martes, 13 de junio de 2017

NOITE ESTRELADA

   Analizando este cadro de Van Gogh vimos o que parece ser no primeiro plano, unha árbore grande grande. E nós xa sabemos que a Vincent gustábanlle moito as árbores e as flores, polo que unha das árbores que máis pintou foi o CIPRÉS. Así, que comezamos por pintar nós tamén un. Despois, pintamos as casiñas dun pobo...quizáis sexa Arlés onde viviu Van Gogh...
  E xa para rematar, tal e como nos explicou Uxía, os trazos de Van Gogh ás veces eran grosos, polo que coa axuda dun pincel perfilamos a lúa e con puntiños as estrelas que tanto lle gustaban a este artista.



    O noso quedou así!!! Contamos as estrelas que pintou Van Gogh e saíronnos 11 pero a verdade, é que a nós gustábanos con máis estrelas entón démoslle renda solta á nosa creatividade!!! 

*A profe ía deixar así o noso cadro, pero quería darlle un brillo, un resplandor, pero non sabía como facelo. Quizáis con rotulador, ou con pinguiñas de témpera, ...Non sabía! Ata que un Pimpín dixo, con purpurina xa che sae o brillo profe!!! Oleeeeeeeeeeeee, oleeeeeeeeeee, oleeeeeeeeeeeee! Dito e feito!!!






* Anécdota; Algún Pimpín contando ata 11 estrelas.
1...2...3...4...cando chegou a 11...mirou para o cadro e volveu, 12...13...14...15...cando chegou a 20...mirou para os compis e seguiu 21...22...cando chegou a 30, mirou para a profe e dixo: 11 xustas!!!😂😂😂👍👍👍

No hay comentarios:

Publicar un comentario