Aquí tedes a actuación dos Pimpíns! Esta non é a oficial do venres pero foi o último ensaio. Faltounos Mario pero menos mal que bailou con nós o venres e así a súa familia tamén puido ver o ben que o fixo.
Como vedes cada vez temos menos vergonza e xa dende 3 aniños ímonos acostumando a facer cousas en público...algo que costa bastante pero que como sempre os Pimpíns o fixeron fenomenal.
Tamén dende aquí dicir que estivemos moi contentos compartindo todos os ensaios, as risas, os grandes momentos cos nos@ amig@s de 4 anos e tamén coa súa profe Silvia que estivo en todo momento axudándonos e pendiente de cada cousa para que todo saira xenial. A metade do ben que saiu todo, polo menos, foi grazas a ela por non dicir máis...Bicos profe Silvia e compis de 4 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario