estes Pimpíns!
Ademais, aprendemos o que lle cantaban os animais á lúa...
Lúa, lúa, quero saber,
a que sabes, xa dunha vez.
Dáme un cacho para probar,
non te afastes, quero xantar!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario