Xa levamos uns meses con Joan Miró. Deixámosvos un adianto dos traballos que fixemos de dous cadros seus: AUTORRETRATO E SERIE AZUL.
Autorretrato foi un dos cadros que primeiro chegou a nós polo que nos puxemos mans á obra para tratar de facer o mesmo que fixo Miró no seu taller. Este cadro resúltanos moi curioso porque Miró esqueceuse de moitas cousas...nariz, orellas, boca, pescozo,...Nós xa sabemos debuxar todas as partes do corpo pero por uns intres tamén nos olvidamos de facelo para copiar a Miró.
1- O fondo do cadro recordábanos á cor dourada polo que cubrimos unha cartolina con témpera de cor dourada.
2- Debuxamos co rotulador negro.
3- Pintamos con témpera de cores os puntiños que tanto lle gustan a Miró.
SERIE AZUL é un conxunto de cadros que realizou Miró cun fondo común a todos de cor azul. O libro que nos trouxo Mateo ten un deles como portada. Gustounos tanto que decidimos buscar a ver que era ese cadro...Despois de mirar os 3 detidamente, quixemos facer o "dos puntiños". Aquí tedes o resultado...
1- Facer boliñas coa plastilina azul e un churro coa vermella.
2- Botar cola na cartolina azul e pegar todo ben para que non caia.
Estes cadros estiveron decorando a nosa aula...unha vez que facemos un retirámolo para colgar as nosas novas obras de arte...en breves...veredes a que temos agora na clase...PEZ CANTANDO...e ademáis un armario reconvertido en ARMARIO DE MIRÓ...chulo chuloooo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario