lunes, 5 de junio de 2017

XOGAMOS CO DADO A TANTOS COMO...

   Avanzando xa na matemática, cando temos un oquiño libre sentámonos na alfombra a xogar un pouco. Esta vez ocorreusenos coller os dados. Os Pimpíns tiramos o dado e dependendo do que saia temos que construír unha torre de tantos cubos como nos indique o noso dado.
    Ás veces os Pimpíns xa non contamos. Simplemente, miramos o dado e xa sabemos que número é! Iso chámase SUBITIZAR.
    *Subitizar é saber o número exacto de elementos que hai sen necesidade de contar. Por exemplo, tiro o dado e saen tres puntos, xa non conto, digo ao momento: 3!!! Estou subitizando.







No hay comentarios:

Publicar un comentario