Seguimos presentando as cousas que traemos cada día ao cole aos nos@s amig@s! Se nos deixamos levar, botamos o día falando e falando...e así quen saca o traballo para diante! Quen? jajajajaja! É broma! Para nada, unha boa conversa entre tod@s, facéndonos preguntas, divagando, e deixando a nosa imaxinación voar, vale moito máis que mil fichas na mesa!
Carlos, ensinounos este libro tan tan grande! Está cheo de animais mariños e ademais ten unhas fotos xigantes que nos chiflan! Vemos unha e outra, profe outra, e outra, e outra, e sen parar! Graciñas Carlos!
Andrea, chegou cargada de cousas! 2 libros de peixes, a ver, un en realidade díxonos Andrea que era un puzzle! Despois 2 fotos, unha tartaruga mariña e uns cabaliños de mar; 3 medusas e 3 cabaliños de mar! Namorad@s estamos tod@s dos
cabaliños de mar!💓💓💓Graciñas Andrea!
Iván, tróuxonos un libro. Cando os Pimpíns viron a Dory e a Nemo, saiu un grito ao unísono: Neeeeeeeemooooooo!!!
Doryyyyyyyyyyyyyy!!!
Somos fans! Ademais viña tamén un mural que xa usamos para tapar un pouquiño a nosa mesa do proxecto e poñela máis chula! Graciñas Iván!
Xiana, fixo uns peixiños coas súas irmás, usando as súas mans e pintura verde. Por certo, os demais Pimpíns tamén queremos facelos! Calquera día poñémonos a elo. Trouxo un polbo, e un libriño cunha linterna como a de Ariana! Así xa temos 2 que somos moit@s Pimpíns para tan pouca linterna! Encántannos!jejeje! Tamén nos explicou que hai animais que teñen ósos e outros que non! Aaaaaah! Interesante! Graciñas Xiana!
Iago, chegou tamén ben cargadiño ao cole! Un puzzle, un peluche foca (non hai día que non lle deamos unha apertiña. 2 libros e un xogo xeniaaal!!! Ten un montón de fichas e un boli que se acertamos, soa unha musiquiña divertida! Graciñas Iago!
Nicolás, veu cunha caixiña misteriosa. Veña bater e bater e cando a abriu! Aaaaaaaaah! Cousiñas do fondo do mar! Ameixas, caracolas, ...e uns paíños que non sabemos o que son! Así que a investigaaaar!!! e 2 puzzles, un de cubiños que nos gusta moito! Graciñas Nico!
Sabela, tróuxonos un polbo verde cuns ollos alucinantes! Un libriño ben cuco sobre os delfíns, e tamén nos explicou unha ficha que fixo. Contounos que hai un peixe que se chama: Peixe martillo! ooooooh, e ten un martillo na cara??? Incríble! Graciñas Sabela!
Uxía, ensinounos o seu polbo laranxa e deixounos na mesa do proxecto, un libro con centos de animais! Explicounos unha ficha ben interesante! Díxonos que os peixes están no fondo do mar, nadando na auga e que os barcos están na superficie!
Nova palabra: superficie! Entón...os delfíns saltan á superficie do mar! Aaaah que guai! Graciñas Uxía!
No hay comentarios:
Publicar un comentario