miércoles, 20 de mayo de 2015

MÁIS EMOCIÓNS

   Todas as mañáns poñemos no noso panel de rutinas como nos sentimos. O Monstruo de Colores axúdanos a identificar cada emoción. Dependendo de como nos sintamos poñemos a nosa foto debaixo dunha cor ou outra e explicamos o porqué dese sentimento.    Polas mañáns, case todos ou estamos alegres ou en calma, tranquilos. Despois do recreo, algún xa cambia o seu estado, e ponse vermello ou triste, xa que no recreo, ás veces, pásannos cousas que non nos gustan (é un bo momento para resolver os conflitos, que pasou? podo axudarte? non me gusta que me empuxes, ...son preguntas e frases que axudan á resolución). Aquí tedes o noso panel das Emocións.

   Antes de marchar para casa facemos unha valoración de como nos foi o día. Se algún Pimpín quere cambiarse de cor pode, dependendo de como se encontre, o que sí, sempre hai que dar unha explicación. Pola tarde, despois do recreo do comedor e do xogo por recunchos tamén xurden conflitos que nos fan cambiar de Emoción aínda que antes de marchar para casa, coa volta á calma, falamos e intentamos solucionar os problemas, polo que a alegría, a calma ou a tristeza soen ser as Emocións máis sentidas.

   Seguimos coa tristeza...


No hay comentarios:

Publicar un comentario