domingo, 15 de junio de 2014

MUSEO DE BELAS ARTES

   A finais do mes de maio fomos, por fiiiiin, ao Museo de Belas Artes. Cando vimos algúns dos cadros traballados na aula quedamos moi sorprendid@s!!! Incríble! Estaban alí, diante dos nosos ollos. Tivemos que dividirnos porque eramos moit@s. Os Pimpíns máis uns pouquiñ@s de 4 anos fomos con Jose, o noso guía. Que ben nos explicou os cadros Jose!!! Sempre cunha historia detrás de cada un deles.
   Ao rematar fomos comer e a mágoa foi que non puidemos facelo tod@s xuntos xa que non colliamos na mesma mesa...pero non pasou nada, uns foron coa profe Eugenia e unha vez que rematamos de comer xa xogamos tod@s xunt@s!!!
 Aquí podedes ver o ben que o pasamos e todo o que aprendemos! Xa temos un pouco de nostalxia vendo o vídeo porque isto estase rematando...Cantos momentos vividos! Ainsssss...pero para o ano máiiiiis!!!

                               

Dende aquí moitas grazas a toda a xente que traballa no Museo de Belas Artes e sobretodo ao noso guía Jose.

No hay comentarios:

Publicar un comentario