Moi boas a tod@s!!! Canto tempo sen vernos por aquí!
Esta semana, está sendo moi tranquila, volvemos á rutina, estamos facendo pequenos traballiños, recordando as normas da aula, habituándonos de novo aos horarios, ...
Para a semana, penso que teremos máis información para darvos, porque temos algo entre máns...pero aínda nada se pode dicir! Ssssssshhhhhhhh.
Unha das cousas que estamos recordando son as nosas tarefas, en concreto, as tarefas de despois de merendar. Unha vez que rematamos, sabemos o que temos que facer.
1- Gardar o tupper e a botella na mochila e limpar a mesa (tirar as fungallas á papeleira ou quitar as manchas se nos caeu algo).
2- Ir ao espello e mirar como temos a boca e pasarlle unha toalliña.
3- Ir ao baño.
Soamente, miramos para o encerado e alí están os debuxiños que nos recordan os 3 pasos a seguir. Moito mellor velo en debuxos, e ademais de tantas veces que o dicimos, xa nos quedou a cantinela: mesa-boca-baño. Así, imos para o recreo limpiñ@s e deixamos a clase lista e preparada para cando voltemos de xogar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario