domingo, 25 de junio de 2017

BO VERÁN!


   Con esta foto despedimos o blog ata setembro. Desexámosvos un moi bo verán, tanto @s Pimpíns como as familias pimpinas. Un ano cheo risas e alegrías. En setembro comezamos outro curso e con el seguiremos sumando bos momentos aos xa vividos neste curso 2016-2017. 
   




@S GENE KELLY EN ACCIÓN

   O mércores foi un gran día xa que debutamos en escea!!! Tod@s subidos ao escenario do Auditorio de Cerceda, con moito moito público e os nervios a flor de pel.
   Aínda así, nada máis chegar, xa subimos ao escenario, bailamos de primeiros e veña, xa deixamos o traballiño listo para desfrutar dun festival, que estivo ben ben bonito!



   Dende aquí felicitar tamén á aula de 3 anos B, que estivemos traballando en todo momento, de maneira conxunta a coreografía e á súa profe Olga. Un éxito chic@s!!!



miércoles, 21 de junio de 2017

GRACIAS DE CORAZÓN

   GRACIAS, GRACIAS E GRACIAS, de verdade!!! Non facía falla, sabédelo, pero dende logo que volo agradezo moitísimo. O feito de esperarme alí, diante da clase, de liar o que liastes na alfombra!!! Mágoa que non teño foto dese círculo de mochilas!!! Cos nervios case nin me dou conta...pufff...
Atopar esas palabras ben fermosas enriba da mesa...emociona de verdade, que emociona. 
   Graciñas igualmente, aos que non puidestes vir, sei que tamén foi de parte de tod@s vós. 
   Xa non é o que se regala, senón o feito de que vos guste o que unha está a facer. Realmente, é o que motiva para seguir argallando cousiñas. 
   GRACIÑAS, unha vez máis. 








 

MANNEQUIN CHALLENGE

  Hoxe toca festival pero mentres  deixámosvos aquí cun video sorpresa!
  Iamos a semana pasada ensaiar ao Auditorio e antes de chegar ao paso de peóns, a profe pediunos que quedaramos quiet@s que nos quería explicar unha cousa. Non lle fixemos moito caso, entón tivo que botar un berro, tanto foi así que... Queres que quedemos quiet@s??? Tomaaaaa quiet@s, jajajajajajaaaaaa! Un mannequin challenge improvisado totalmente!!!

martes, 20 de junio de 2017

FESTIVAL ÁS 11.00h.

 Este mércores é o día do FESTIVAL. Xa sabedes, será o festival de Infantil e Primaria. O de secundaria será o xoves. 
 Mañá estades todos convidad@s a vir ata o AUDITORIO.




* Os PENDRIVES entregareinos o XOVES. 

viernes, 16 de junio de 2017

POESÍA-RAP VAN GOGH

   Sabela trouxo unha poesía que fala de Vincent Van Gogh, pouco a pouco fomos aprendéndoa e non sei o porqué, pero fomos derivando ao ritmo do rap...Cousa rara pero así foi! jajaja! Aquí tedes 2 momentos dos Pimpíns recitándoa e outra bailándoa a modo de rap. 


miércoles, 14 de junio de 2017

ÚLTIMA ENTREGA- APORTACIÓNS PIMPI-CASA (5)

   Sabela, Uxía e Xiana son auténticas expertas en Gene Kelly e nos seus musicais. Contáronnos un montón de cousas de Gene, e ademais, dixéronnos algo que xa levamos un montón de tempo dicindo, que Gene e Frank tiñan que ser amigos, pero ademais, si porque sí!!! Sí, porque é así!!! Respostas Pimpinas con orde e mandato. 
   E ademais trouxéronnos unha caixa fantásticaaaaaa!!! Especial moi especial, para saber que pasa nesa caixa mirade o vídeo.👀






martes, 13 de junio de 2017

NOITE ESTRELADA

   Analizando este cadro de Van Gogh vimos o que parece ser no primeiro plano, unha árbore grande grande. E nós xa sabemos que a Vincent gustábanlle moito as árbores e as flores, polo que unha das árbores que máis pintou foi o CIPRÉS. Así, que comezamos por pintar nós tamén un. Despois, pintamos as casiñas dun pobo...quizáis sexa Arlés onde viviu Van Gogh...
  E xa para rematar, tal e como nos explicou Uxía, os trazos de Van Gogh ás veces eran grosos, polo que coa axuda dun pincel perfilamos a lúa e con puntiños as estrelas que tanto lle gustaban a este artista.



    O noso quedou así!!! Contamos as estrelas que pintou Van Gogh e saíronnos 11 pero a verdade, é que a nós gustábanos con máis estrelas entón démoslle renda solta á nosa creatividade!!! 

*A profe ía deixar así o noso cadro, pero quería darlle un brillo, un resplandor, pero non sabía como facelo. Quizáis con rotulador, ou con pinguiñas de témpera, ...Non sabía! Ata que un Pimpín dixo, con purpurina xa che sae o brillo profe!!! Oleeeeeeeeeeeee, oleeeeeeeeeee, oleeeeeeeeeeeee! Dito e feito!!!






* Anécdota; Algún Pimpín contando ata 11 estrelas.
1...2...3...4...cando chegou a 11...mirou para o cadro e volveu, 12...13...14...15...cando chegou a 20...mirou para os compis e seguiu 21...22...cando chegou a 30, mirou para a profe e dixo: 11 xustas!!!😂😂😂👍👍👍

PARA O FESTIVAL

   Como poñía na nota que se enviou onte...precisamos que colaboredes unha vez máis traendo unhas cousiñas ao cole. Precisamos:

                              



   Deste xeito iremos tod@s igualiñ@s coa idea de parecernos o máis posible ao gran bailarín Gene Kelly!!!



jueves, 8 de junio de 2017

APORTACIÓNS PIMPI-CASA (4)

   Aquí o penúltimo vídeo das aportacións dende as nosas casas. Neste vídeo, por fin, saímos Iván e Ariana que tiñamos moitas ganas de vernos no vídeo. A profe leva dicíndonos fai xa 3 vídeos que tiñamos que ter paciencia pero...puuuuuuf que paciencia hai que ter! Moita espera foi! Perdón Pimpíns! Por fin, Ivi e Ari contamos aos amig@s o que trouxemos da casa e tamén Uxi e Sabela nos traen máis cousiñas de Van Gogh!



miércoles, 7 de junio de 2017

HAMACA, TOALLA E A VIVIR!!!

      Hoxe estivemos así, que vos parece???
    Quen vos dera a tod@s volver a Infantil, verdade??? Hamaquiña, sombreiro, unha toalliña...o sol na cara...
     Aaaaiiii! Pois nós hoxe estivemos así. Argallando algo??? Pois sí claro, que será será...??? 🙊🙊🙊


martes, 6 de junio de 2017

APORTACIÓNS DENDE AS PIMPI-CASAS (3)

    Nova entrega dos materiais que trouxestes ao cole. En breve máis! O que nos gusta vernos falar a través do vídeo é unha pasada!!! Así, tamén collemos consciencia de como falamos, as veces falamos máis alto, outras máis baixiño,... Imos analizándonos e ao vernos é moito máis sinxelo.




* Algún corte saiu mal na edición, e cortou algunha palabra. Desculpade.


lunes, 5 de junio de 2017

XOGAMOS CO DADO A TANTOS COMO...

   Avanzando xa na matemática, cando temos un oquiño libre sentámonos na alfombra a xogar un pouco. Esta vez ocorreusenos coller os dados. Os Pimpíns tiramos o dado e dependendo do que saia temos que construír unha torre de tantos cubos como nos indique o noso dado.
    Ás veces os Pimpíns xa non contamos. Simplemente, miramos o dado e xa sabemos que número é! Iso chámase SUBITIZAR.
    *Subitizar é saber o número exacto de elementos que hai sen necesidade de contar. Por exemplo, tiro o dado e saen tres puntos, xa non conto, digo ao momento: 3!!! Estou subitizando.







domingo, 4 de junio de 2017

GALIÑA AZUL DE CARLOS CASARES

   Esta semana comezamos cunha pequena idea na mente e puxémonos a estampar as nosas mans. Cada día, algo novo se nos ocurría, engadimos isto, mañá isto. Cada día desta semana fixemos algo! É un non parar! Iso sí, o venres decidimos que tiñamos que rematar sí ou sí! 
   Aquí vos deixamos unhas fotos do proceso durante a semana.
Usamos de todo: pintura, pinceis, pegamento, tesoiras, puzón e almofada, lápis, rotuladores e plastilina! Quedará algo máis??? Aínda nos queda algún oco!jejejeje!







   O resultado final...segredooooo!!! Irá nas carpetiñas dos Pimpíns...Algunha sorpresiña temos que gardar, senón xa sabedes todo...😝

APORTACIÓNS DAS PIMPI-CASAS (2)

   Segunda entrega dos materiais que viñeron das Pimpi-Casas. O venres, vimos no cole o anterior vídeo e que risa se nos escapaba cada vez que nos viamos aparecer na pantalla, a nós ou aos nos@s compis!!! Que bonitiñ@s que somos! 



viernes, 2 de junio de 2017

DANI FACENDO DE PROFESOR DE ARTE

   Daniel foi reclamado pola clase de 3 anos B para que lles explicara, por favor, o cadro LA SIESTA de Van Gogh! 
    Queres ir Dani? Sí sí. Aló foi. Colleu o seu libro e marchou a clase do lado a explicar todo o que el sabe dese cadro pintado por Van Gogh. 
   A nosa profe foi, sacoulle unha foto e voltou a clase. Dani aínda tardou un anaco ben grande en voltar acompañado pola profe Olga que nos dixo que a explicación de Dani fora espectacular!!! 
Bravo Dani, bravo!!!


*Dani concentrado buscando o cadro que tiña que explicar.


PRECISAMOS PALLA

  Gustounos tanto o cadro LA SIESTA de Van Gogh que temos unha idea na cabeza que queriamos facer para a semana. Para iso precisamos palla. Temos 2 Pimpíns que nos trouxeron xa un saquiño dela. Se tedes na casa, traede unha bolsiña. Gracias!!!


GRACIÑAS MATEO E ANDREA!

LIBROS PARA APRENDER MOITAS COUSAS

   Temos os vosos libros expostos nos estantes da clase para ir véndoos, léndoos, e analizándoos un chisquiño cada día. Sempre hai algún Pimpín, que atopa algo novo e o comparte con tod@s nós!


jueves, 1 de junio de 2017

AUTORRETRATO

   Unha das cousas que máis lle gustaba debuxar a Van Gogh eran Retratos. Debuxos do seu médico, do seu tío, ...e tamén se debuxaba así mesmo, é dicir, AUTORRETRATOS. 

  Nós decidimos pintar a Vincent, con ceras brandas, darlle un fondo de cor, mesturando rosa e branco e logo pegar enriba o autorretrato. Así quedou.




PRODUTO FINAL:


APORTACIÓNS DAS PIMPI-CASAS (1)

     Aquí a primeira entrega dos materiais das PIMPI-CASAS!!! 
   É o primeiro, a ver se acabo de subir os vídeos antes do 22 de Xuño, xa digo que non prometo nada!!! Hai minutos para estar tres días véndo@s, jeje! Iso sí, o que aprendemos os demais, escoitando ao Pimpín que nos explica algo novo, é tremendo.





   * Dende aquí unha petición á Xunta, Os Pimpíns precisamos de máis medios tecnolóxicos, unha cámara quédanos corta e pequena...precisamos máis ángulos, un micrófono, se cadra un par de trípodes tamén, ou unha webcam que transmitira xa en directo...😛😛😛😛😛😛😛😛😛😛😛😛😛😛😛😛😛😛😛😛