martes, 17 de enero de 2017

LENDO UN CONTO ATOPAMOS O NOSO PRIMEIRO PROXECTO!

      Hai libros que chegan ao corazón. Este é un deles. Este libro, sen saber moi ben o porqué, estaba posto na biblioteca da aula, pero sen pensar que este ano ía ser un dos libros que iamos ver na aula. Quizais o ano que ven, ou o seguinte... Entón, os Pimpíns, din: profe, lenos un libro dos teus, dos que están arriba (hai dous estantes, os meus propios están no superior). Vale, a ver...cal? Eseeee...o grande, o do animaliño. Profe: este...non sei...mellor elixide outro...Nooooon, eseeeeeeeeeee! Bueno, vale.
   E así foi, enganchad@s estamos a Owen e a Mzee. Ademais, é unha historia real. Sucedeu co terrible tsunami do 2004. Unha historia moi triste pero cun final inesperado e bonito. 
     






     Esta semana estamos facendo un traballiño sobre este libro... Hoxe tocou pegar a herba. Xa vos ensinaremos o resultado final. E esta semana debuxamos tanto ao hipopótamo Owen como a tartaruga Mzee. Aínda estamos pintando e montando todo o traballo. Xa o veredes.

   O que máis nos impresionou foi o da ola! Unha ola xigante! 
Ooooooooooooooooooooooh! E se aparece un tiburón e come a Owen? e se aparece unha balea? e se aparece unha medusa? Pobre Owen! Así, comezou unha conversa sobre os animais do fondo do mar...

   Polo que xa vos adiantamos en primicia, que o NOSO PRIMEIRO PROXECTO seguramente sexa sobre o FONDO DO MAR!!! 
     Pronto teredes máis detalles!




No hay comentarios:

Publicar un comentario