domingo, 22 de junio de 2014

MIX DO VERÁN

   Aquí tedes a actuación dos Pimpíns! Esta non é a oficial do venres pero foi o último ensaio. Faltounos Mario pero menos mal que bailou con nós o venres e así a súa familia tamén puido ver o ben que o fixo.
   Como vedes cada vez temos menos vergonza e xa dende 3 aniños ímonos acostumando a facer cousas en público...algo que costa bastante pero que como sempre os Pimpíns o fixeron fenomenal.
   Tamén dende aquí dicir que estivemos moi contentos compartindo todos os ensaios, as risas, os grandes momentos cos nos@ amig@s de 4 anos e tamén coa súa profe Silvia que estivo en todo momento axudándonos e pendiente de cada cousa para que todo saira xenial. A metade do ben que saiu todo, polo menos, foi grazas a ela por non dicir máis...Bicos profe Silvia e compis de 4 anos.


                     

domingo, 15 de junio de 2014

MUSEO DE BELAS ARTES

   A finais do mes de maio fomos, por fiiiiin, ao Museo de Belas Artes. Cando vimos algúns dos cadros traballados na aula quedamos moi sorprendid@s!!! Incríble! Estaban alí, diante dos nosos ollos. Tivemos que dividirnos porque eramos moit@s. Os Pimpíns máis uns pouquiñ@s de 4 anos fomos con Jose, o noso guía. Que ben nos explicou os cadros Jose!!! Sempre cunha historia detrás de cada un deles.
   Ao rematar fomos comer e a mágoa foi que non puidemos facelo tod@s xuntos xa que non colliamos na mesma mesa...pero non pasou nada, uns foron coa profe Eugenia e unha vez que rematamos de comer xa xogamos tod@s xunt@s!!!
 Aquí podedes ver o ben que o pasamos e todo o que aprendemos! Xa temos un pouco de nostalxia vendo o vídeo porque isto estase rematando...Cantos momentos vividos! Ainsssss...pero para o ano máiiiiis!!!

                               

Dende aquí moitas grazas a toda a xente que traballa no Museo de Belas Artes e sobretodo ao noso guía Jose.

jueves, 12 de junio de 2014

MOITO TRABALLO...

   Os Pimpíns últimamente no damos feito con todo o que temos que traballar. A profe está todo o día: agora a rematar isto...agora hai que facer esta tarefa...despois temos que ir a...máis tarde tócanos falar de...TODO O DÍA ASÍ! jajajaja...Temos que rematar todo o traballo para poder levalo ás nosas casas...Hai cousiñas que as comezamos ao principio do curso e que aínda estamos a traballar nelas xa que é un traballo das estacións, polo que agora estamos co verán...Ai! Que cansadiñ@s...

OUTONO

INVERNO

 PRIMAVERA

VERÁN

   Tamén estamos a preparar as bolsiñas dos traballos...outro día faremos un adianto de como está quedando...soamente adiantarvos que estamos pintando con corchos!!! sí sí! con corchos das botellas de viño...jajajajajaja!!! Familias, preguntádenos a nós que seguro que vos explicamos xenial o que facemos cos corchos...está quedando moi chulooooo!!!

miércoles, 11 de junio de 2014

AVISOS IMPORTANTES

   Como xa sabedes, hoxe os Pimpíns levaron unha nota para casa, podedes facervos con todas as fotos que fixemos durante este curso escolar 2013-2014. Soamente tedes que traer ao cole un PENDRIVE, unha memoria USB. Importante:


- Ten que traer o nome do nen@ marcado.
- Mínimo debe ter de capacidade 16 GB.
- O último día que se entregarán as memorias para levar para casa será o Xoves 19, polo que ten que estar no cole varios días antes.

* Senón tedes a man ningún pen ou preferides non andar todos a voltas, sempre podedes traer un pen nada máis entre varias familias e despois ir deixándovos o pen uns a outros con máis tranquilidade...iso queda á vosa elección.

   Hoxe os Pimpíns fixemos unha estimación aproximada das fotos que podería haber no ordenador da profe e calculamos...así a ollo....unhas CORENTAAAAA MIIIIIIIIIIIL!!! jajajajajaja!!! 

A FAMILIA SEGUE AUMENTANDO

    Onte tocoulle ser o encargado a Hugo Paz. Xa fai uns días que naceu a súa irmá pero como hoxe era o encargado contounos máis cousiñas de Nerea. Dende aquí FELICIDADES FAMILIA!!!.
   Ao igual que o fixo Mateo fai uns días, Hugo tamén nos quixo dicir como é o nome da súa irmá. Díxonos que empeza por N, igual que Noemí, e que ten moitas E, jajaja!!! Hugo escribiu o nome na pizarra e deletrouno: N-E-R-E-A. Aquí tedes o nome de Nerea escrito polo seu irmán maior!!!
  Xa aproveitamos para contarvos que Os Pimpíns, xa sabemos o que é deletrear, dicir as letras dunha palabra, pero non a letra nada máis senón o SON, é moi importante aprender como soan. Xa vos ensinaremos como facemos o son das letras para que nos axudedes na casa porque nós deletreamos os días da semana e o encargado escribe todos os días unha palabra na pizarra deletreada pola profe. É moi difícil porque hai que escoitar atentamente o son e logo pensar coa cabeciña a ver a que letra corresponde e finalmente escribila...pufff que difícil pero pouco a pouco conseguímolo!!! 

domingo, 8 de junio de 2014

Seguimos con MIRÓ

    Temos un armario na clase que é o armario onde a profe ten gardadas as súas cousas, que estaba un pouco soso, un pelín aburrido...con ese gris....Entón decidimos darlle algo de cor! Que cor lle poñemos??? A cor de Miróoooo, dixeron os Pimpíns. Moi ben, pois mans a obra!!! A traballar!

   Os Pimpins puxéronse a picar varias das figuras que máis lle gustaba debuxar a Miró: estrelas, corazóns, pintas de auga, círculos, cadrados e lúas. Unha vez que rematamos de picalas soamente nos quedou pegalas no armario e LISTO!!! Xa temos un armario Miró!!!

              


A FAMILIA DOS PIMPÍNS AUMENTA

    Ola a to@s!!! Fai unhas semanas, naceu a irmá de Mateo, Mencía. Dende aquí FELICIDADES FAMILIA!!! O día que lle tocou a Mateo ser o encargado falounos da pequena. Díxonos que o seu nome empezaba tamén por M, igual que Mateo. Entón propuxémoslle que nos escribira na pizarra o seu nome...Dito e feito, escribiuno e ademais tamén o deletrou...M-E-N-C-Í con vitamina-A. Aquí tedes o nome de Mencía escrito polo seu irmán maior!!!


martes, 3 de junio de 2014

Traballando MIRÓ

   Xa levamos uns meses con Joan Miró. Deixámosvos un adianto dos traballos que fixemos de dous cadros seus: AUTORRETRATO E SERIE AZUL.

   Autorretrato foi un dos cadros que primeiro chegou a nós polo que nos puxemos mans á obra para tratar de facer o mesmo que fixo Miró no seu taller. Este cadro resúltanos moi curioso porque Miró esqueceuse de moitas cousas...nariz, orellas, boca, pescozo,...Nós xa sabemos debuxar todas as partes do corpo pero por uns intres tamén nos olvidamos de facelo para copiar a Miró.

1- O fondo do cadro recordábanos á cor dourada polo que cubrimos unha cartolina con témpera de cor dourada.
2- Debuxamos co rotulador negro.
3- Pintamos con témpera de cores os puntiños que tanto lle gustan a Miró.



   SERIE AZUL é un conxunto de cadros que realizou Miró cun fondo común a todos de cor azul. O libro que nos trouxo Mateo ten un deles como portada. Gustounos tanto que decidimos buscar a ver que era ese cadro...Despois de mirar os 3 detidamente, quixemos facer o "dos puntiños". Aquí tedes o resultado...

1- Facer boliñas coa plastilina azul e un churro coa vermella.
2- Botar cola na cartolina azul e pegar todo ben para que non caia.


  Estes cadros estiveron decorando a nosa aula...unha vez que facemos un retirámolo para colgar as nosas novas obras de arte...en breves...veredes a que temos agora na clase...PEZ CANTANDO...e ademáis un armario reconvertido en ARMARIO DE MIRÓ...chulo chuloooo!!!