viernes, 22 de mayo de 2015

LÓXICOMATEMÁTICA

   O currículo da Educación Infantil introduce o desenvolvemento das capacidades lóxicomatemáticas. 
   Dende os 3 anos xa comezamos a traballar diferentes conceptos matemáticos, o conteo, a seriación, a clasificación, a ordenación, etc. Como vistes nos traballos que os Pimpíns levaron para casa empezamos xa este ano coa SUMA, algo que nos divirte moito pois o xogo dos dedos de...pon 2 aquí e 5 alá e agora a contar, ou poño 7 e baixo 4 e a contar...gústanos moito! O interesante é ver como algúns Pimpíns xa non precisan nin os dedos, xa o fan mentalmente.
   Na educación infantil, a maioría dos libros das editoriais traballan en 3 anos o 1, 2, e 3; en 4 anos o 4, 5 e 6; e en 5 anos o 7, 8, 9 e 10. Por qué limitar esta aprendizaxe? Na clase xa somos 22, algo que sabemos dende que nos coñecemos, e 1 máis, 23 coa profe (xa estamos sumando). As nosas nais e pais cumplen anos e sí son máis de 10, e sabémolo, somos 15 nenos e 7 nenas, todos xuntos 22 (estamos sumando). Por que parar??? Unha vez que o concepto de número está ben aprendido non hai problema. O importante é xogar e divertirse cos números.
   Todos os días, facemos unha ronda de SUMAS (facémolo oralmente, falando), sinxela ou difícil...tanto da, a que queiramos. Sinxela (o resultado da suma é ata 10), difícil ( o resultado da suma é ata 20 ou @s máis atrevidos ata 100). Por ex, 15 máis 2, poñemos 2 dedos e contamos a partir de 15, e así sempre...Unha vez pillado o truco, facémolo xenial!!!
   Unha das nosas rutinas son as pinzas (graciñas por todas as que trouxestes, familias). As veces, nin nos fan falta os puntos, xa contamos a partir do número, como dixemos antes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario