sábado, 30 de diciembre de 2017

POSADO NAVIDEÑO



Desexámosvos un feliz ano 2018! 

   

   Este é un Nadal especial! 
  Un Nadal de Superpoder que xa fomos cargando e cargando no  2017 e coa nosa árbore de Superpoder xa non hai dúbida!









*Graciñas pola foto!!! A idea era facervos unha sorpresa cun vídeo-montaxe pero síntoo...o tempo non dou para máis. Xa argallaremos para o ano outra!

viernes, 29 de diciembre de 2017

ÚLTIMO DÍA DE COLE 2017

   Menudo día máis axetreado tivemos o 21!!! Tiñamos a axenda repletiña de celebracións, visitas, acontecementos, obrigas...aaaaaaaaaaaains! Todo superado! Aquí podedes ver, que fixemos todo e con tempo de sobra. Estivemos en varias festas, saiamos dunha para meternos noutra! É un vídeo completiño de todo, xa veredes.
 Oxalá tivésemos unha cámara que nos gravara a cada un de nós, porque esas caras de....cando entran os Reis Magos son totais! E tamén, o momento 12 GUSANITOS é incriblemente divertida! Clicade e vede o vídeo. Penso que non vai defraudar!


*Ah, os Reis Magos tiñan medo de que os recoñeceran (son vergonzosos) entón por iso as gafas de sol😎😎😎, para ocultarse. Aínda así, non sei se lles resultaría de todo ben a idea 😅😅😅😅😅😅😅

jueves, 28 de diciembre de 2017

VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL

 Papá Noel fíxonos unha chamada e alí estabamos nós, puntualísim@s, para escoitalo e falar con el. Ademais, antes de saír de Laponia xa nos enviou uns agasallos para que chegaran xusto xustiño ese día. Que apañado é este PAPÁ NOEL!!!



BOTÁMOSTE DE MENOS ARI!

martes, 26 de diciembre de 2017

CONCERTO DE NADAL

   Alberto, o profe de Música, organizador e presentador do evento, levaba varias semanas a traballar cos nenos e nenas do cole nunha serie de cancións. Aquí tedes "A MIÑA VAQUIÑA" que interpretan todos os nenos e nenas de Educación Infantil máis @s nen@s de 3º de Primaria. 



BOTÁMOSTE DE MENOS, CARLOS!!!

martes, 19 de diciembre de 2017

BO NADAL!

  Esperamos de todo 💓que vos gustara moito a postal de Nadal!!!


Os Pimpíns tiñamos que esperar a que abrirades a boca de Rodolfo e gritar:
BO NADAAAAAAAAAL!!! 😁😁😁

MURO DE OBRAS DE ARTE

    Un dos recunchos que temos establecido este ano é A OBRA DE ARTE. Os Pimpíns teñen unha mesa adicada a este recuncho, onde teñen rotuladores de todo tipo, lápices, tesoiras, folios de cores, pegamentos, anacos de papeis de cores, anacos de goma eva, anacos de cartolinas, troqueladores, cuños e con eles van compoñendo a SÚA PROPIA OBRA DE ARTE. Ademais de fomentar a súa creatividade e traballar a motricidade fina. 
   Así saen auténticas marabillas que non están á venta nin por todo o ouro do mundo!!!


     Isto é o que ten a profe enriba da súa mesa. Pódese ter un cadro máis bonito??? Imposible!!!
    As únicas normas...Poñer o nome e poñerlle TÍTULO. 
  Aquí tedes algún deles, a profe transcribe o título tal cual @ Pimpín o di. 

   
    O mércores veredes todas as obras de arte que van levar para casa. Auténticas xoias da arte! Os títulos son todos pensados por eles/elas. 

lunes, 18 de diciembre de 2017

CAPITÁN AMÉRICA

   
   Encántanos o Escudo de Capitán América. Reproducímolo en tantos e tantos debuxos, que tivemos que argallar este escudo para levar para casa. 





   Aínda que antes de traballar en cartón, practicamos no folio. Debuxar círculos concéntricos, estrela no medio, e a pintalo fixándose na secuencia de vermello-branco-vermello e azul no centro.





