O xoves pasado pola tarde estivemos coa profe Bea Estévez facendo un traballo superchulo. O venres cando chegamos ao cole fomos directos para a alfombra para facer a nosa asemblea e...como a profe estaba sentada de costas ao traballo que fixeramos o xoves pola tarde e non o vira pois...démoslle unha SORPRESA.
Foi espontáneo todo!!! A profe empeza a ver caras e xestos entre nós de que algo estamos tramando, jajaja!!! Que pasa??? Di a profe. E di Xoel: Profe, témosche unha sorpresa!!! Síiiiiiiiiiii, dicimos tod@s.
Mandámoslle pechar os ollos á profe, e contámoslle ata 3 e TACHÁAAN!!! SORPRESA!!!
Cando a profe mirou para atrás, ALUCINOU! Que chulo! E que ben pintado todo!
Esta é a parte do mural que nos tocou facer á nosa aula.
Esta semana xuntamos todos os traballos dos nenos e nenas de Infantil e foi incríble o bonito que nos quedou o mural da PAZ!!! Aquí, no resultado final, podemos ver a de marabillas que podemos facer cando traballamos tod@s xunt@s, xunt@s é todo máis fácil de facer e coa suma dos esforzos de tod@s nós, as cousas quedan preciosas!!!
Aínda non está rematado. Xa poremos a foto final. Falta facerlle un borde bonito e colgalo na entrada de Infantil para que se vexa que os peques do cole traballan moito moitísimo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario