Aleixo falounos das onomatopeias dos SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS. A verdade é que quedamos abraiados co dominio deste Pimpins á hora de contarnos o que son, que significa cada unha, como soan e cando se producen!!!
Deixounos coa boca aberta con tanta información!
Ademais fixámonos na EXCLAMACIÓN! Palabra que, ás veces, esquécenos pero é que é moi difícil! Todas as onomatopeias van con exclamación. Encántanos xogar a dicir palabras sen ! e con !. As risas son mundiais! Imaxinádenos a todos exclamando!😅
E fixámonos no mural das FICHAS TÉCNICAS...
Os nenos e nenas de Secundaria, fixeron o ano pasado uns traballos de superheroes e superheroínas, coa súa profe Amelia, e cando viron a nosa porta de SUPERPODER deixáronnos as onomatopeias que tiñan gardadas. Graciñas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario