martes, 19 de mayo de 2015

UN POUQUIÑO DO QUE ESTAMOS A FACER...

  Hoxe queremos contarvos un pouquiño o que estamos a facer neste último empuxón antes de que cheguen as vacacións. Iamos comezar un proxecto pero a verdade é que o tempo botousenos enriba sen case darnos conta entón estamos facendo un pequeno traballo de EMOCIÓNS. 

  Primeiro comezamos co xogo DICIR ALGO BONITO, ao rematar as rutinas, cada un de nós dicíamoslle unha cousa bonita ao encargado do día. Ao principio, salían cousas físicas e froito da observación, gústanme os teus zapatos, que bonitos son os teus ollos, o que máis me gusta é o teu pelo, ... Despois, foron saíndo cousas preciosas  e moito máis personales como: quérote moito, gústame moito xogar contigo, quérote con todo o meu corazón, cando non ves ao cole estou triste, ...
   Isto realmente, chéganos ao corazón! É unha rutina que nos encanta!!!

   Dende fai un meses, levamos traballando as EMOCIÓNS, como te sintes? que che pasa? en que che podo axudar? precisas algo? Son preguntas que fomentan que os nen@s se expresen e conten como se senten. Unha vez que xa saben expresar os seus sentimentos, chega a hora de poñerlles nome, e nada mellor que o MONSTRUO DE COLORES (encántanos aos Pimpíns) para axudarnos a clasificalas. 


   Ao principio, o Monstruo está moi liado e confuso e ten as emocións moi revoltas. Así:


   Para seguir identificando as emocións que mellor que vernos a cara, para iso sacamos fotos e observamos como está a nosa boca, as cellas, ... Cando estou alegre a boca está cara arriba e cando estou triste está cara abaixo, se me enfado as cellas frúncense e estou un pouco feo/fea.



   Analizamos as caras de alegría e tristeza e vemos que son totalmente distintas e con elas animámosnos a pensar...EU SINTO ALEGRÍA NO MEU CORAZÓN CANDO...e EU SINTO TRISTEZA NO MEU CORAZÓN CANDO...e agora estamos plasmándoo no papel. 
    Estamos tratando de axudarlle ao Monstruo a que organice as súas emocións, de momento xa temos claro a diferencia entre a Alegría e a Tristeza, seguiremos co Enfado, o Medo e a Tranquilidade ou Calma.
    Xa vos seguiremos ensinando máis cousas, deixámosvos unha pincelada deste traballiño.




No hay comentarios:

Publicar un comentario