   Como a proba saiu bastante ben! Imos para adiante co cartón para construír o noso propio escudo! Iso sí, imos dicirvos o pequeno truqui-truco...Para que non se nos mesturase o vermello co azul, pintamos un pola maña, e pola tarde o outro! jijiji!


Ademais tiñamos na aula o escudo que nos trouxo Aleixo, o de verdade sí sí, o de verdade. E tamén outro que nos fixo na casa para nós, que tod@s queriamos un igual! A profe debuxou os círculos e nós a pintar. E ao final colocar a estrela. 


   Na que sorprendentemente nos podemos ver a nós mesmos, sabedes por que? Porque nós tamén somos Superheroes e Superheroínas!!!


A NOSA ÁRBORE DE NADAL

   Daniel deixounos unha árbore que fixo na súa casa, coa súa familia! Ata ten luces! Que chulada!

   

        Lucas xa fai varias semanas, que nos trouxo un lindo muñeco de neve!


      E hoxe, veunos xenial que Iván trouxera unhas boliñas para decorar a nosa árbore. Agora tamén temos unha árbore de Superpoder como tedes vós nas vosas casas! Que ben!!! 

Así nos quedou!!!


MATERIAIS PARA O PROXECTO X

     Hoxe xa foron de volta todos os materiais que trouxestes. Tiñamos tartarugas, varias, e iguais, moitísimas figuriñas pequenas, accesorios, peza moi pequenas, e tod@s recordamos cal era a nosa, tod@s fomos levantando a man, e recollendo as nosas cousas. Somos moi moi responsables e organizad@s! Sí, sí, moito!!!
       Aínda así, sempre hai tempo para xogar un chisquiño. E que mellor que un puzzle de LadyBug e CatNoir! Ariana ensinounos a facelo. Graciñas!
  
    Lucas mostrounos á Super Patrulla Canina e Iván tróuxonos unhas SuperBolas de Superheroes como Linterna Verde, Superman, Batman e Flash!!! Guau que chulis!!! Graciñas.


domingo, 17 de diciembre de 2017

ONOMATOPEIAS

   Aleixo falounos das onomatopeias dos SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS. A verdade é que quedamos abraiados co dominio deste Pimpins á hora de contarnos o que son, que significa cada unha, como soan e cando se producen!!!
        Deixounos coa boca aberta con tanta información!


   Ademais fixámonos na EXCLAMACIÓN! Palabra que, ás veces, esquécenos pero é que é moi difícil! Todas as onomatopeias van con exclamación. Encántanos xogar a dicir palabras sen ! e con !. As risas son mundiais! Imaxinádenos a todos exclamando!😅

    E fixámonos no mural das FICHAS TÉCNICAS...

   Profe...olvidácheste a exclamación nunha onomatopeia!!! En cal??? A ver imos ver...Ahhhh, pois sí sí. Olvideime!!! Aí a tedes, abaixo á dereita, o BANG vai sen exclamación. Aiiiii esta profe...aiiiii!
      Os nenos e nenas de Secundaria, fixeron o ano pasado uns traballos de superheroes e superheroínas, coa súa profe Amelia, e cando viron a nosa porta de SUPERPODER deixáronnos as onomatopeias que tiñan gardadas. Graciñas!!!


MATERIAIS PARA O PROXECTO IX

   Sabela e Uxía quixeron traernos un super libros que nos alucinaron!!! Sabela contounos a historia de Hal, o primeiro linterna verde.


   Uxía trouxonos o libro de todos os superheroes da historia!!! Hai máis de 100!!! Estivemos vendo aos villanos tamén, como a doctora que axuda ao Jocker, Harley Quinn.

   É incríble a ilusión que nos segue facendo este proxecto. Penso que por nós non remataría nunca!!! Temos a aula chea, chea, de cousas! Esta semana toca repartir todo e a ver se nos damos organizado para levar cada cousiña de volta para casa!!!
GRACIÑAS FAMILIAS PIMPINAS!!!


    E a todo isto, falta a foto de todos os libros que temos na nosa biblioteca.

viernes, 15 de diciembre de 2017

ÚLTIMA SEMANA DE COLE

   A semana que ven vai ser bastante movida! Temos unha axenda apretada apretada!!!

