domingo, 29 de enero de 2017

PREPARANDO O DÍA DA PAZ 2017

   O venres estivemos preparando o día da Paz que festexaremos este luns próximo. Faremos un LIPDUB con todo o colexio.  A nosa parte, aí a tedes no vídeo, vai en linguaxe de signos! Ademais estivemos pintando unhas estreliñas para facer un mural...mirade que caladiñ@s e que concentrad@s estamos! E logo, rematamos con movemento de corpo!!!




* Organizámonos para saír tod@s na pantalla da cámara, pero ao final algúns Pimpíns non se ven moi ben....que mágoa! E que non sabedes as que temos que argallar para saír tod@s. A cámara estaba enriba de dúas caixas, unha era pequena, 3 eran moitas, a cámara caíase, logo apagábase...aiiiiins! Temos que buscar un/unha axudante de cámara para a próxima ou pensar en algo! Puf!

viernes, 27 de enero de 2017

TRABALLO SOBRE O CONTO: UNHA MAMÁ PARA OWEN

   Xa vos contamos fai uns días que estabamos a facer uns debuxiños sobre este conto tan chulo que nos encanta. 
- Debuxar aos protagonistas con lapis e pintalos.
- Pegar a herbiña toda.
- Pintar as nubes, deixar secar, e ao día seguinte picar co noso punzón e a almofada. Estamos avanzando no picado. Fixádevos nas nubes que ben picadiñas están! 
     Levounos traballiño, bastante, pero mirade que bonito nos quedou!!!



4 anos

Felicidades XOEL!!!
   Aquí temos ao maior do grupo!!! Onte Xoel, cumpliu 4 aniños e quixo festexalo con nós. Así é que bailamos, cantamos, comemos,... Por certo, unha tarta chulísima e riquísima!!!
Graciñas Pimpín!




miércoles, 25 de enero de 2017

PREPARANDO DÍA DA PAZ

   E que faremos todos os nen@s de Infantil, xuntos no patio, caladiñ@s e movendo as mans??? Os Pimpíns, como vedes, mover, mover, non nos movemos moito pero é que estamos abraiad@s...Soamente, vos adiantamos que o día 30 deste mes celebraremos o día da Paz, cun vídeo moi chuli de todo o colexio. A nós, en infantil, tocounos a mellor parte! Linguaxe de signos!!!


EXCURSIÓNS

   Hoxe levastes unha notiña para casa na que vos contamos as dúas excursións ás que imos ir nos próximos meses. Era un segredo dende fai ben semanas! Algún Pimpín parece ser que xa contara un pouquiño na casa, pero naaaada, soamente un pouquiño! jajaja! Hoxe, cando a profe nos dou a nota para as nosas familias, dixemos: pero, nooo, que é un segredo, non o poden saber! 😂😂😂😂😂😂😂😂 Que simpátic@s!



Pois sí, imos ir ao Aquarium Finisterrae en Febreiro e en Marzo a un concerto de música organizado polo profe Emilio, que é o noso profe de Música. Ven todos os martes, á última hora da xornada, para facernos mover, bailar, cantar e rirnos moito! Pasámolo pipa con el!

   

   Imos pola mañá, as 2 excursións, e voltamos para comer pero como imos chegar tarde, temos 2 opcións:
- Comida do comedor. Se marcades esta opción, o voso fill@ ese día terá unha bolsiña coa comida que lle preparen no comedor. Non teriades que traer nada vós. Igual me adianto, non o sei, pero para que teñades unha idea, a bolsa soe traer 2 bocatas, de diferente embutido, unha botella de auga, unha froita e unha chocolatina. 
- Comida da casa. Se marcades esta opción, ese día, na mochila do voso fill@ tedes que meter un tupper co que vós queirades e IMPORTANTE, chamar ao cole para dicir que ese día non come comida do comedor! Porque senón cobraranvos o día!


* Se tedes algunha dúbida ao respecto, ou calquera problema que vos xurda, non dubidedes en falar comigo. 

MÁIS COUSAS!

   Seguimos presentando as cousas que traemos cada día ao cole aos nos@s amig@s! Se nos deixamos levar, botamos o día falando e falando...e así quen saca o traballo para diante! Quen? jajajajaja! É broma! Para nada, unha boa conversa entre tod@s, facéndonos preguntas, divagando, e deixando a nosa imaxinación voar, vale moito máis que mil fichas na mesa! 

Carlos, ensinounos este libro tan tan grande! Está cheo de animais mariños e ademais ten unhas fotos xigantes que nos chiflan! Vemos unha e outra, profe outra, e outra, e outra, e sen parar! Graciñas Carlos!

Andrea, chegou cargada de cousas! 2 libros de peixes, a ver, un en realidade díxonos Andrea que era un puzzle! Despois 2 fotos, unha tartaruga mariña e uns cabaliños de mar; 3 medusas e 3 cabaliños de mar! Namorad@s estamos tod@s dos
cabaliños de mar!💓💓💓Graciñas Andrea!


 Iván, tróuxonos un libro. Cando os Pimpíns viron a Dory e a Nemo, saiu un grito ao unísono: Neeeeeeeemooooooo!!!

Doryyyyyyyyyyyyyy!!!
Somos fans! Ademais viña tamén un mural que xa usamos para tapar un pouquiño a nosa mesa do proxecto e poñela máis chula! Graciñas Iván! 


Xiana, fixo uns peixiños coas súas irmás, usando as súas mans e pintura verde. Por certo, os demais Pimpíns tamén queremos facelos! Calquera día poñémonos a elo. Trouxo un polbo, e un libriño cunha linterna como a de Ariana! Así xa temos 2 que somos moit@s Pimpíns para tan pouca linterna! Encántannos!jejeje! Tamén nos explicou que hai animais que teñen ósos e outros que non! Aaaaaah! Interesante! Graciñas Xiana!

Iago, chegou tamén ben cargadiño ao cole! Un puzzle, un peluche foca (non hai día que non lle deamos unha apertiña. 2 libros e un xogo xeniaaal!!! Ten un montón de fichas e un boli que se acertamos, soa unha musiquiña divertida! Graciñas Iago!




Nicolás, veu cunha caixiña misteriosa. Veña bater e bater e cando a abriu! Aaaaaaaaah! Cousiñas do fondo do mar! Ameixas, caracolas, ...e uns paíños que non sabemos o que son! Así que a investigaaaar!!! e 2  puzzles, un de cubiños que nos gusta moito!                                                                                   Graciñas Nico!

Sabela, tróuxonos un polbo verde cuns ollos alucinantes! Un libriño ben cuco sobre os delfíns, e tamén nos explicou unha ficha que fixo. Contounos que hai un peixe que se chama: Peixe martillo! ooooooh, e ten un martillo na cara??? Incríble! Graciñas Sabela!

Uxía, ensinounos o seu polbo laranxa e deixounos na mesa do proxecto, un libro con centos de animais! Explicounos unha ficha ben interesante! Díxonos que os peixes están no fondo do mar, nadando na auga e que os barcos están na superficie! 
Nova palabra: superficie! Entón...os delfíns saltan á superficie do mar! Aaaah que guai! Graciñas Uxía!





lunes, 23 de enero de 2017

COUSIÑAS PARA O NOSO PROXECTO!

   Hoxe, entramos pola porta, e en vez de ir as nosas mesas, xa nos arremuiñamos tod@s xunt@s para ver o que tiñamos nas bolsas!!! Eu teño...! Eu teño...! Eu trouxen...!!! Tardamos como 15 min. en ver todo!jajaja! Xa pola tarde, adicámoslle moito máis tempo a cada cousiña. Así foi...a tarde pasounos voando e quedaron cousas sen ver! Mañán seguimoooos!!!

Ariana, ensinounos un peixe que nadaba se o metiamos na auga! Collemos unha gabeta, enchémola de auga e a nadaaar!!! Tamén, nos trouxo un libro con miles de peixes que para velos hai que iluminalos coa linterna! Graciñas Ari!



Aleixo, fíxonos xogar ao DOMINÓ! Xeniaaal! Estivemos case toda a tarde xogando con el. Aleixo explicounos que cando 1 ficha ten 2 animais iguais ponse doutro xeito diferente, como se fose de pé, en vertical claro! Graciñas Aleixo!


Lucas, fíxonos 2 debuxos. Un pensamos que era Mzee! Era igualiña á tartaruga do conto de Owen, jiji! Vimos as diferenzas entre tartaruga terrestre e tartaruga mariña. Claro que sí, sabemos moito máis do que pensamos. Graciñas Lucas.

Daniel, fíxonos unha preciosidade de polbo! Guauuuuu, dixemos os Pimpíns cando o vimos! Dani contounos que estivo o finde facéndoo que temos que ter coidado con el, que ten moitas patas e pódenos agarrar ben forte! Graciñas Dani!

Mateo, ensinounos o seu libro dos animais mariños! Ademais é táctil, que bonito! Ensinounos delfíns, tiburóns, cabaliños de mar e contounos algo que non sabiamos...A balea máis grande do mundo chámase Balea Azul! Graciñas Mateo!





Mañán...máis!!!👌

FONDO DO MAR

   Como puidestes ler na nota que foi enviada o venres, este trimestre imos traballar o FONDO DO MAR. Con calma, cando poidades, e se podedes, pedímosvos que colaboredes con nós, enviándonos calquera cousiña relacionada co proxecto. Hoxe, algún Pimpín cando viu que non traia nada, case se bota a chorar...peeeeeeero, non pasa naaaaaaada!!! Hai tempo de sobra! Non era para hoxe! jejeje! Estes Pimpíns que son moi responsables coas súas tarefas! 



   Na parte dereita do blog, teredes esta foto para que segundo se vaian publicando entradas sobre este traballo (xa que haberá outras que non estean relacionadas), as teñades todas xuntas cun solo clic que fagades enriba da foto.

jueves, 19 de enero de 2017

NOVOS GRUPOS

    Co inicio do novo trimestre, tocou cambiar de grupo para poder así compartir mesa con tod@s @s amig@s da clase. 
  No 1º trimestre decidimos organizarnos por animais, eramos leóns, cocodrilos, caracois e vermiños. Neste trimestre, como imos comezar co PROXECTO O FONDO DO MAR, pois pensamos en diferentes animales, apuntámolos no encerado e fomos escollendo cal era o que máis nos gustaba.


    Esta disposición usámola, para estar sentad@s na mesa e tamén á hora de ir aos RECUNCHOS. Así cada grupo vai a un recuncho cada día, e ao longo da semana pasa polos 4 que temos ata o de agora (cociña, pezas, puzzles/pinchos e libros/encerado). Así quedaron conformados os grupos:





   A luz non era a máis idónea para facer as fotos...saen algo movidas e escuras pero é que para que se vira a pizarra tivemos que apagar as luces...
   Por certo, esta entrada no blog é idea de ARIANA. Cando decidimos os grupos e o animal que queriamos ser, Ariana dixo: penso que podiamos sacar unhas fotos todos xuntos diante do noso animal para que os viran as nosas familias!!! 
A profe quedou abraiada coa idea de Ariana! Guaaaaaaaau! Pois dito e feito, claro que sí!!!



martes, 17 de enero de 2017

LENDO UN CONTO ATOPAMOS O NOSO PRIMEIRO PROXECTO!

      Hai libros que chegan ao corazón. Este é un deles. Este libro, sen saber moi ben o porqué, estaba posto na biblioteca da aula, pero sen pensar que este ano ía ser un dos libros que iamos ver na aula. Quizais o ano que ven, ou o seguinte... Entón, os Pimpíns, din: profe, lenos un libro dos teus, dos que están arriba (hai dous estantes, os meus propios están no superior). Vale, a ver...cal? Eseeee...o grande, o do animaliño. Profe: este...non sei...mellor elixide outro...Nooooon, eseeeeeeeeeee! Bueno, vale.
   E así foi, enganchad@s estamos a Owen e a Mzee. Ademais, é unha historia real. Sucedeu co terrible tsunami do 2004. Unha historia moi triste pero cun final inesperado e bonito. 
     






     Esta semana estamos facendo un traballiño sobre este libro... Hoxe tocou pegar a herba. Xa vos ensinaremos o resultado final. E esta semana debuxamos tanto ao hipopótamo Owen como a tartaruga Mzee. Aínda estamos pintando e montando todo o traballo. Xa o veredes.

   O que máis nos impresionou foi o da ola! Unha ola xigante! 
Ooooooooooooooooooooooh! E se aparece un tiburón e come a Owen? e se aparece unha balea? e se aparece unha medusa? Pobre Owen! Así, comezou unha conversa sobre os animais do fondo do mar...

   Polo que xa vos adiantamos en primicia, que o NOSO PRIMEIRO PROXECTO seguramente sexa sobre o FONDO DO MAR!!! 
     Pronto teredes máis detalles!




viernes, 13 de enero de 2017

3 anos

     Hoxe celebramos o cumple de Carlos! O seu cumple foi o último día do 2016, pero como estabamos de vacacións non puidemos estar con el, polo que hoxe tocou festaaaa!!!
   Comemos unha tarta riquísima e ademais Carlos quíxonos dar uns agasallos. Levámolos na mochila. Tamén nos trouxo un montón de globos, unhas cornetas e uns pitos (matasuegras) para xogar na clase! Os globos levarémolos para casa pero o demais ímolo deixar na aula para facer algunha actividade. Gracias Carlos!
 Felicidaaadeees Pimpín!!!




jueves, 12 de enero de 2017

2º TRIMESTRE

   Moi boas a tod@s!!! Canto tempo sen vernos por aquí! 
  Esta semana, está sendo moi tranquila, volvemos á rutina, estamos facendo pequenos traballiños, recordando as normas da aula, habituándonos de novo aos horarios, ...
 Para a semana, penso que teremos máis información para darvos, porque temos algo entre máns...pero aínda nada se pode dicir! Ssssssshhhhhhhh.
   


   
  Unha das cousas que estamos recordando son as nosas tarefas, en concreto, as tarefas de despois de merendar. Unha vez que rematamos, sabemos o que temos que facer.

1- Gardar o tupper e a botella na mochila e limpar a mesa (tirar as fungallas á papeleira ou quitar as manchas se nos caeu algo).
2- Ir ao espello e mirar como temos a boca e pasarlle unha toalliña.
3- Ir ao baño.
 Soamente, miramos para o encerado e alí están os debuxiños que nos recordan os 3 pasos a seguir. Moito mellor velo en debuxos, e ademais de tantas veces que o dicimos, xa nos quedou a cantinela: mesa-boca-baño. Así, imos para o recreo limpiñ@s e deixamos a clase lista e preparada para cando voltemos de xogar.