martes, 30 de enero de 2018

DÍA DA PAZ

    Hoxe pola tarde, fomos tod@s para o patio. Alí xuntámonos con tod@s os nos@s compis do cole. Para poder facer a montaxe do vídeo tivemos que facer a coreografía varias veces, primeiro cada aula separada e despois fixemos unha última toma tod@s xunt@s! Polo que bailada a canción, vai moooi bailada!😅
   Deixamos unhas instantáneas, mentras non sae o vídeo oficial!😆

  Xoel botámoste de menos!!!

   Familias Pimpinas, quero dicirvos: MOITAS GRACIAS! Por participar en todo o que se vos propón dende o centro. Non sabedes a satisfacción que sinto eu, persoalmente, cando vexo que estades ao pé do cañón. Facédelo pol@s vos@s fill@s, non cabe duda, pero tamén indica moito de vós, indica a importancia que lle dades a estes pequenos grandes momentos.
    
    Ademais, xa rematamos fai unha semana o noso ABECEDARIO DA PAZ. A idea é sacalo para fóra pero aínda o estamos pensando porque coa humidade que hai, o probable é que remate no chan e iso dá moita rabia cando os Pimpíns traballamos duro para que quedara así de chulo. Poñemos as fotos aquí por se ao final non o sacamos para fóra.


   Cada Pimpín estaba encargad@ de pintar unha letra, copiar, escribir e repasar a palabra seleccionada previamente; e facer un debuxo relacionado (neste caso as palabras eran bastante difíciles de debuxar polo que copiamos un modelo dado).

lunes, 29 de enero de 2018

URDINDO UN PIMPI-PLAN 😎

   É importante que saibades o que hoxe se tramou na ASEMBLEA. Sentad@s tod@s na alfombra, falando do tempo que facía, saiu o sol pero segue facendo frío, porque estamos en inverno, ...
   Un pimpín dixo que en Rusia tamén facía frío, outro dixo que habería que ir a velo, outra pimpina dixo que estaría xenial e ao final quedamos no seguinte, agarrádevos que veñen curvas 😂😂😂
       Profe: Rusia está moi lonxe.
      Pimpíns: Hai que ir en avión. O avión custa moito. Non temos diñeiro. Hai que aforrar. Eu teño aforrado. Eu teño cartos. Eu teño unha hucha. A miña nai ten moitos cartos. Teño diñeiro no banco. Podo pedirllo a meu pai. Penso que o meu avó deixanos algo de diñeiro. Etc, etc, etc. 😱😝. 
       Profe: E se non nos chega o diñeiro?
       Mateo: Facemos limonada e vendémola.
       Pimpíns: Síiiiiiiiii, pero cando chegue a primavera. A xente ten que ter sede. Miña nai fai limonada. Teñen que pagar se queren bebela. Co diñeiro imos a Rusia. Hai que vender moita. Teñen que pagar mil dólares. Teñen que hidratarse se fai calor.
       Profe: Penso que os vosos pais e nais non nos van deixar ir.
     Pimpíns: Teñen que vir os pais. Nós sós non podemos. Eu vou con mamá. Eu vou con papá. Poden vir os dous. Non, somos moitos. A miña mamá ten que traballar. Os meus pais non sei se poderán vir. Eu se non vai miña nai non quero ir. 
     Daniel: Profe, e que eu non quero ir a Rusia. Quedo aquí, vale? 
    Pimpíns: Dani, pois tes que coidar da clase vale? Que está o cadro de Wassily e os nosos materiais.
        
     Finalmente, un aplauso enorme da emoción estoupou na nosa clase, caras de risa e saltos de alegría! A profe non daba crédito, é máis, non soubo nin que responder, bueno sí, dixo...a traballar!!! E aí quedou o conto! 😂😂😂 
       Tereivos informad@s por se temos que ir tirando de aforros e ir facendo as maletas! 😂😂😂🙈🙈🙈

ELOY E KANDINSKY

    Eloy fíxonos un mural cheo de información. Fixo a súa propia versión do cadro "Estudio de color con cuadros" ao que nós lle chamamos Círculos concéntricos. Wassily poñialle cada título aos seus cadrooos....aaaaaaaaaai! jijiji! E pegou tamén unhas fotos dalgúns dos seus cadros. Chamounos moito a atención iso de Composición Nº7 e Composición Nº8. E por que lle poría números aos seus cadros? Para non perdelos dixo unha pimpina! Pode ser...E por que lle chama composición? Que é unha composición? Algo máis para investigar! Acumúlanse as investigacións! 😅😅😅


