domingo, 3 de mayo de 2015

MANUEL GUISANDE e o Día do Libro

   Este venres veu ata o colexio Manuel Guisande, escritor de literatura infantil, xornalista e guionista de curtametraxes. Estivo facendo un obradoiro cos nen@s máis maiores de Primaria pero tamén quixo estar un tempo cos máis pequeniñ@s. Cando rematou o obradoiro, pediu poder contarlles un conto aos nen@s de Infantil, que segundo nos dixo, era o mellor público que podía ter, creativos, atentos, curiosos, ... Sen dúbida, Manuel Guisande, ten toda a razón. 


   Tamén aproveitamos para poñer unhas fotos do Día do Libro. Ese día trouxéronnos uns agasallos dende o Concello. Un libro! Non hai mellor regalo!



   Ademais, os Pimpíns, con motivo deste día, trouxeron libros dende a súa casa para o cole. Desta vez, non houbo nota da profe, xa que temos que ir aprendendo a ser responsables e a levar recados da casa para o cole e do cole para a casa. O Pimpín que se esqueceu, non pasa nada, aínda pode traer o libro cando lle acorde. Xa temos a estantería de novo chea de libros! Encántanos poder sentarnos e ler os libros dos nosos amig@s! Tivemos que levar para a casa os libros do proxecto de Animais porque xa non nos collía tanto libro na aula!

No hay comentarios:

Publicar un comentario