MARTES: Cantaremos a panxoliña que estamos a ensaiar con Alberto. Xa se vos enviará unha notiña, pero ese día imos precisar un gorriño de Papá Noel.

MÉRCORES: Iremos ao Centro Cívico a falar con Papá Noel, sísí, imos ter unha VIDEO-CONFERENCIA coa mesma Laponia!

XOVES: Recibiremos aos REIS MAGOS no cole. Ese día, sí, xa sabedes, os Pimpíns poden vir disfrazados de Papá Noel, de Mamá Noel, de reno, de calqueira cousiña relacionada co Nadal. Iso sí, non fai falla disfrace, pode ser unha diadema, un complemento calquera. 

Graciñas pola vosa colaboración. 

jueves, 14 de diciembre de 2017

ÁRBORE DE NADAL

    Os superheroes e superheroínas tamén se van de vacacións. Xa comezaron a poñer a árbore de Nadal e tamén xa están a cantar panxoliñas!!!


   Nós non imos quedar atrás!!! Levamos bastantes semaniñas traballando nuns materiais que mañá imos levar para casa. Todos os Pimpíns, dixemos que temos unha árbore de NADAL na casa...pois entón imos decorala pero...dun xeito especial!!! Vai ser unha decoración de SUPERPODER para converter a nosa árbore en SUPERÁRBORE!!!
    Que vos parecen estas 4 boliñas de SUPERHEROES??? 

   Lembrades as mans que pintamos xa fai unhas semanas, pois convertéronse nesto. A profe foi dando as partes de cada superheroe, e nós, os Pimpíns, fomos construíndo cada un deles. Tivemos algunha axudiña, pero pequeniñaaa (o A de América), e nós debuxamos bocas, narices, pelo, máscaras, orellas, pegamos emblema e escudo e ollos. 
     Tedes unha tarefa que facer este NADAL: 
- Sacarlle unha foto ao voso fillo/filla coa árbore de Nadal, perdón, SuperÁrbore e as boliñas de Superheroes e mandarma a:
 pimpins.ocruce@gmail.com

MURAL DE NADAL

    Queremos desexarvos a todos e a todas un...






miércoles, 13 de diciembre de 2017

DECORACIÓN DE NADAL

   Estamos a facer un novo mural. Neste caso o mural do Nadal. A nós tocounos facer estrelas. Moi ben, poñémonos mans á obra!
    Cada mesa un papel diferente para usar. Collemos papeliños e imos tapando toda a superficie sen que quede ningún oco. 
(É unha tarefa que lles encanta, concéntranse moitísimo, son moi moi coidados@s, e reláxaos moito, sen retoques de ningún tipo, quedaron impresionantemente ideais).


    Así quedaron finalmente. Recortounas a profe porque manexar as tesoiras en cartón é complicadiño...Quedaron moi moi bonitas!!!
Xa están pegadiñas no mural da entrada. Cando estea rematado, xa veredes o resultado final.





martes, 12 de diciembre de 2017

MATERIAIS PARA O PROXECTO VIII

     Fai tempo que non actualizamos o material que traemos ao cole! Remata o trimestre e nós seguimos aportando cousas. Sodes demasiado!!! Moitas gracias as familias pimpinas! Vaia xeito de colaborar! 
   Comezamos:

   Carlos ensinounos 2 cadriños que fixo a súa familia con fotos súas disfrazado de SuperMan!!! Xogando, escribindo, rindo, a este Pimpín sí que lle gusta este Superheroe! Aquí podedes ver a Carlos explicándonos o que trouxo.



   Eloy ensinounos o seu Spiderman articulado. Articulado, unha palabra nova que incorporar ao noso vocabulario.Este Spiderman fala e da patadas para defenderse e derrotar aos villanos que o perseguen! Ademais veu a conxunto co seu SuperXersei!!! Que guapo Eloy! Graciñas.


   Mateo fai unhas semanas, coa chegada do frío, estrenou uns guantes ben chulos de SUPERHERO, en inglés! O profe Martín alucinou con eles! Ademais deixounos o libro de PJMasks e bueno bueno bueno, o que nos trouxooooooo!!! Aaaaaaaaaah! O casco con ás de Thor!!! Feito por el e a súa familia. Non sabemos canto lles costou facelo pero pensamos que moito moito tempo!!!




    Agora, imos á sección Moda. 😎😎😎 Xerseis, chapas, disfraces, gorros e máscaras!!! Todo nos recorda aos nosos superheroes! O disfrace de Superman trouxo Daniel, e o Spiderman é Nico, ssssshhhh!

   Declarámonos fans absolut@s das Tortugas Ninja! Lucas e Xiana deixáronnos de novo a 2 delas para poder xogar. Sabela ensinounos un PJMask, Dani deixounos a Thor, que fala de Asgard, o seu planeta. Que guai. Lucas tamén nos trouxo a Ironman, que tanto e tanto lle gusta!!!


    

CUMPLE PROFE

   Boas a todos e a todas! Quería poñervos aquí unha serie de fotos que penso que resumen o día de onte! Bicos, bicos, bicos, e máis bicos e tamén apertas e apertas, e máis apertas e tamén cousiñas bonitas como...profe eres a máis guapa de todo o mundo, profe aínda non eres tan vella, profe iremos á túa a casa a verte, a profe cumple 18 anos (esta sen dúbida, a miña favorita 😛😛😛). Merendamos un biscoito e despois papamos unhas galletiñas en forma de 💓💓💓 e a bailotear!
   Chamamos a Jenni (a profe en prácticas que está na clase de 3 anos) para que nos sacara unha foto de familia pimpina. Aquí a tedes...o seguinte veu cando a profe dixo: un bicooooo! E os Pimpíns nas súas cabezas en vez de bico, oíron...AL ATAQUEEE!!! 😂😂😂



           AVISO: Senón vedes ao voso fillo ou filla, crédeme está aí, dentro da marabunta!

  
    Graciñas Pimpíns! Así dá gusto! Como sempre digo...hai días malos, días peores, e días xeniais e días marabillosos...non todo é sempre ideal como vedes nestas fotos. Non. O que sí é sempre tal e como vedes, é este cariño que nos temos. Aí sí que non hai engano posible. Para que un nen@ te respecte, che faga caso, queira aprender contigo, o primeiro que hai que conseguir, antes de nada, é que te queira un chisquiño, que che teña cariño. Senón, as túas palabras e os teus actos, daranlle igual. Isto é o que eu penso, e trato de conseguilo día a día. 

martes, 5 de diciembre de 2017

4 ANOS

   Hoxe, cumpleanos por partida dobre! Iván e Lucas convidáronnos a dous SuperBiscoitos! Por que Super? Porque o biscoito de Iván era da Muller Marabilla, a súa superheroína favorita e o biscoito de Lucas era de IronMan, o seu superheroe preferido. Mmm! Iso sí, merendamos, un aperitivo antes de comer e despois de comer, de postre e antes de marchar, aínda picamos outro pouquiño máis! 

Parabéns Iván!!!

Parabéns Lucas!!!

   Antes de marchar, a sorpresiña que nos deron estes dous Pimpíns!!!




lunes, 4 de diciembre de 2017

4 ANOS

    Hoxe Daniel festexou con tod@s nós o seu aniversario. O venres xa nos dixo que esta fin de semana cumplía 4 anos, polo que moitos de nós, xa ao entrar lle demos un bico ben grande e as felicitacións. Hoxe quixo traernos un biscoito rico rico e tamén unha sorpresiña!

Parabéns Daniel!!!


jueves, 30 de noviembre de 2017

PUZZLES

    Como xa dixemos nunha entrada anterior do blog, estamos a tope coas TESOIRAS! Con motivo do proxecto, estamos aproveitando a facer diversos puzzles, de complexidade varia, con diversos personaxes. 
1- Pintar. 2- Recortar. 3- Facer o puzzle na mesa. 4- Traspasalo á plantilla. 5- Pegar as pezas (respectando os bordes marcados). 


De 4 pezas, (pezas cadradas, pezas triangulares), de 5 pezas en vertical seguidas e de 6 en horizontal e vertical.