ARIANA E KANDINSKY

   Ariana fixo un LIBRO!!! Guauuu! Canto traballo e que ben nos ven para a nosa biblio!!! Graciñas Ari! Ariana díxonos que Wassily naceu en Rusia e que morreu en Francia, concretamente en París. Fíxose o silencio...aaaiii, entón Wassily está morto...xa non pinta. Algún pimpín dixo que xa lle parecía, que algo oira na súa casa, ...Ains por sí que é unha mágoa porque xa non pode pintar eses cadros tan fermosos. Ariana ensiunos tamén varios cadros, algúns REALISTAS e outros ABSTRACTOS...Uiiiiiiiii que será iso da ARTE ABSTRACTA! Interesante! Haberá que investigar!!!

NICOLÁS E KANDINSKY

   Nico fíxonos un mural de Kandinsky, co seu nome, coa súa foto, co lugar no que naceu e co que máis lle gustaba que tal e como nos dixo Nico era facer cadros. Cada vez xa imos coñecendo máis e máis cadros de Wassily. Chamounos a atención ese edificio de Rusia...e que será? Mañá faremos unha búsqueda a ver se atopamos algo.


    As Matrioskas seguen encantándonos. No recuncho temos varias e os Pimpíns seguimos colléndoas e tratando de dicir os seus nomes tan difíciles! Esta vez Nicolás trouxonos 7 e para todas xa non temos nomes! 😂😂😂


domingo, 28 de enero de 2018

UXÍA, SABELA E XIANA E KANDINSKY

   Abraiad@s quedamos ao ver o que nos trouxeron as nosas amigas Uxía, Sabela e Xiana. Un cadro para poder xogar!!! Foi o primeiro que exclamaron ao entrar na aula. A verdade, non entendemos moito a que se referían. Sacaron o seguinte da bolsa e as nosas caras 😯😯😯 e xa entendimos o xogo!!! O cadro dos cadrados con círculos concéntricos feitos en feltro e pegados con velcro para poder ir combinándoos como nós queiramos e así construír o noso propio cadro! Xeniaaal!!!


   Despois tamén nos explicaron que Kandinsky pintou unha obra chamada AMARILLO ROJO y AZUL e ensináronnos unha foto para que souberamos como é e despois mostráronnos as súas versións! Todas xeniais e dignas dunhas auténticas artistas do pincel. Ademais tamén firmaron cadansúa obra como facía Wassily.




MATEO E KANDINSKY

   Mateo debuxounos unha obra de arte de Kandinsky chamada VARIOS CÍRCULOS. Mateo contounos que o fixo sobre un LENZO. Parece ser que Wassily tamén a usaba para pintar porque é unha tea que serve para iso. Miramos o cadro de Verde Sólido e sí!!! Tamén está feito sobre un lenzo! Guau!
     Os círculos tan perfectos díxonos que lle axudara a súa nai, que os facía perfectos perfectos, e logo el xa os pintou porque iso sáelle xenial. Sí, sí, concordamos 100% está xenial!!!

sábado, 27 de enero de 2018

5 anos

     5 anooooooooooooooooos!!! Que locura!!! Como pasa o tempo. O maior do grupo, o noso amigo Xoel, onte cumpliu xa 5 aniños!!! Parabéns pimpín!!! Comemos un biscoito ben grande, tivemos que darlle outra voltiña pola tarde, pola mañá non o demos rematado, jajaja! E tamén tivemos unhas bolsas de gusanitos que nos trouxo Xoel, polo que despois tivemos que bailar e bailar para baixar todo o bandullo!!! 😋😋😋

Parabéns Xoel!!!

   Tamén nos quixo dar un agasallo a tod@s @s compis de clase. Moitas gracias Pimpín!!!


viernes, 26 de enero de 2018

DENDE MÚNICH

E sabedes que nos chegou un cadro de Kandinsky a clase???????????

   Contámosvos...Temos un contacto, un investigador chamado Howard Carter. Xa visitou o cole fai uns anos, é un vello amigo. A irmá de Iago, Alexandra puido coñecelo👍 Ese día veu falarnos dos descubrimentos que realizou na tumba de Tutankamón, xa que é un exiptólogo famoso. 

    Este día non puido vir ao cole...pero...xusto estaba en Múnich!!! Que coincidencia! Onde hai un museo con moitos cadros de Kandinsky. A profe Estévez, rapidamente o chamou, e pediulle que nos mandara un cadro, xa que os nenos e nenas de 4 anos estabamos a investigar a Kandinsky. 
      O cadro é este: VERDE SÓLIDO.

     O martes chegou o cadro en avión a Alvedro, dentro dunha caixa forte e custodiada por 2 gardas de seguridade. Trouxeron ao cole a caixa forte e alí a abriron. Non puidemos velo porque ninguén pode saber o código.
      Finalmente, chegou á nosa clase! Aiiiiiii que cariñas, aaaiiiiiii que nervios. Xiana tapaba a cara, porque lle parece demasiado valioso para estar na nosa clase. Certo, toda a razón do mundo! Non podemos manchalo, nin tocalo moito, xa que é fráxil (palabra que tardou en saír, difícil, pero saiu ao final, algo que rompe con facilidade). 



DÍA DA PAZ


   O vindeiro martes, día 30 de Xaneiro, Día da Paz, xuntarémonos de novo para cantar unha canción. Para ese día, tal e como xa levamos para casa @s Pimpíns, pedímosvos que peguedes nunha camiseta branca, a pombiña que vos ía debuxada. A clase de 4anos tocounos a pombiña azul, de aí o anaco de aironfix azul. 
  
    Ese día, deben vir coa camiseta xa posta. Aínda que por riba, veñan cun xersei, non vos preocupedes que se quitan os xerseis para a canción e despois póñense de novo. Iso sí, a camiseta ten que vir xa posta ese día da casa. Graciñas unha vez máis por colaborar co cole!👍👍👍 Estamos pillándolle o gustiño a iso de xuntarnos de vez en cando tod@s e facer cousiñas xuntas.👋👋👋



Camiseta de manga curta, ou manga longa, ou cuello cisne, ou en pico. Dá o mesmo, a cuestión é que sexa branca, nada máis. E se tedes unha camiseta branca pero con algún tipo de debuxo por diante ou por detrás, para que non se vexa podedes darlle a volta, o de fóra cara dentro e camiseta branca, lista. 👌 

jueves, 25 de enero de 2018

ANDREA E KANDINSKY

  Andrea ensinounos 2 cartolinas. Unha co nome do pintor a investigar e cunhas miniaturas dos cadros que máis lle gustan, entre eles Cielo Azul e Blando duro.
   Tamén fixo o cadro dos Círculos Concéntricos que tanto nos gusta a tod@s!!!



* Anécdota: Hoxe veu un profe a clase, e preguntounos que estabamos a facer (estabamos decorando o marco dun puzzle de Kandinsky). 
   Dani di: Estamos con Wassily. O profe...aaah, pero quen é Wassily? Un amigo? E tod@s os Pimpíns, cun tono algo enfurruñado e levantando bastante a voz: KANDINSKYYYYYYYYY!!! E o profe: vale, vale, perdoade, é que por Wassily non coñecía a ninguén! 😂😂😂 Conclusión, Wassily xa é un máis. Kandinsky é máis de artista, nós xa en confianza, Wassily. 😎

domingo, 21 de enero de 2018

DANIEL E KANDINSKY

   Daniel ensinounos un retrato de Kandinsky. Nese retrato aparece fumando en pipa, os Pimpíns botámonos a rir, seica é moi gracioso o de fumar en pipa 😆. Que é un retrato? Un debuxo dunha persoa, adiantáronse a dicir algúns Pimpíns. Interesante o do retrato...Haberá que argallar algo pois👍 


    E tamén nos fixo un cadro de CÍRCULOS CONCÉNTRICOS, coa técnica que tanto lle gustaba usar a Wassily.

MATRIOSKAS

    Iván tamén quixo ensinarnos as súas MATRIOSKAS. Preciosas por certo! Un azul moi bonito. Xa estamos avisados de que tampouco se poden perder porque son da súa nai. Vale...teremos moito coidado!
   
GRACIAS PIMPÍN!!!

miércoles, 17 de enero de 2018

PARTICIPAMOS NO MURAL DA PAZ

   O xoves pasado pola tarde estivemos coa profe Bea Estévez facendo un traballo superchulo. O venres cando chegamos ao cole fomos directos para a alfombra para facer a nosa asemblea e...como a profe estaba sentada de costas ao traballo que fixeramos o xoves pola tarde e non o vira pois...démoslle unha SORPRESA. 
   Foi espontáneo todo!!! A profe empeza a ver caras  e xestos entre nós de que algo estamos tramando, jajaja!!! Que pasa??? Di a profe. E di Xoel: Profe, témosche unha sorpresa!!! Síiiiiiiiiiii, dicimos tod@s. 
   Mandámoslle pechar os ollos á profe, e contámoslle ata 3 e TACHÁAAN!!! SORPRESA!!!
    Cando a profe mirou para atrás, ALUCINOU! Que chulo! E que ben pintado todo! 
    Esta é a parte do mural que nos tocou facer á nosa aula. 


    Esta semana xuntamos todos os traballos dos nenos e nenas de Infantil e foi incríble o bonito que nos quedou o mural da PAZ!!! Aquí, no resultado final, podemos ver a de marabillas que podemos facer cando traballamos tod@s xunt@s, xunt@s é todo máis fácil de facer e coa suma dos esforzos de tod@s nós, as cousas quedan preciosas!!! 

   
   Aínda non está rematado. Xa poremos a foto final. Falta facerlle un borde bonito e colgalo na entrada de Infantil para que se vexa que os peques do cole traballan moito moitísimo!!!
   

lunes, 15 de enero de 2018

NOVO PROXECTO

NESTE TRIMESTRE, IMOS INVESTIGAR A...

TACHÁAAAAAAAAAAAN!!!



   Hoxe xa buscamos onde está RUSIA porque era unha dúbida que tiñamos dende que oímos falar das MATRIOSKAS, e xa que estabamos co Google Maps buscamos onde viven os Koalas e os canguros, en Australia.

ABECEDARIO DA PAZ

    O venres pasado buscamos palabras por G, H, I e J. 
  O H foi cunha pista porque era ben difícil...a profe dixo...cando unha persoa é moi graciosa, moi simpática, que ten? Moito que?    Et voilà...xa saiu HUMOR!
    Inocente e Justicia, saíron acordándonos dos Superheroes, que salvan inocentes e o que máis lles gusta, que haxa JUSTICIA no mundo, por iso formaron a Liga de la JUSTICIA.


      Hoxe rematamos xa coas letras que nos tocan a nós. Da letra O en diante xa é traballo dos nosos compis de B. Aquí vos deixamos as palabras por L, M, N e Ñ. Foron as máis difíciles.


    Esta é a nosa listaxe. Agora cada un de nós, vai escribir unha palabra destas e facer un debuxo que represente dita palabra. 


MATRIOSKAS

   Hoxe Aleixo tamén nos quixo traer unhas MATRIOSKAS. Contounos que son da súa madriña, que llas prestou para traer ao cole, que as temos que coidar porque hai que devolvelas. Hai que ter moito coidado con KA xa que é moi moi pequeniño.

Gracias Pimpín!!!

viernes, 12 de enero de 2018

4 ANOS

   Hoxe festexamos o cumple de CARLOS!!! Felicidades Pimpín! Xa que non puidemos estar contigo o día do teu cumple, hoxe fixemos unha mini-festa para celebralo por todo o alto. Ademais, tivemos unha tarta riquísima e o mellor de todo é que era dos PJMASKS!!! Guauuuuuuuuuuuu!!! 

Parabéns Carlos!!!

   Carlos tamén nos quixo traer uns agasallos! Gracias Pimpín!!!


jueves, 11 de enero de 2018

A INVESTIGAAAR!!! 👀🔍🔍🔍

    Ao entrar na aula, varios Pimpíns dixeron que as súas familias non atoparan no google ao noso pintor de Rusia. Entón, pensamos en facer unha nota para casa con palabras clave. 
    Collimos un folio, rotuladores finos e a construír a nota! Temos que pensar que todo ten que coller na nota, que temos que calcular espazo e tamaño da letra. A referencia témola no encerado que a profe tamén o escribe e nós imos copiando e facendo ao mesmo tempo pero...hai que ir con coidadiño. Así quedaron de estupendas! Agora o traballo é voso, 😎🙈🙈🙈





ABECEDARIO DA PAZ

   Ao comezo de cada mes, sempre falamos das festas, cumpleanos, saídas, eventos en xeral, dese mes. Neste caso, en xaneiro, atopámonos co DÍA DA PAZ, polo que imos preparar un abecedario da Paz xunto cos nenos e nenas da clase de 4 anos B. Repartimos o abecedario en 2. A nós tocáronnos estas letras...

   
   Temos que buscar, entre tod@s, unha palabra ben bonita por cada unha das letras do abecedario que nos tocaron. Hoxe adicámoslle a asemblea a buscar por A, por B, por C, por D, por E, por F e no G paramos porque por G, non nos sae ningunha😓😓😓 Estamos a facer o Abecedario da paz en castelán, importante saber este dato.


   Por A, estaba clarísimo, nada máis preguntar, ao unísono, case todos os Pimpíns dixeron AMOR!!! 
     Sáennos moitas palabras, pero algunhas bonitas, bonitas, de paz e de amor non son! jijiji! Todo se complica...as que vedes tachadas son as palabras que non valen para poñer nun abecedario de paz. 
     Por G, dixemos Gato, pero como palabra bonita non nos gustou, entón unha pimpina dixo...pois gato rosa! Así, xa é máis chulo, tes razón! 😅😆😅 


    Aquí vedes as palabras elixidas finalmente, escritas polo noso encargado Aleixo, sacando as letras da súa cabeciña. Guau!!! Ademais, ensinounos a súa SuperPulseira de SuperHeroe porque o outro día tuvo un pequeno percance, e portouse como un valente. 

R de Rusia

  Esta semana, xa vos contamos que estamos a falar das MATRIOSKAS rusas. Rusas??? 
- Se son rusas, de que país son?
- De Rusa.
- Aiiiins, case. Imos ler e adiviñalo nós mesm@s. Escribe a profe na pizarra...
RUSIA 

Rrrrrrrrrrrrrrr...uuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu! 
(Pouco  a pouco saiu a primeira sílaba RU!)
Sssssssssssssssss...iiiiiiiiiiiiiiiiii...ssssssssssssssss...iiiiiiiiiiiiiiiiiiiii...(Nada, non saía. Axudou a profe. SI! Xa temos a segunda!)
(A última letra sabémola)
AAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA!
(Ok, agora xuntamos todo!) 
Ruuuuuuuuuuuuuuuu Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii Aaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!
RUSIA!!!

Ademais, encántanos a letra K porque é a de koala, a de karate pero tamén a ten a MatrionusKa!!!


Penso que o K e Rusia 
van ser as claves do noso próximo proxecto!!! Aaaaaaaah! Alguén adiviña???

K+RUSIA=?

miércoles, 10 de enero de 2018

QUE É UNHA MATRIOSKA???

   Nós tamén queriamos ter unhas bonecas como as do conto da biblio! Pensamos en pedirllas ao grupo de Biblio, que levaron unhas para o conto pero...Sabela, Uxía e Xiana trouxeron unhas MATRIOSKAS!!! GRACIAS!!! Hoxe, no xogo por recunchos, foi o xogo máis solicitado! 


   Aprendemos que as Matrioskas están ocas por dentro, están feitas de madeira e un experto en pintura, decóraas moi bonitas con flores, case sempre. O nome da grande é Matrionuska, dentro dela está Trionuska, dentro está Onuska, dentro Nuska e finalmente, atópase Ka. 

PRIMEIRA SEMANA DO ANO!

   Boas a tod@s! Xa estamos de volta das vacacións! Das longas vacacións! Aiii, como costa comezar de novo, coller ritmo e por enriba, empezar en luns! 
  O luns, nada máis entrar, o primeiro que fixo Eloy foi poñerse de encargado e dicir, tócame a min eh, que me acordo, sí sí!!! 😂😂😂😂😂😂😂 (A profe non ía facer as rutinas de asemblea, soamente iamos ter un faladoiro entre tod@s pero...nono, houbo que facela porque lle tocaba a Eloy, e iso do encargado é sagrado!). 
   
     Estes días estamos a recordar o CONTO que nos narraron e dramatizaron o equipo de Biblioteca (Olga, María Raña, Vanesa, Eugenia e Juan) o último día de clase do 2017. Un conto sobre as bonecas tradicionais rusas, as MATRIOSKAS.


    Fixemos un pequeno recordatorio deste conto e ademais construímos unha pequena matrioska, a máis grande, a primeira delas, a Matrionuska.

   Foi unha composición feita polos Pimpíns. Tiveron que picar o corpo, o pelo, a cara, e a pañoleta e o mandil. Pintalo e despois pegar as súas partes enriba do corpo. Pegar nun folio e escribir o nome e repasalo. Así quedaron de chulis!