Hoxe pola tarde, fomos tod@s para o patio. Alí xuntámonos con tod@s os nos@s compis do cole. Para poder facer a montaxe do vídeo tivemos que facer a coreografía varias veces, primeiro cada aula separada e despois fixemos unha última toma tod@s xunt@s! Polo que bailada a canción, vai moooi bailada!😅
Deixamos unhas instantáneas, mentras non sae o vídeo oficial!😆
Familias Pimpinas, quero dicirvos: MOITAS GRACIAS! Por participar en todo o que se vos propón dende o centro. Non sabedes a satisfacción que sinto eu, persoalmente, cando vexo que estades ao pé do cañón. Facédelo pol@s vos@s fill@s, non cabe duda, pero tamén indica moito de vós, indica a importancia que lle dades a estes pequenos grandes momentos.
Ademais, xa rematamos fai unha semana o noso ABECEDARIO DA PAZ. A idea é sacalo para fóra pero aínda o estamos pensando porque coa humidade que hai, o probable é que remate no chan e iso dá moita rabia cando os Pimpíns traballamos duro para que quedara así de chulo. Poñemos as fotos aquí por se ao final non o sacamos para fóra.
Cada Pimpín estaba encargad@ de pintar unha letra, copiar, escribir e repasar a palabra seleccionada previamente; e facer un debuxo relacionado (neste caso as palabras eran bastante difíciles de debuxar polo que copiamos un modelo dado).
No hay comentarios:
Publicar un comentario