É importante que saibades o que hoxe se tramou na ASEMBLEA. Sentad@s tod@s na alfombra, falando do tempo que facía, saiu o sol pero segue facendo frío, porque estamos en inverno, ...
Un pimpín dixo que en Rusia tamén facía frío, outro dixo que habería que ir a velo, outra pimpina dixo que estaría xenial e ao final quedamos no seguinte, agarrádevos que veñen curvas 😂😂😂
Profe: Rusia está moi lonxe.
Pimpíns: Hai que ir en avión. O avión custa moito. Non temos diñeiro. Hai que aforrar. Eu teño aforrado. Eu teño cartos. Eu teño unha hucha. A miña nai ten moitos cartos. Teño diñeiro no banco. Podo pedirllo a meu pai. Penso que o meu avó deixanos algo de diñeiro. Etc, etc, etc. 😱😝.
Profe: E se non nos chega o diñeiro?
Mateo: Facemos limonada e vendémola.
Pimpíns: Síiiiiiiiii, pero cando chegue a primavera. A xente ten que ter sede. Miña nai fai limonada. Teñen que pagar se queren bebela. Co diñeiro imos a Rusia. Hai que vender moita. Teñen que pagar mil dólares. Teñen que hidratarse se fai calor.
Profe: Penso que os vosos pais e nais non nos van deixar ir.
Pimpíns: Teñen que vir os pais. Nós sós non podemos. Eu vou con mamá. Eu vou con papá. Poden vir os dous. Non, somos moitos. A miña mamá ten que traballar. Os meus pais non sei se poderán vir. Eu se non vai miña nai non quero ir.
Daniel: Profe, e que eu non quero ir a Rusia. Quedo aquí, vale?
Pimpíns: Dani, pois tes que coidar da clase vale? Que está o cadro de Wassily e os nosos materiais.
Finalmente, un aplauso enorme da emoción estoupou na nosa clase, caras de risa e saltos de alegría! A profe non daba crédito, é máis, non soubo nin que responder, bueno sí, dixo...a traballar!!! E aí quedou o conto! 😂😂😂
Tereivos informad@s por se temos que ir tirando de aforros e ir facendo as maletas! 😂😂😂🙈🙈🙈
Tereivos informad@s por se temos que ir tirando de aforros e ir facendo as maletas! 😂😂😂🙈🙈🙈
No hay comentarios:
Publicar un comentario