Onte tocoulle ser o encargado a Hugo Paz. Xa fai uns días que naceu a súa irmá pero como hoxe era o encargado contounos máis cousiñas de Nerea. Dende aquí FELICIDADES FAMILIA!!!.
Ao igual que o fixo Mateo fai uns días, Hugo tamén nos quixo dicir como é o nome da súa irmá. Díxonos que empeza por N, igual que Noemí, e que ten moitas E, jajaja!!! Hugo escribiu o nome na pizarra e deletrouno: N-E-R-E-A. Aquí tedes o nome de Nerea escrito polo seu irmán maior!!!
Xa aproveitamos para contarvos que Os Pimpíns, xa sabemos o que é deletrear, dicir as letras dunha palabra, pero non a letra nada máis senón o SON, é moi importante aprender como soan. Xa vos ensinaremos como facemos o son das letras para que nos axudedes na casa porque nós deletreamos os días da semana e o encargado escribe todos os días unha palabra na pizarra deletreada pola profe. É moi difícil porque hai que escoitar atentamente o son e logo pensar coa cabeciña a ver a que letra corresponde e finalmente escribila...pufff que difícil pero pouco a pouco conseguímolo!!!
Ao igual que o fixo Mateo fai uns días, Hugo tamén nos quixo dicir como é o nome da súa irmá. Díxonos que empeza por N, igual que Noemí, e que ten moitas E, jajaja!!! Hugo escribiu o nome na pizarra e deletrouno: N-E-R-E-A. Aquí tedes o nome de Nerea escrito polo seu irmán maior!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario